"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Johan Nunez Camanêz.
-
GALICIA
Gravador, pintor, ilustrador, escultor e deseñador de xoias. En 1951 recibiu unha bolsa para a ampliación de estudos en Berlín, onde perfeccionou o gravado calcográfico e a litografía, e traballou con Hubert Hoffmann. Destacou no campo da abstracción e derivou cara a unha neofiguración xeométrica, en parte neocubista, onde as tintas se converteron en organizadoras das gamas cromáticas sobre soportes de distinta natureza, como o téxtil ou o tapiz. Traballou a augatinta, a litografía, o gravado en oco, a xilografía, o carborundo, a serigrafía, a electrografía e a fototipia. Participou en numerosas exposicións internacionais de gravado. Da súa produción destacan a serie Cidade (1981) e obras como Arquitectura (1989), Paso de Almansur (1992) e África (1999). Realizou as estampas de Poemas dos Comeiros de Uxío Novoneyra. Recibiu o Gran Premio de Grabado no II Certamen Nacional de Artes Plásticas (1963), a II Medalla na Exposición...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. En 1894 instalouse en Santiago de Compostela onde impartiu clase na Escola de Artes e Oficios ata que se trasladou a Valladolid en 1911. De estilo ecléctico e modernista, dotou as súas obras de naturalismo historicista e luminosidade. Da súa produción destaca o Busto de Montero Ríos e escribiu a novela autobiográfica Un Obrero (1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e profesor. Foi director xeral de ensino medio da Consellería de Educación (1987-1988) e, en 1988, conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria. Promoveu a Lei de Ordenación do Sistema Universitario de Galicia (LOSUGA) pola que se crearon as universidades da Coruña e Vigo. Desde 1990 ocupou diversos cargos directivos no Grupo San José.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela e ingresou na Compañía de Xesús, da que posteriormente saíu por problemas de saúde. Como poeta afastouse do costumismo e do modernismo imperante, e as súas características artísticas foron as dun romanticismo tardío pero posuidor dunha gran propensión lírica. Asumiu unha gran variedade de formas métricas e cultivou versos de diferentes medidas, como heptasílabos, hendecasílabos ou alexandrinos. Publicou algúns traballos líricos baixo o pseudónimo de Ma-Nu-Gon en O Tío Marcos da Portela, dos que destacan “Alborada”, “Os amores da terriña” e “Aurora dun puro amor”. Tamén tirou do prelo Salaios. Versos gallegos (1895), cunha clara influencia de Follas Novas de Rosalía de Castro; Efusivas (1908), escrita en castelán; e a monografía La poesía popular gallega (1894), premiada en Pontevedra en 1892. Foi membro da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador da arte. Catedrático de Historia da Arte e membro do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento, publicou Arquitectura prerrománica (1978), co que obtivo o Premio da Crítica Galega en 1979. Ademais é autor de La idea de inmortalidad en la escultura gallega: la imaginería funeraria del caballero, s. XIV-XV (1985), Las Claves del arte bizantino y prerrománico (1991), O Refectorio do pazo de Xelmírez (1996), Casa, calle, convento: iconografía de la mujer bajomedieval (1997) e Santiago, la catedral y la memoria en el arte (2000). Recibiu o Premio Martín Códax no apartado de investigación.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Desempeñou parte do seu labor investigador no Instituto Universitario Europeo di Firenze (1989-1992) e especializouse en historia contemporánea. Centrouse no estudo comparado dos nacionalismos europeos e en temas migratorios, que investigou desde a Universidade de Santiago de Compostela. Publicou O galeguismo en América, 1879-1936 (1992), Emigrantes, caciques e indianos (1998) e O inmigrante imaxinario. Estereotipos, identidades e representacións dos galegos na Arxentina (1860-1940) (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela desde 1998 e membro do Comité directivo de Realiter (Rede Panlatina de Terminoloxía), coordina o Comité Técnico de Linguaxes de Especialidade do Consello da Cultura Galega. Foi coautor de Vocabulario do medio físico (1988), O galego e a información (1996) e O idioma na Universidade de Santiago de Compostela (1998). Escribiu tamén a obra de teatro O achado do castro (1991) e a novela Mar de fondo (1997). Recibiu o Pemio Xiria de creación teatral (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filósofo, profesor e escritor. Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, colaborou habitualmente na prensa galega, especialmente en El Correo Gallego, con artigos marcados pola súa temática humanístico-filosófica. Das súas obras destacan Meditaciones de lo interior (1989) e Un ímpeto do tempo (Unha fixación deleitosa) (2002). É membro da Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cabaleiro portugués, conde de Barcelos, fillo dun prior da orde do Hospital. Entrou ao servizo da Raíña Leonor Teles de Meneses na corte de Portugal. Nomeado condestable, loitou ás ordes do mestre de Avís, en Atoleiros (1384), Valverde (1385) e Aljubarrota (1385), e en 1415 participou na conquista de Ceuta. En 1397 instaurou en Lisboa a orde dos Carmelitas. Foi beatificado en 1918 e a súa festividade celébrase o 6 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador probablemente galego. Cabaleiro de condición, pertenceu á corte castelá de Afonso X o Sabio. Da súa produción, localizada nos cancioneiros da Biblioteca Vaticana, da Ajuda e da Biblioteca Nacional, consérvanse 22 textos, trece cantigas de amor, tituladas “Ay eu! de min e que será?”, “Ay mia senhor, u non jaz al”, “Am eu tan muito mia senhor”, “Assi me traj ora coitad Amor”, “Ir-vus queredes, mia senhor”, “Ora veg eu que me non fará ben” (fragmento), “Por Deus, senhor, en gran coita serei”, “Pois naci nunca vi Amor”, “Preguntan-me por quê ando sandeu”, “Quando mi-agora for e mi alongar”, “Que ben que m eu sei encobrir”, “Que prol vus á vos, mia senhor” e “Quer eu a Deus rogar de coraçon”; oito cantigas de amigo, “Ai, madr , o meu amigo, que non vi”, “Aqui vej eu, filha, o voss amigo”, “Dizede-m ora, filha, por santa Maria”, “Foi-s un dia meu amigo d aqui”, Levad , amigo, que dormides as manhãas frias”, “Que coita tamanha ei a sofrer”, “Trist anda, mia madr(e), o meu amigo” e “Vi...