"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Adaptar algo á maneira occitana.
-
Converterse aos costumes occitanos.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente a Occitania, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Occitania.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo occitano.
-
Individuo do pobo occitano.
-
Pobo de raza basicamente indoeuropea establecido en Occitania. A Idade de Bronce caracterizouse pola aparición da cultura dos campos de furnas, que finalizou co inicio da cultura ibérica do ferro, fortemente influída pola chegada dos gregos focenses (s VI a C), fundadores de Massalia (actual Marsella). A partir do s V a C, unha invasión céltica penetrou en todas as rexións occitanas. Os efectos da conquista romana deixáronse sentir fortemente pero a creación dun estado visigodo ao SO (s V), acentuou a diferenza entre as dúas metades da antiga Galia: a francesa e a provenzal. Co paso dos séculos, confluíron e impuxéronse sobre o territorio outras civilizacións, como a de oïl.
-
-
Lingua románica, denominada tamén lingua de oc, que pertence ao grupo lingüístico galorrománico. É a lingua propia de Occitania e constitúese como a lingua minorizada máis extensa en Francia. Pódese fixar a súa fronteira coas linguas de oïl partindo da confluencia dos ríos Garona e Dordogne, ata Châteldon (Auvernia). A partir de aquí, o límite, que tamén separa o territorio lingüístico occitano do francoprovenzal, descende cara ao sur ata a fronteira italiana. Respecto ás linguas italianas, a liña divisoria non é tan clara : pódese dicir que todos os altos vales dos Alpes e algunhas localidades da chaira piemontesa son occitanas, pero tamén cómpre sinalar que unhas determinadas zonas, territorialmente occitanas, acusan a influencia do piemontés. Co aragonés e o catalán, a fronteira lingüística segue a liña que vai do cumio do Auñamendi (Pireneo Occidental) ata Porte Puymorens, exceptuando a zona aranesa, e de aquí continúa ata Salses-le-Chatêau e o mar. Co dominio lingüístico...
-
Literatura realizada en Occitania. Os textos occitanos máis antigos que se coñecen, e que ofrecen un auténtico valor literario, datan do s XI, pero é a partir do s XII cando se desenvolveu a poesía dos trobadores. Guillerme IX de Aquitania está considerado como o primeiro trobador, xunto a Jaufré Rudel, Ebles II e Marcabrú. Instauraron o amor cortés na poesía e impuxeron os seus temas referenciais, particularmente o da muller ausente e desexada. A partir de 1150 xa se pode falar de madureza e de clasicismo. O máis destacado foi Bernat de Ventadorn, o mestre do trobar lèu. Neste momento tamén se rexistraron cantigas asinadas por mulleres, como a condesa de Dia. Os xéneros multiplicáronse (pastorela, alba, tenzón, sirventés), e dos autores que dominaron o final do s XII cómpre salientar a Girault de Bornelh, Bertran de Born e, especialmente, Arnaut Daniel. Desde o s XII existiu unha epopea occitana e no s XIII desenvolveuse unha notable produción novelística. No s XIII, coa cruzada...
-
Arte musical cultivada en Occitania. Desde o s V, Tolosa de Languedoc foi un centro de liturxia mozárabe grazas á presenza visigoda. A carón dun importante florecemento de música relixiosa, na baixa Idade Media, acadou unha importancia excepcional a música dos trobadores na música profana. A ruína de Occitania como entidade política supuxo a lenta desnaturalización cultural. No s XVII tivo moita importancia a música de ballet, a ópera e a música relixiosa. Aínda así, a maior parte dos compositores occitanos de prestixio traballaron en París ou noutros lugares do estranxeiro, e son coñecidos con nomes e apelidos afrancesados. A escola de Aix-en-Provence, de longa tradición, deu durante o s XVIII figuras como o operista italianizante E. J. Flocquet. Nos ss XIX e XX moitos compositores occitanos centráronse en París, como G. Fauré, E. Chabrier, V. d’ Indy, Ch. Bordas e o violinista P. Rode. Máis conscientes do seu occitanismo foron, en cambio, D. Milhaud, E. Poulenc, O. Messiaen e G. Auric....
-
-
CONTINENTES
Continente que comprende Australia, Nova Guinea, Nova Zelanda e as illas de Melanesia, Polinesia e Micronesia (8.520.043 km2; 31.973.000 h [estim 2001]).
Xeografía físicaRelevo
VER O DETALLE DO TERMO
Estruturalmente, deixando á parte Australia, que é un pequeno continente, distínguense dúas grandes unidades: os arcos melanésico-celandeses e as pequenas illas do Pacífico. No primeiro caso, as illas forman arcos ben definidos que se erguen a carón das grandes fosas tectónicas oceánicas, que proceden de dobramentos oroxénicos recentes, cousa que deu lugar a numerosos movementos sísmicos e erupcións volcánicas. Entre as pequenas illas distínguense catro tipos. Por un lado, os arquipélagos, cos cumios emerxidos das cordilleiras volcánicas que forman o Círculo de Fogo do Pacífico, uns en actividade (en Samoa, Hawaii) e outros apagados. O segundo tipo é un volcán aplanado, dominando un lagoon periférico protexido por un arrecife barreira circular... -
-
Relativo ou pertencente ao océano.
-
clima oceánico.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Oceanía, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Oceanía.
-
Arte desenvolvida en Oceanía. Aínda que cada grupo racial ou étnico xerou a súa propia arte, hai uns trazos comúns a todos eles. Trátase dunha arte marcadamente antinaturalista, en que predomina a tendencia a modificar a textura de todos os temas figurativos. A figura humana represéntase sempre estática, en repouso, tanto encollida como dereita. Utilizan a curva, os debuxos xeométricos e as figuras tridimensionais, así como as máscaras. Os artistas non pretenden copiar a figura humana nin a dos animais, senón representar forzas sobrenaturais e realizar encarnacións palpables da forza creadora.
