"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

    1. Acción de encarnar ou encarnarse.

    2. Dogma segundo o cal o Verbo de Deus se manifesta en Cristo por unión hipostática, de tal forma que este, sen perder a súa natureza divina, se fixo home (carne). A idea xenérica dun ser divino que entra na carne (nun corpo humano) pertence ao patrimonio relixioso común no ámbito complexo das manifestacións da divindade. Na formación do concepto cristián da Encarnación foron decisivos, por un lado, a linguaxe bíblica, que a miúdo denomina carne á realidade humana total (corpo e espírito) e, polo outro, a expresión de san Xoán Evanxelista, que escribiu: “o Verbo fíxose carne”. Desta forma articúlase o misterio da Encarnación pola que Cristo contén dúas naturezas: o Cristo-Deus, derivado da natureza divina, e o Cristo-home, derivado da natureza humana. Os tratados teolóxicos encargados de estudar a Encarnación son a cristoloxía, que profundiza na constitución interna de Cristo, e a soterioloxía, que intenta establecer as relacións de Deus coa redención dos homes. Ireneo de Lyon cuñou a expresión...

    3. Representación material dunha determinada idea.

      1. Cor que se lle dá á carne humana na pintura e na escultura.

      2. encarnación de pulimento

        Encarnación que é brunida e lustrosa.

      3. encarnación mate

        Encarnación que non é brunida.

    4. Esmalte neutro ou cor natural, non heráldica, coa que se representan nos escudos as partes denudas do corpo humano.

    5. ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino de orixe cristiá que alude ao misterio relixioso da Encarnación de Cristo, celebrado o día da Anunciación. Presenta a variante apocopada Encarna e o hipocorístico Choncha. Popularmente, a Virxe da Encarnación coñécese como a Nosa Señora das Merendas, porque sinala o comezo dos traballos no campo e, xa que logo, das merendas colectivas. Na iconografía represéntase do mesmo xeito ca a Anunciación: o arcanxo Gabriel descendendo das alturas cara á virxe que o contempla con cara de asombro; ás veces preside a escena unha pomba que representa o Espírito Santo. A súa festividade celébrase o 25 de marzo; agás en Vilanova de Arousa, onde se celelebra o domingo de Ramos. A Encarnación da Virxe é a festa do concello de Carballeda de Valdeorras e celébrana o día 8 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comarca do territorio de Bizkaia, Euskadi, atravesada polo río Cadagua. Malia as dificultades que presenta o relevo, a agricultura (millo, patacas e viña) e a gandería (bovina) son as principais actividades económicas. O núcleo comarcal é Balmaseda, onde hai un importante polígono industrial (téxtil, vidro, construcións metálicas e química). Tamén son importantes os xacementos de ferro situados ao NL da comarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa de fabricación de pasta de celulosa e derivados. Iniciouse coa creación, por parte do antigo Instituto Nacional de Industria (INI), da Empresa Nacional de Celulosa de Pontevedra, a Empresa Nacional de Celulosa de Huelva e a Empresa Nacional de Celulosa de Motril en 1957, que se fusionaron en 1968 nunha soa Empresa Nacional de Celulosas, que en 1972 adquiriu a fábrica de celulosas de Miranda de Ebro. En 1968 creouse a filial Electroquímica del Noroeste SA (ELNOSA), situada no complexo industrial de Pontevedra e produtora de cloro, sosa caústica, ácido clorhídrico e hipoclorito sódico. Entre os anos 1977 e 1978 constituíronse as filiais forestais IBERSILVA e NORFOR. Entre 1986 e 1987 desinvestiuse nas fábricas de Motril e Miranda de Ebro. A principios dos anos noventa tivo lugar a súa saída a bolsa e a parcial privatización da empresa. Estendeuse pola área sudamericana coa creación do proxecto forestal EUFORES, en Uruguay, e a constitución da filial madeireira Las Pléyades. En 1998...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de aumento en tamaño, configuración e capacidade funcional do encéfalo que ten lugar dentro da evolución do sistema nervioso dos vertebrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de encriptar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enquisa de caracter trimestral realizada polo Instituto Nacional de Estadística (INE), que ten por obxecto coñecer as características da poboación con relación ao mercado de traballo. Achega as estimacións sobre as principais categorías poboacionais (ocupados, parados, activos, inactivos) e algunhas das súas características sociais e económicas (sexo, idade, nivel de estudios). Lévase a cabo por un procedemento de enquisa aleatoria. A EPA cobre todo o territorio nacional, disgregando para as comunidades autónomas resultados equivalentes ao coeficiente de variación das diferentes categorías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso polo que a cultura dunha sociedade se transmite dunha xeración á seguinte. Iníciase na infancia dun xeito inconsciente e comporta, no período adulto, a aceptación ou o rexeitamento consciente de novas formas culturais segundo se acepten ou non os modelos adquiridos no período infantil. O termo introduciuno o antropólogo norteamericano M. J. Herskovits e pódese considerar unha versión antropolóxica do concepto de socialización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa creada polo antigo Instituto Nacional de Industria (INI) en 1944 para a produción de enerxía eléctrica. En 1945 iniciouse a construción da central térmica de Compostilla, en Ponferrada. En 1972   fusionouse con Hidrogalicia e ao longo desta década adquiriu varias explotacións mineiras e puxo en marcha centrais térmicas nas Pontes, Andorra (Teruel) e Litoral (Almería). En 1983   constituíuse o grupo Endesa e a empresa   reforzouse a consecuencia do intercambio de activos no sector eléctrico, que se acordou en decembro de 1984, e realizou, entre outras operacións, a adquisición de porcentaxes das empresas Electra de Viesgo, Fecsa, Sevillana de Electricidad e Tejo Energia (Portugal). Desde 1992 comezou a operar en Sudamérica, con investimentos en Arxentina e Chile, e obtivo a concesión do subministro de enerxía a Marrocos. Participou no mercado da telefonía, da comunicación e dos carburantes. O capital do Estado reduciu a súa participación ata a privatización total da empresa en 1998,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reprodución supernumeraria do filamento cromosómico que ten lugar durante a interfase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa interna dos esporanxios das plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de enervar ou enervarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de enfilar.

