"Carmen" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 51.

  • PERSOEIRO

    Bailarina de familia xitana que debutou xunto co seu pai en 1917. No ano 1929, formando parte do Trío Amaya, actuou en París. Tamén realizou algunhas películas: La hija de Juan Simón (1934) e Los Tarantos (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ensaísta e crítica literaria. Profesora de Literatura Galega na Facultade de Humanidades de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela. Formou parte do movemento feminista galego dende os seus comezos nos anos setenta e coordina, xunto con Claudio Rodríguez Fer, a publicación libertaria Unión Libre. Cadernos de vida e culturas. Publicou Conversas con Carballo Calero (1989), Carballo Calero: política e cultura (1991), e fixo, en colaboración con Rodríguez Fer, as edicións de Con pólvora e magnolias de X. L. Méndez Ferrín (1989) e de Os eidos de Uxío Novoneyra (1990). Como ensaísta ocupouse especialmente da problemática feminista e libertaria, combinando a temática galega coa universal, e como crítica tratou en particular as relacións entre xénero sexual e literatura, sendo pioneira en Galicia destes estudios. Nesta liña publicou os libros: Literatura galega da muller (1991), Escritoras galegas (1992), Libros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, realizou estudios de Interpretación na Real Escuela Superior de Arte Dramático (Madrid) e de Psicoloxía na Universidade da Coruña. Dende 1988 traballa no gabinete de prensa da CRTVG. Coordinou e colaborou na Revista de RTVG (1991-1994). No eido da literatura infantil publicou Tres nenos nas alturas (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta salvadoreña. Empregou nalgunhas obras o pseudónimo de Claudia Lars. Foi directora da revista Cultura. Destacan, entre as súas obras, Romances de norte y sur (1946), Donde llegan los pasos (1953) e Girasol (1962). En 1975 publicouse postumamente Poesía última.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Licenciada en Filosofía e Letras, doutorouse co traballo La mujer vestida de hombre en el teatro español del siglo de Oro (1976). Destacou como tradutora de obras do romanticismo alemán e como autora de biografías: Biografía de don Juan Valera (1959), Vida de Bettina Brentano (1957), Galdós visto por si mismo (1970) e Una vida romántica: Avellaneda (1968). No eido da literatura infantil publicou: Historia de la literatura infantil española (1959), Una, dola, tola, catola: el libro del folklore infantil (1977), Adivina, adivinanza: folklore infantil (1978), Colección de libros infantiles antiguos (1979) e Historia y antología de la literatura infantil universal (1988). Recibiu en 1980 o Premio Nacional de Literatura Infantil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Publicou a maioría das súas obras baixo o pseudónimo de Colombine. Nos seus escritos defendeu os dereitos da muller. Colaborou en diferentes xornais e foi correspondente de prensa na guerra de Marrocos. Foi fundadora da revista Crítica e colaboradora de Prometeo e La Esfera. Cultivou o naturalismo nas súas primeiras novelas: La hora del amor (1916) e Los inseparables (1917); despois evolucionou cara ao romanticismo: El último contrabandista (1918), Los anticuarios (1921) e El retorno (1922); e o moralismo: La mal casada (1925) e Quiero mi vida (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Coñecida como Rita Hayworth, a súa carreira, iniciada en 1935, acadou o seu punto culminante con Gilda (1946), ao lado de Glenn Ford. Dende aquela converteuse nun dos mitos eróticos da posguerra. Protagonizou tamén Only Angels Have Wings (Só os anxos teñen ás, 1939), Blood and Sand (Sangue e area, 1941), The Lady from Shanghai (A dama de Xangai, 1947), dirixida por Orson Welles, e Separate tables (Mesas separadas, 1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela de Prosper Mérimée publicada inicialmente na Revue des deux mondes, en 1845, e con formato de libro, en 1847, co engadido dun capítulo final de carácter erudito e ensaístico. Narra a degradación progresiva do protagonista, don José Navarro, nos seus intentos de acadar e manter o amor da xitana Carmen. Os trazos que definen a trama están bosquexados nunha obra anterior do mesmo Mérimée, as Lettres adressées d’Espagne (Cartas enviadas desde España, 1831). A novela articúlase a partir da narración dun arqueólogo que, na busca dun lugar histórico en Andalucía, decide protexer un bandido que se fugara. Meses despois volve atopar o bandoleiro na véspera da súa execución e asiste ao relato da súa vida. Don José Navarro fora degradado do seu cargo de brigadier no exército e castigado tras deixar escapar por amor a Carmen. A súa degradación continúa cando mata por celos a un lugartenente co que a sorprende, feito que o obriga a desertar e a comezar unha vida errante na que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica realizada por Carlos Saura en 1983, baseada na novela homónima de Prosper Mérimée. Protagonizada por Antonio Gades, Laura del Sol, Paco de Lucía e Cristina Hoyos, trátase dun musical que destaca polos bailes que aparecen ao longo do filme. Forma parte dunha triloxía musical que se completa con Bodas de sangre (1981) e El amor brujo (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Isabel de Wied.