-
Grupo de linguas do phylum austronesio que se falan nas illas de Oceanía desde Nova Guinea ata Hawaii. Subdivídese en tres subgrupos: melanesio, polinesio e micronesio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das fillas de Océano e Tetis, na mitoloxía clásica. Segundo Hesíodo eran corenta e unha, aínda que outros autores falan de tres mil, e personificaban os regatos e as fontes. As máis coñecidas eran Europa, Electra e Aretusa.
-
-
Masa total de auga salgada, que cobre unha gran parte da superficie da Terra (361.128.000 km 2 , que representa o 71 %). A súa orixe remota pódese situar nas etapas prexeolóxicas da Terra, nas que se produciu unha diferenciación xeral da materia terrestre segundo capas concéntricas, cos materiais menos densos acumulados nas zonas máis profundas e os máis lixeiros nas máis externas. A fase final desta diferenciación correspóndese coa formación da atmosfera e da hidrosfera. Esta, formada fundamentalmente polo mar, orixinouse a partir da auga desprendida polas rochas que constituían a incipiente codia terrestre que ascendía á superficie mediante os fenómenos volcánicos, acompañada de nitróxeno e carbón. Estas erupcións, segundo a maioría dos xeoquímicos, foron as que lle conferiron á auga do mar o seu contido en sales. Nestas etapas primitivas os mares chegaron a estar formados predominantemente por auga, á que se engadiron compostos orgánicos, relativamente simples, constituídos...
-
Cada unha das cinco grandes partes de auga comprendida entre os dous grandes continentes: o Océano Atlántico, o Océano Pacífico, o Océano Índico, o Océano Ártico e o Océano Antártico. As máximas profundidades (ata case 11.000 m) non están no centro, senón preto dos continentes, como a fosa das Filipinas, a fosa das Marianas, as fosas do mar de Xapón, no Pacífico, ou a fosa de Puerto Rico, no Atlántico. O fondo oceánico está constituído por produtos da erosión mariña sobre as costas, os materiais fluviais e os restos dos organismos mariños. As zonas abisais (superiores aos 5.000 m) están cubertas dunha arxila vermella de orixe descoñecida. A flora e a fauna corresponde a cada un dos medios mariños. A cor normal da auga é azul ou verde azulado, e a gradación da intensidade está en relación coa salinidade, a temperatura, a profundidade, o contido en plancto e outros aspectos. A temperatura da auga (desde -3,677°C ata 32°C) diminúe coa profundidade e varía polo efecto das radiacións solares,...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Divindade grega que, segundo Hesíodo, é fillo de Urano (o Ceo) e de Gea (a Terra), e foi o primoxénito dos Titáns. É a personificación da auga que rodea o mundo, e coa súa irmá Tetis enxendrou todas as augas e a todas as Oceánides. A arte antiga represéntao como un vello barbudo e con cornos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estuda os océanos. Servíndose da física, a xeoloxía, a bioloxía, a química e as matemáticas, dedícase á exploración das augas e das profundidades mediante os instrumentos de medida e materiais precisos (sonda acústica, fotografía submarina, reflexión sísmica ou escafandros) dos buques oceanográficos e dos batiscafos. Actualmente utiliza tamén sensores remotos situados nos avións ou nos satélites artificiais. Neste sentido, a oceanografía ábrese a novas dimensións, importantes para o futuro da humanidade, xa que pode axudar a localizar xacementos minerais ou a facer predicións de tempo a longo prazo. Proxéctase tamén a obtención dun rendemento enerxético das mareas e das diferenzas de temperatura entre as augas superficiais e as profundas. A oceanografía inclúe unha serie de disciplinas, como por exemplo a oceanografía física, que se ocupa entre outras cuestións ,da interacción das mareas, e a oceanografía biolóxica, que quere comprender as interaccións entre a vida oceánica...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á oceanografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa especialista en oceanografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa especialista en oceanoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estuda os fenómenos biolóxicos e xeolóxicos dos mares e dos océanos, empregando os coñecementos físico-químicos máis axeitados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á oceanoloxía.
-
PERSOEIRO
Compositor flamengo. Foi músico dos reis de Francia Carlos VII, Luís XI e Carlos VIII. Despois de desenvolver o estilo da polifonía franco-alemá, creou un propio, que predominou en Occidente durante un século e que influíu notablemente na produción dos grandes precursores do Renacemento neerlandés. Da súa obra destacan dezanove misas, numerosos motetes, dezanove cancións francesas e o Deo gratias (1542).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
índice de octano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten oito estames.
-
-
Alcano que aparece no petróleo e que pode presentar 18 isómeros de cadea. Os máis importantes son o n-octano e o isooctano.
-
Número que indica a velocidade de detonación dun combustible líquido nunhas condicións de análise estándar. Arbitrariamente asígnase o índice de octano cero ao n-heptano e o índice cen ao isooctano. Un índice de octano de 96 indica que a velocidade de detonación do combustible na análise estándar é igual á dunha mestura de 96 partes de isooctano e 4 partes de n-heptano.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ácido caprílico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos alcohois isómeros de fórmula C8H18O que derivan do n-octano. Os máis importantes son o 1-octanol, líquido que ferve a 194,5°C, que se obtén por redución do ácido caprílico e que se emprega en perfumaría e como antiespumante, e o 2-octanol, líquido que ferve a 180°C, que se obtén por destilación do ricinoleato sódico en presenza dun exceso de hidróxido sódico.