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués. Puido relacionarse coa corte de Don Denís (1279-1325). Pertencente á liñaxe dos Sandeu, foi descendente de Egas Mendez, fillo dun cabaleiro asturiano. Da súa produción, atopada nos cancioneiros da Biblioteca Nacional e da Vaticana, consérvanse seis cantigas de amigo, tituladas “Ai, filha, o que vos ben queria”, en que o diálogo de nai e filla se realiza nun novidoso espazo urbano; “Ai, mia madre, sempre vos eu roguei”, “Deus, por que faz meu amig outra ren”, “Madre, pois non posso veer”, “Porque vos quer eu mui gran ben” e “Madre, disseron-mi ora que ven”. Todas as composicións seguen o esquema propio da escola do autor, cunha tendencia ao emprego da estrofa de seis versos, e unha preferencia polo esquema de rima abbaCC. Tematicamente, trata o amor contrariado pola firme vontade da nai, á que responde a amada coa loita ata a propia morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador probablemente galego. Foi membro dunha liñaxe galega que desenvolveu a súa actividade entre 1225 e 1250 en terras portuguesas e que se caracterizou polas excelentes relacións que mantivo cos poderes rexios casteláns. O seu pai, Rodrigo Pais de “Candrei”, foi vasalo na corte do Rei Fernando III, xunto con Rodrigo Gomez de Trastámara. Pertenceu á mesma xeración que Pai Soarez de Taveirós, Martin Soarez, Pero Garcia Burgalês e Johan Nunez Camanêz. Da súa produción, localizada nos cancioneiros da Biblioteca Nacional, da Vaticana e da Ajuda, consérvanse catro cantigas de amor “Ben deviades, mia senhor”, “En gran coita vivo, senhor”, atribuída tamén a Johan de Gaia nos cancioneiros da Vaticana e da Biblioteca Nacional, “En que grave dia, senhor” (fragmento) e “Nostro Senhor! en que vus mereci” (fragmento), que tamén se lle atribúe a Nuno Porco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador galego. Orixinario dunha familia nobre, propietaria dun importante patrimonio situado nas proximidades dos mosteiros de Oseira, Carboeiro e Vilar de Donas, pertenceu á corte señorial dos Traba, onde se relacionou cos Taveirós. Membro da liñaxe de cabaleiros dos Cêrzeo, crese que era irmán de Pedro Eanes e de Urraca Eanes. Puido participar na Reconquista andaluza e asentarse nesas terras. Da súa produción, localizada unicamente no Cancioneiro da Biblioteca Nacional, consérvanse dez cantigas de amor, tituladas “Mia senhor fremosa, direi-vus ua ren”, “Par Deus, dona Maria, mia senhor ben-talhada”, “Quand ora fôr a mia senhor veer”, “Quer eu agora ja dizer”, “Senhor, e assi ei eu a morrer?”, “Senhor esta coita, que ei”, “Senhor perdud ei por vos ja o coraçon”, “Senhor, que coitad og eu no mundo vivo”, “Senhor, todos m’entenden ja” e “Toda -las gentes mi-a mi estranhas son”; e un descordo, titulado “Agora me quer’ eu ja espedir”, en que amosa o seu desinterese polas cousas do mundo....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Atabeg de Damasco (1146-1174), fillo e sucesor de ‘Imād al-Dīn Zangī. En loita cos croatas, defendeu o condado de Edessa (1146-1150) e de Damasco (1154).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión do NL de Afganistán, na fronteira con Paquistán. Montañosa e boscosa, comprende as vertentes do Hindū Kush. Antigamente chamábase Kafiristán, e os seus habitantes kafires (‘infieis’). Uniuse a Afganistán en 1890, converteuse ao Islam e recibiu o nome actual (‘país da luz’).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Nuristán ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Nuristán.
-
-
PERSOEIRO
Atleta finlandés. Especialista en probas de fondo, foi o primeiro gran corredor de longas distancias do atletismo contemporáneo. Nos Xogos Olímpicos de Anveres (1920) gañou a medalla de ouro en 10.000 m, en carreira en campo aberto individual (8 km) e por equipos, e a medalla de prata en 5.000 m. Catro anos despois, en París, conseguiu o título olímpico en 1.500 m, 5.000 m e carreira en campo aberto individual (10 km) e 3.000 m, e carreira en campo aberto por equipos. Por último, nos Xogos Olímpicos de Amsterdam (1928), gañou a proba de 10.000 m e obtivo a medalla de prata en 3.000 m e 5.000 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor serbio. De gran talento como contista, novelista e autor teatral, revelou o seu enxeño nas comedias e na prosa humorística. Destaca a súa obra Opstinsko Dete (O neno da Comuna, 1902).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xenetista alemá. Doutorada en 1973 en Tübingen, traballou no European Molecular Biology Laboratory en Heidelberg e no Max-Planck-Institut für Entwicklungsbiologie Tübingen, do que foi directora (1985-1990). Foi galardoada en 1992 co Premio General Motors de investigación e recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía (1995), compartido con Edward B. Lewis e Eric F. Wieschaus.
VER O DETALLE DO TERMO