    2. Punto de referencia do relevo da costa, que serve ao pescador ou mariñeiro como guía para orientarse na situación do barco no mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de extracción das esencias das flores baseado na propiedade que teñen as substancias graxas para absorber o perfume das flores. As flores separadas da planta esténdense sobre un vidro ou tea de algodón impregnados de graxa ou vaselina pura e despois son tapadas con outro vidro por enriba. As flores renóvanse diariamente. A graxa perfumada pode empregarse para a preparación de cosméticos, directamente ou ben separando previamente a esencia cun disolvente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformación dun composto carbonilo H-C-C=O no seu tautómero enólico C=C-OH.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ariación da frecuencia fundamental (ton) entre os diferentes sons lingüísticos que forman un enunciado, que produce unha impresión auditiva semellante ao dunha melodía. O ton, a duración e a intensidade dos diferentes sons dunha secuencia constitúen os trazos prosódicos ou suprasegmentais; esta designación fai referencia a que, en linguas coma o galego, o valor de calquera destas variables non é relevante en cada segmento fónico de forma illada, senón que o é a variación ou o contraste que se produce entre uns segmentos e outros nunha cadea fónica. O estudo da entoación é unha materia complexa e ten sido abordado desde diferentes perspectivas, non sempre compatibles. Segundo a perspectiva que se adopte, distínguense diferentes unidades ou ámbitos de entoación e diferentes trazos relevantes. En calquera caso, na maioría das aproximacións considéranse lingüisticamente relevantes certos movementos da frecuencia fundamental, como ascensos marcados do ton en certas sílabas (o acento de entoación,...

      1. Forma de emitir a voz humana unha nota musical. Pode ser xusta, cando a nota ten a altura exacta prevista, e falsa, cando é máis alta ou máis baixa.

      2. Ton que se adopta ao comezar a cantar un fragmento musical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista cultural en galego aparecida en Santiago de Compostela a partir do 27 de marzo de 1984. Cesou a súa edición en 1986 e tirou do prelo 22 exemplares, xunto cun especial dedicado a Carlos Velo. Editada pola Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, dirixiuna Luís Álvarez Pousa. Composta por números monográficos, atendeu temas como as artes plásticas, o teatro, o cine, a fotografía e as bibliotecas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de entronizar.

    2. Bendición dunha imaxe de Cristo ou da Nai de Deus para colocala nun lugar de honor nunha igrexa ou nun altar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de entubar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de enuclear.

    VER O DETALLE DO TERMO