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade latina oriúnda de Arcadia, que, segundo as fontes, recibía os nomes de Nicóstrata, Temis ou Timandra. En Roma foi coñecida como Carmenta, nome derivado do latín carmen ‘canto, poema’, debido a que posuía o don da profecía e da adiviñación. Dependendo da tradición identifícase como nai ou muller de Evandro, que chegou a Roma na súa compaña logo de ser este desterrado da súa patria. As súas festas, chamadas Carmentais (Carmentalia), celebrábanse en Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carmen Fernández Chacón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Foi unha das figuras máis destacadas do teatro castelán posromántico e naturalista. Debutou en Madrid en 1891. Actuou con Emilio Mario, Ricardo Calvo, Enric Borrás e outros, e formou unha compañía co seu home, o dramaturgo Federico Oliver.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Coñecida co pseudónimo Florentina del Mar, estudiou maxisterio na Escuela Normal de Murcia e Filosofía e Letras na Universitat de València. A súa nenez transcorreu entre a súa cidade natal, Melilla, onde viviu entre 1914 e 1920, e en 1939 instalouse en Madrid. Exerceu a docencia no Instituto de Estudios Europeos e na cátedra Mediterráneo da Universitat de València en Alacant. Colaboradora con RNE e La Estafeta Literaria, xunto co poeta Antonio Oliver Belmás fundou e dirixiu a Universidad Popular de Cartagena e o Archivo Semanario de Rubén Darío na Universidad de Madrid. Da súa produción destacan, entre outras obras, os poemarios Júbilos (1934), Pasión del verbo (1944), Ansia de la gracia (1945), Mujer sin edén (1947), Vivientes de los siglos (Premio Internacional de Poesía Simón Bolívar, 1954), Derribado arcángel (1960), A este lado de la eternidad (1970), Corrosión (1975) e Cráter...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pintora. Estudiou na Escola de Artes e Oficios en Santiago de Compostela e na Coruña. En 1973 recibiu unha bolsa para asistir ao Centro Internazionale di Estudi per l’Insegnamento del Mosaico de Ravenna. Participou, entre outras, na exposición da Asociación de Artistas da Coruña (1973) e na Muestra de Arte Gallego de la Ciudad Universitaria de Madrid (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático español. Coñecido co pseudónimo de El Misántropo, escribiu traballos de ortografía e gramática. É autor de Primera Gramática española razonada (1884), Tratado elemental de gramática española razonada (1885) e Nomenclatura de la gramática española (1885).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz e manipuladora de monicreques. Membro fundador do colectivo de animación á lectura Digolondango e dos grupos de monicreques Boinas Días, Tasel e Cachirulo. Con esta última compañía representou, entre outras obras, A bela e a besta, A Illa do tesouro, A merenda de Gamelón, peza da que tamén é autora, A guerra das Galicsias, ou El-Rei Artur e a abominable dama, da que é coautora xunto a Xurxo Rei e Marilar Aleixandre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. A finais dos anos sesenta viaxou a París, onde o coñecemento das distintas correntes artísticas contribuíu a encher de liberdade os seus lenzos. A súa obra bebeu das diferentes estéticas na busca da expresión a través das formas e das cores. Evolucionou dende a figuración ata a abstracción xeométrica con referencias cubistas, futuristas e surrealistas para despois achegarse a unha estética informalista e a unha simplicidade próxima ao construtivismo. Empregou as cores intensas, planas e a sobriedade das veladuras. Nas súas teas, traballadas como un elemento activo no que o espazo cobra vital importancia, introduciu obxectos de metal e outros materiais na busca da tridimensionalidade. Da súa produción destacan a serie Chador, Más allá del color, Credo in unum primum, La escalera de Jacob e El bosque de las primeras cosas. Realizou a súa primeira exposición na Galería Torrado de Pontevedra (1983) e dende aquela destacan, entre outras,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de escarmentar. Na tradición oral recóllense ditos como: “Benaventurado o que noutro foi escarmentado! A vella, de escarmentada, pasa o rego remangada. Cos escarmentados fanse os avisados”.

    VER O DETALLE DO TERMO