"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
DISTRITOS
Distrito de Malawi, situado na rexión Meridional (1.942 km2; 194.924 h [1998]). A capital é Nsanje (6.400 h [1976]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Salween.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Froito drupáceo pluricarpelar.
-
-
Relativo ou pertencente aos nudibranquios.
-
Molusco da orde dos nudibranquios.
-
Orde de moluscos gasterópodos, da superorde dos opistobranquios, que se caracterizan pola presenza no dorso de papilas de forma variable que funcionan como branquias externas. Os adultos non teñen cuncha. A coloración destes animais é moi variada e dunha gran beleza. Habitan entre as algas na zona infralitoral de todos os mares.
-
-
SEMANARIOS
Semanario publicado na Cañiza a partir de 1927, baixo os subtítulos “Semanario local independiente, defensor de los intereses de la comarca” e “Semanario local independiente, defensor de los intereses obreros y agrarios de la comarca”. Cesou o 29 de novembro de 1931. Editado nos obradoiros de El Ribadaviense, estivo dirixido por Xerardo Fuertes Gómez. Foi unha publicación local que ofreceu información da vila e das poboacións do redor, ademais de crónicas dos emigrantes en Bos Aires ou Rio de Janeiro. De tendencia progresista, apoiou a República e defendeu o Estatuto de Autonomía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
icerreinado dependente da monarquía hispánica e que correspondía co actual México. Constituíuse despois da conquista por Hernán Cortés (1535), e del dependían as audiencias de Guadalajara, Guatemala e México, ata que en 1810 se iniciou a loita pola independencia, conseguida en 1821, polo plan de Iguala.
-
VER O DETALLE DO TERMO
icerreinado dependente da monarquía hispánica que comprendía o territorio dos actuais estados de Colombia, Ecuador, Venezuela e Panamá e unha parte de Perú e de Brasil. Establecido en 1717, tras a loita pola independencia formouse, en 1819, a República da Gran Colombia, ata que se desintegrou para constituír as Repúblicas de Venezuela (1829), Ecuador (1830) e Nueva Granada (1831), que en 1889 tomou o nome de República de Colombia, da que se separou, en 1903, a República de Panamá.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Ferrol a partir de xullo de 1931. De carácter infantil e distribuída gratuitamente, tivo moi pouca duración. Dirixida por Pedro Guimarey Filgueira, contou coas colaboracións de Fernández Barreiro, López Bouza, Manuel Macías ou Manuel Vázquez Ogando. Incluíu artigos sobre educación infantil, pedagoxía, contos e galego para nenos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de disposicións ditadas por Filipe V entre 1707 e 1716, polas que abolía a antiga organización constitucional dos estados que integraban a coroa aragonesa, e establecía, dunha maneira máis ou menos completa, a organización política propia de Castela. Como consecuencia da vitoria que conseguira en Almansa (1707), Filipe V decidiu a abolición do réxime constitucional dos reinos de València e de Aragón, que foron integrados, en calidade de provincias, no goberno e nas leis de Castela. Foron consecuencia do afán centralizador do monarca e xurdiron como resposta ao apoio das institucións aragoneses ao arquiduque Carlos de Austria durante a Guerra de Sucesión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal de tendencia republicana editado en Santiago de Compostela en 1873, baixo o subtítulo “Periódico mordiente y camorrista. Órgano de las aspiraciones de la sociedad descamisada”. Saíu os domingos como substituto de El Alacrán, que apareceu na mesma cidade en 1872.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Municipo de Madrid, situado en La Alcarria (4.073 h [2001]). A vila foi deseñada por José Benito Churriguera, que a fixo por encargo dun banqueiro entre 1709 e 1713, e na que segue a tradición de Henares e de Lerma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
folgazán.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Nullán (As Nogais). O seu cumio acada os 909 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello das Nogais baixo a advocación de san Cósmede.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo poboamento ou cidade dos celtiberos, famosa porque constituíu un dos centros principais da resistencia deste pobo contra a ocupación romana durante o s II a C. As ruínas, escavadas en boa parte, están no Cerro de Garray, preto de Soria. O seu poboamento remóntase ao Bronce. No momento da conquista romana era a capital dos arevacos. A primeira fase da loita provocouna o acollemento que os numantinos deron aos belos que loitaban contra os romanos. Numancia foi atacada, mais chegouse a unha paz negociada (151 a C). A segunda fase da loita derivou do alzamento de Viriato, a quen os celtiberos se uniron (143 a C). Despois de resistir diversos ataques, Publio Cornelio Escipión Emiliano, que acababa de arrasar Cartago, estableceu un asedio sólido durante dez anos ata que Numancia tivo que renderse pola fame (133 a C). Durante a época romana a cidade continuou existindo. As súas ruínas amosan a organización da cidade ao redor de dúas rúas paralelas, cruzadas por outras once, de xeito que...
-
-
Relativo ou pertencente a Numancia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Numancia.
-
-
PERSOEIRO
Emperador de Roma (283-284), fillo do Emperador Marco Aurelio Caro. Foi nomeado césar xunto co seu irmán Marco Aurelio Carino. Converteuse en augusto despois da morte do seu pai. Foi asasinado no Bósforo, cando regresaba dunha campaña contra os persas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Fundou e dirixiu en Bos Aires a primeira edición radiofónica sobre temas españois en toda Latinoamérica. Escribiu as obras teatrais Coma as anduriñas e A venta de Mariquiña.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Impresor. Traballou en Santiago de Compostela entre 1836 e 1843. Tivo os obradoiros tipográficos na praza da Quintana, e a primeira impresión que del se coñece é Contestación (1836, como resposta ao Lic. D. Ramón María Godoy). Editou varios xornais, entre eles, o Semanario Instrutivo, elaborado polos irmáns Gil e que contou coas primeiras litografías que se fixeron en Galicia, Recreo Compostelano e Iris del bello sexo. O último libro do que hai noticias que imprimira é Observaciones sobre la doctrina de Macarel, relativa á la libertad de cultos (1843).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e historiador. Afiliado ao PSOE, creou a Escola Nova, e en 1921 foi un dos fundadores do Partido Comunista Obrero Español. Da súa produción destaca Notas sobre el movimiento obrero español (1916).
VER O DETALLE DO TERMO