"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • PERSOEIRO

    Astrónomo. Formou parte da dirección dos observatorios de Mount Wilson e de Mount Palomar. Dedicouse ao estudo das galaxias e descubriu a existencia de dous tipos de supernovas, que denominou tipo I e tipo II. Identificou en 1954, xunto con W. Baade, unha fonte de emisión radioeléctrica da constelación de Cisne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Traballou no Hospital Xeral de Massachusetts, no hospital da   Harvard University e dirixiu o Laboratorio Thorndike do hospital de Boston. Das súas obras destacan Treatment of pernicious anemia by special diet e Pathological physiology and clinical description of anemias. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1934), xunto con Murphy e Whipe, polos seus estudos   sobre o tratamento da anemia perniciosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás mioporáceas.

    2. Planta da familia das mioporáceas.

    3. Familia de arbustos, da orde das escrofularias, que presenta follas simples, flores pentámeras hipóxinas e froito en drupa. Integrada por preto de 100 especies, é propia de Australia e de Asia Oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Suco dun xeosinclinal, de tipo marxinal ou asimétrico, situado entre dous cratóns, con pouca subsidencia e onde en xeral non hai fenómenos magmáticos. Nas rexións máis próximas aos cratóns, xeralmente con características de ambiente xeotectónico de plataforma inestable, pódense orixinar formacións de dolomitas e evaporitas e, con maior frecuencia, arxilas e greses avermellados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás miricáceas.

    2. Árbore da familia das miricáceas.

    3. Familia de árbores, da orde das miricais, que presentan follas simples e alternas e flores en espigas. Son monoicas ou dioicas e o seu froito é unha drupa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás miristicáceas.

    2. Planta da familia das miristicáceas.

    3. Familia de árbores ou arbustos, da orde das ranais, que presentan flores cíclicas e os froitos carnosos coa semente cun arilo con tecido nutritivo. Consta dunhas 300 especies, a maioría propias de Asia tropical, da que destaca a árbore da noz moscada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mirmeleóntidos.

    2. Insecto da familia dos mirmeleóntidos.

    3. Familia de insectos, da orde dos neurópteros, formada por individuos que acadan ata uns 30 cm de lonxitude, coas ás grosas e os tarsos pentámeros. As larvas teñen unhas mandíbulas potentes, con numerosos dentes, coas que se alimentan de formigas. A esta familia pertence a formiga león.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás mirtáceas.

    2. Planta da familia das mirtáceas.

    3. Familia de plantas leñosas perennifolias, da orde das mirtais, que presentan as follas simples, xeralmente opostas, e con glándulas oleíferas aromáticas. As flores son tetrámeras ou pentámeras, con numerosos estames e con ovario ínfero, e de froitos drupáceos ou baciformes. Son propias de países cálidos ou temperados cálidos. A esta familia pertence o eucalipto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está composto por unha mestura de elementos distintos ou de diferente xénero.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos misidáceos.

    2. Crustáceo da orde dos misidáceos.

    3. Orde de crustáceos da superorde dos peracáridos, da clase dos malacostráceos, de pequeno tamaño e provistos de apéndices torácicos bífidos coa primeira parella transformada en maxilípedos. A maioría son mariños e peláxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo belga. Desenvolveu o seu propio estilo como fotógrafo das paisaxes de Bruxelas, románticas e cheas de néboas. A través dunha serie de filtros, fabricados por el mesmo, ofreceu representacións da luz e da atmosfera difuminada. Tamén practicou a impresión ao carbón, a oleografía e a súa propia técnica de copia, o mediobrom.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario dedicado a Mitra que adoitaba estar en sotos ou a nivel de terra e construído en ángulos escuros e cuberto cunha bóveda furada por unha claraboia, a través da que se filtraba un raio de luz que iluminaba só a imaxe do deus. Conserváronse diversos mitreos en Oriente e en Europa, particularmente en Italia. Nalgúns casos, construíuse sobre a cripta que os constituía unha igrexa, como a de Santa Prisca ou a de San Clemente, en Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás mixobacteriáceas.

    2. Bacteria da familia das mixobacteriáceas.

    3. Familia de bacterias, da orde das mixococais, que presentan células que forman colonias longas e delgadas con membrana mucilaxinosa. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao trazo que é en parte rectilíneo e en parte curvilíneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor italiano. Estudou en Livorno, Florencia e Venecia e en 1906 trasladouse a París, onde recibiu a influencia de Cézanne, Toulouse-Lautrec e Picasso. Viviu en Montparnasse unha vida bohemia de fame e miseria, e morreu tuberculoso. Pintou practicamente só nus, cabezas de muller e retratos dos seus amigos, mediante un trazo lineal que subliñaba as formas, pintadas con temperanza en tons ocres, azuis, brancos e negros. A súa obra escultórica, iniciada co seu amigo C. Brâncuşi (1909), revelou un espírito e unha temática semellantes á súa pintura, como en Testa (1912). Entre os seus cadros destacan Nudo sdraiato a braccia aperte, Lolotte e Ritratto de Jean Cocteau, os tres de 1917.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés, fillo de Jules Moinaux. Coñecido como Georges Courteline, foi un dos grandes humoristas en lingua francesa, cunha gran forza satírica nas súas comedias teatrais, moitas delas levadas ao cine. Da súa produción destacan as obras Les Gaîtes de l’escadron (1886), Les femmes d’amis (1888), Boubouroche (1893) e Paix chez soi (1903).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non dura máis ca un momento.

    2. Que é provisional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e político alemán. Centrou os seus estudos na historia e as inscricións da Antiga Roma. En 1873 foi nomeado secretario vitalicio da Akademie der Wissenschagten e, desde 1861, converteuse en integrante do Reichstag, como membro do Partido Progresista. Da súa produción destaca Römische Geschichte (Historia de Roma, 1854-1885), onde reconstruíu a historia romana a partir das datas sacadas da epigrafía, e Corpus Inscriptionum Latinarum (1863). A súa obra, con máis de 1.500 títulos, contribuíu ao desenvolvemento da historia antigua. Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1902).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Traballou no estudo de F. J. Sáenz de Oiza e con Jorn Utzon en Dinamarca e alcanzou o grao de chairman do Departamento de Arquitectura da Graduate School of Design de Harvard. Das súas obras destacan o edificio Bankinter de Madrid (1972-1976), con R. Bescos, o Museo de Arte Romano de Mérida (1980-1986), a estación de Atocha en Madrid (1984-1992), o Auditorio de Barcelona (1993), o Auditorio Kursaal de Donostia (1999) e a catedral de Los Angeles (2000). Posteriormente proxectou os museos de arte moderno e arquitectura de Estocolmo e a ampliación do Museo del Prado. Recibiu o Premio Pritzker (1996), o Premio da UE Mies van der Rohe polo Kursaal (2001) e a medalla de ouro do Círculo de Bellas Artes de Madrid (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. De personalidade controvertida, practicou un nacionalismo internacionalista mesturado cun propagandismo anticlerical profundamente relixioso. Aliado de Garibaldi nas súas ideas unitarias, editou Il secolo (1867-1895) e fundou o xornal La vita internazionale (1898). Recibiu o Premio Nobel da Paz (1907).

    VER O DETALLE DO TERMO