"COU" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 304.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución de carácter literario creada por disposición testamentaria de Edmond Goncourt (1884) e fundada no ano 1896, logo da súa morte. Constituíuse oficialmente en París en 1902. Concede anualmente o Prix Goncourt co que premia a mellor obra de imaxinación en prosa, habitualmente unha novela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode tranquilizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que tranquiliza.
-
-
Facer desaparecer ou minguar un estado de excitación, axitación ou violencia nalgunha persoa.
-
Parar unha actividade que se está a desenvolver.
-
-
-
Estado de tranquilidade e sosego.
-
Interrupción temporal dunha actividade ou traballo.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en xullo de 1971 do Círculo Recreativo Cultural do Porriño, dirixida por Anxo Huete Rodríguez e por Santiago Gilsanz. Desapareceu co número extraordinario de xaneiro-outubro de 1975. Contiña novas culturais, deportivas e locais, amais dunha sección chamada “Nosa páxina galega” onde se publicaban textos literarios de Neira Vilas, Castelao, Lugrís Freire, Amado Carballo e Rafael Dieste, entre outros.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Anotación á marxe dun escrito.
-
Nun texto teatral, nota explicativa onde se atopan indicacións escénicas do autor para unha posible posta en escena, con referencias ao movemento dos personaxes. Pertencen ao corpo didascálico e paratextual formado por todo o que nun texto dramático non é diálogo: lista de dramatis personae, nome dos personaxes que precede a cada réplica, disposición da escena, movemento dos personaxes, referencias iniciais a unha localización da acción nun espazo e tempo determinados, notas para a montaxe, e citas ou resumes argumentais.
-
-
-
Acción e efecto de acoutar.
-
Acción de poñer as cotas nun esbozo, plano topográfico ou mapa.
-
Proceso polo que se determina un couto.
-
-
-
Converter en couto calquera lugar ou terreo.
-
Poñerse ao abeiro nun lugar seguro.
-
Reducir graficamente segmentos dun escrito.
-
Poñer as cotas nun esbozo, nun mapa topográfico, nun plano ou semellante.
-
-
PERSOEIRO
Astrónomo. No 1845, simultánea pero independentemente de Le Verrier, demostrou matematicamente a existencia do planeta Neptuno; así mesmo, estudiou as irregularidades da órbita de Urano, o magnetismo terrestre, as Leínidas e o movemento secular medio da Lúa.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da parroquia de Facha, concello de Antas de Ulla, de 682 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar onde se botan as sementes de certas plantas para que xerminen e logo poder transplantalas, cando son pequenas, ao seu lugar de cultivo.
-
-
Que combate a acción das couzas.
-
Produto destinado a combater as couzas e, en xeral todos os insectos que se alimentan de fibras téxtiles, especialmente la. Segundo a súa forma de actuar divídense en: repelentes, insecticidas e produtos que modifican a estrutura da la.
-
-
MONTES
Monte da parroquia de Arca, no concello da Estrada, de 624 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Combate librado o 25 de outubro de 1415, entre Enrique V de Inglaterra e o exército francés dirixido por Carlos D’Albert, condestable de Francia, en Azincourt (Artois, Francia) durante a Guerra dos Cen Anos. A vitoria foi para os ingleses e veu seguida da ocupación do N de Francia e da capitulación de Carlos VI ante o Rei inglés (Tratado de Troyes, 1420).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diversión cortesá, mestura de canto e danza, de diálogos e música instrumental, en forma de espectáculo de acción dramática continuada, no que interveñen os nobres e mais os reis, e que estivo de moda en Francia nos ss XVI e XVII. Le Paradis d’amour (O Paraíso do amor, 1575) e o Ballet comique de la Reine (Ballet cómico da Raíña, 1581) foron os primeiros intentos de ballet de cour, mentres que o Ballet d’Alcine (Ballet de Alcine, 1610) e o Ballet de la délivrance de Renaud (Ballet da liberación de Renaud, 1617), máis evolucionados, xa foron antecedentes da ópera, como tamén o foron, posteriormente, o Ballet de la Nuit (Ballet da noite, 1653) e o Ballet du Temps (Ballet do tempo, 1654), creados coa participación de Lully.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Está situado no concello de Agolada no límite coa provincia de Lugo. Pertenceu á orde do Temple, ao conde de Lemos e ao convento do Santo Espírito de Melide, ata que en 1586 foi mercado por Jorge Varela de Boado. Posteriormente, foi vendido coa súa xurisdición en 1590 a Diego de Lemos e Cadórniga, señor de Amarante. En 1640 foi novamente vendido a Antonio de Rivera y Salgado e en 1658 a Juan López de Basadre.
-
PERSOEIRO
Lingüista polaco. Doutor en Filosofía pola Universidade de Leipzig, entre 1870 e 1913 foi profesor sucesivamente en Petersburgo, Kazan’, Dorpat e Cracovia. En 1918, unha vez acadada a independencia de Polonia, foi nomeado profesor en Varsovia. A súa primeira lección inaugural en Petersburgo (1870) constituíu un esbozo da fonoloxía, máis en particular da morfofonoloxía. O seu mellor momento creador foi a época de Kazan’, ao redor do ano 1880, cando lle servía de estímulo a colaboración mantida con Mikolaj Kruszewski. Influíu sobre Saussure grazas ao seu Versuch einer Theorie phonetischer Alternationen (Ensaio dunha teoría das alternancias fonéticas, 1895) e o seu ensino foi o núcleo formador da chamada Escola de Petersburgo. Publicou tamén un estudo sobre os dialectos do Friul en 1875. Determinou as diferencias entre dúas fonéticas descritivas distintas, o estudo dos sons como fenómenos físicos, a Fonética, e o estudo dos signos empregados por unha mesma comunidade lingüística ou...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xornalista venezolano. Exiliado entre 1928 e 1936 e entre 1938 e 1941 polas súas actividades contra a ditadura, foi un dos fundadores en 1941 do partido Acción Democrática e presidiu en 1945 a xunta revolucionaria que derrocou a Isaías Medina Angarita. Tralo golpe de estado de Pérez Jiménez en 1948 houbo de exiliarse novamente. Logo de restablecerse a democracia no ano 1958, foi elixido Presidente deica 1964. Neste período levou a cabo reformas moderadas e perseguiu á extrema esquerda. Fundou os xornais Orve (1936) e El País (1943), e publicou diversas obras de carácter político como Una república en venta (1937) e Venezuela, política y petróleo (1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre normando, Rei feudatario de Canarias (1403-1418). En 1402 por encargo do Rei de Castela, Enrique III, iniciou a conquista das illas de Lanzarote, Fuerteventura, El Hierro e La Gomera. En 1418 vendeu os dereitos do feudo que gobernaba en calidade de Rei ao conde de Niebla.
VER O DETALLE DO TERMO