"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta nutación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Gabón (21.285 km2; 39.430 h [1993]). A súa capital é Tchibanga (21.012 h [1976]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua bantú do phylum níxer-congo, que se fala en Malawi, na metade S do país, e en Zambia, no límite con Malawi.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Kenya (16.162 km2; 4.392.196 h [1999]). A súa capital é Kisumu (192.733 h [1989]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo protectorado británico de África Oriental, independente desde 1964 co nome de Malawi.
-
PERSOEIRO
Teólogo e pastor luterano sueco. Profesor de teoloxía en Lund (1924-1949), foi bispo desta cidade entre 1949 e 1958. Ecumenista destacado, foi membro do comité central na Asemblea de Amsterdam en 1948 e foi o primeiro presidente da Federación Luterana Mundial (1947-1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Uudenmaan.
-
PERSOEIRO
Compositor, instrumentista e musicólogo. A súa obra reflicte o seu gusto polo minimalismo, sobre todo nas combinacións de estruturas rítmicas repetitivas con músicas do Renacemento e do s XIX. Insatisfeito coas tendencias ortodoxas do modernismo internacional, Nyman deixou de compoñer en 1964 e dedicouse á musicoloxía para a edición da música de Purcell e Haendel. En 1977 fundou a Campiello Band, que máis tarde cambiou o seu nome polo de Michael Nyman Band, e coa que creou un estilo compositivo baseado en fortes melodías, ritmos flexibles e directos, e cunha execución de conxunto moi precisa. Compositor de obras escénicas como The Man Who Mistook His Wife For a Hat (1986), realizou numerosas bandas sonoras, das que cómpre salientar as dos filmes The Draughtman’s Contract (1982), Prospero’s Books (1991), The Piano (1993), Ravenous (1999) e Luminal (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gran rexión de Gabón, formada polas provincias de N’Gounié e Nyanga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Premio convocado pola Agrupación Cultural O Facho desde 1969, co obxectivo de promover a creación de literatura infantil en galego. A primeira edición destes premios foi gañada por Carlos Casares con A Galiña azul (1969), e desde aquela resultaron merecedores do premio autores como Concha Blanco (A vaca titiriteira, 1991) ou Cristina Cubeiro Becerra (Litografía marela, 1999).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Concurso teatral convocado en 1972 pola Agrupación Cultural O Facho como celebración do décimo aniversario desta agrupación e co obxectivo de axudar a crear un teatro infantil en galego. Cunha periodicidade bianual, que non se cumpriu entre a VI e a VII edicións (celebradas en 1983 e 1986, respectivamente), este premio constituíu un fito na produción de literatura dramática infantil, que contaba con moi pouca presenza en Galicia. Resultaron gañadoras do premio obras como As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, de Carlos Casares (1973), Viaxe ao País de Ningures, de M. Lourenzo (1975), A benfadada historia de Coitado Bamboliñas, de Xulio González Lourenzo (1977), Viva Lanzarote, de Manuel Lourenzo (1981), Grande invento para saír do aburrimento!, de Ana Mª Fernández Martínez e Xoán Babarro González (1983) ou A estranha e misteriosa história de Otunga e os otunguenhos, de Joel R. Gómez (1990).
-
CIDADES
Cidade do estado de California, EE UU, que forma parte da aglomeración de San Francisco (399.484 h [2000]). Está situada ao L da baía de San Francisco e ocupa a chaira que se estende desde a baía ata a Cordilleira da Costa. É un porto importante e un núcleo industrial destacado en metalurxia, industria química, da madeira e alimentaria, e na refinaría de petróleo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e militar colombiano. Foi oficial realista e uniuse aos independentistas en 1822. En 1820 alzouse contra Simón Bolívar. Vicepresidente da República de Nueva Granada en 1831, en 1836 sublevouse contra José Ignacio de Márquez e marchou ao exilio. Ao seu regreso foi gobernador de Cartagena (1850). En 1853 acadou a presidencia da República pero en 1854 foi destituído. En 1860 apoiou a revolta de Tomás Cipriano Mosquera e morreu na loita.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Nafarroa localizado na comarca de Valdizarbe (785 h [2001]). Está situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago de Compostela, e destaca a ermida de Nuestra Señora de Arnotegui, onde ten orixe a lenda do Misterio de san Guillén e santa Felicia. Segundo a lenda, a princesa santa Felicia de Aquitania decidiu abandonar o mundo á volta de peregrinar a Santiago de Compostela. O seu irmán Guillén, tratou de disuadila, e ao non conseguilo, nun ataque de ira, matouna. Arrepentido, peregrinou a Santiago de Compostela e ao seu regreso quedou en Obanos como penitente. A Fundación Misterio de Obanos fai unha representación teatral da lenda coa participación dos veciños do pobo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Virxe. Sábese pouco da súa vida e crese que morreu en Toledo, onde se conservan reliquias súas. Na iconografía leva un libro nunha man e na outra unha azucena ou flor de lis, atributo frecuente nas virxes do románico e gótico. A súa festividade celébrase o 5 de setembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Científico alemán. Está considerado un dos abandeirados da astronáutica teórica. Cursou estudos de física e de matemáticas en Múnic e exerceu a docencia de grao medio. En 1930 fixo o ensaio do foguete propulsor “Kegeldüse” no Instituto de Química Técnica de Plötzensee, axudado por Wernher von Braun. Publicou obras polémicas que serviron de base ao desenvolvemento da “V-2” alemá, e traballou, durante a Segunda Guerra Mundial, na estación experimental de foguetes de Peenemünde. Recibiu o premio Robert Esnault Pelterie-Hirsch (1930), e o premio G. Edward Pendray da American Rocket Society (1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que non presenta ningún ángulo recto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que oblitera. OBS: O grupo consonántico bl é heterosilábico e as dúas consoantes b-l pronúncianse separadas.
-
PERSOEIRO
Pintor. Naturalizado colombiano, formouse en Boston (1939-1940), en Barcelona e en diversas capitais europeas. Chegou a Colombia en 1946 e foi decano da Escuela de Bellas Artes de Bogotá e da de Barranquilla. Influído polo expresionismo abstracto, evolucionou cara a un decorativismo colorista. Da súa obra destaca Cóndores y Mojarras (1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que obriga.