"ECA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 560.
-
VER O DETALLE DO TERMO
-tec(a/io).
-
VER O DETALLE DO TERMO
abeaca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
abeaca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Utensilio semellante a un coitelo empregado para abrir sobres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Svenska Akademien.
-
GALICIA
Segundo conde de Monterrei, fillo do Arcebispo compostelán Alonso de Fonseca. Casou con Francisca de Zúñiga e Ulloa, herdeira do Condado de Monterrei. Foi o introdutor da imprenta en Galicia a finais do s XV e o responsable da edición do Misal de Monterrey. Faleceu na loita contra os franceses en Salsas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fillo dun cacique de Atlihuetza. O seu pai deulle morte aos doce anos por converterse ao Cristianismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina coa que se indica que unha cousa non se vai realizar nunca, xa que en Grecia non existían as calendas (división do mes romano). Conta Suetonio (s I-II d C) que a empregaba moito Augusto na conversa familiar para dar a entender que alguén nunca pagaría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fórmula de augurio, do estilo de feliciter ou amen, que aparece no escatocolo ou parte final dun documento.
-
PERSOEIRO
Cantautor. Fillo dun procurador da República, José Nepomuceno Afonso e de María das Dores. Durante a súa infancia percorreu diversos países, entre outros Angola, Mozambique e Belmonte, que suporían continuas referencias no seu desenvolvemento artístico. Dende a década dos 40 ata 1953, Coimbra foi a súa residencia. Moi ligado á Facultade de Letras e ao Liceo, foi durante esta etapa integrante do Orfeão Académico e da Tuna Académica da Universidade. A partir de 1955, comezou a súa etapa dentro do ensino percorrendo varias vilas portuguesas. Zeca Afonso gravou o seu primeiro disco no 1953, Fados de Coimbra. Entre 1964 e 1967, volveu a Mozambique onde foi mestre. Esta etapa foi fundamental para cimentar a súa conciencia anticolonial. Por razóns políticas foi expulsado do ensino oficial e a música pasou a converterse no seu medio de expresión e de vida. Contrario ao réxime ditatorial portugués, entrou a formar parte do grupo de artistas prohibidos polo que as súas cancións foron censuradas,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Monxe con presenza documentada no mosteiro de Montecassino a partir do 1057. Foron moi celebrados os seus tratados retóricos Breviarum de ditamine e as Flores rhetorici.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca fundada en Alexandría por Demetrio de Faleron en tempos de Ptolomeo Soter (ss IV-III a C). Mestres importantes como Euclides, Erasístrato e Herófilo redactaron para ela as súas obras. Reuniu os sabios máis importantes da Antigüidade, sendo dirixida entre outros por Aristófanes de Bizancio; Eratóstenes ensinou alí xeografía e matemáticas. Destacan os poetas como Calímaco, Teócrito, Apolonio de Rodas e Licofron. No 48 a C foi incendiada durante o sitio da cidade por Xulio César. Posteriormente Marco Antonio reedificouna e dooulle 200.000 volumes que fixo traer dende a biblioteca de Pérgamo. Foi arruinada no 389 por Teodosio I, aínda que tradicionalmente veuse dicindo que fora acto do Califa ‘Omar.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Granada, Andalucía, na Hoya de Motril, nunha chaira aluvial (21.472 h [1996]). As fontes de riqueza son a pesca e as industrias de azucre e fariña. É o principal centro turístico da costa de Granada. Foi unha das cidades fenicias máis importantes de Andalucía (Sexi), despois romanizada. Ten importantes xacementos arqueolóxicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Roma 815 ? - 878 ?) Cardeal. Foi conselleiro de Nicolás I, de Adriano II (quen o nomeou, en 867, bibliotecario da igrexa romana) e de Xoán VIII. No 869 asistiu ao Concilio IV de Constantinopla (VIII concilio ecuménico), e foi tradutor das actas. Escribiu unha Chronographia tripartita (Cronografía tripartita), compendio de diversas crónicas bizantinas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo nome galego de orixe descoñecida e seguramente anterior a época romana. O sufixo -eca é prerromano e a raíz and-, para uns, é vasca e, para outros, céltica. Levou este nome un dos reis suevos de Galicia no s VI. Non hai ningún santo con este nome.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nobre suevo que destronou no 584 a Eurico, quen sucedera ao seu pai Miro no 583 á fronte do Reino de Galicia. O destronamento de Eurico provocou a súa intervención a prol do lexítimo herdeiro do Rei visigodo Leovixildo. Este, aproveitando a confusión interna, anexionou o Reino de Galicia á Coroa Visigoda no 585 malia os esforzos de Malarico, axiña vencido e preso. Galicia ficou daquela como unha das tres grandes provincias visigodas, xunto á Galia e Hispania, acadando progresiva importancia dentro do Reino Visigodo: os monarcas asociaron os seus herdeiros ao trono como Reis de Galicia e, no 696, Vitiza instalou a capital en Tui, feito que pode estar a indicar o decantamento dos galaicos polo bando vitizano. Son, xa que logo, aliados dos musulmáns que apoiaron a lexitimidade de Vitiza fronte á que se sublevou o nobre Rodrigo (ou Roderico), o que explicaría o respecto ou a falta de interese na invasión musulmá do territorio da Gallaecia e as súas boas relacións cos emires de Córdoba. Mesmo...
-
-
Sala que precede a outra de maior entidade. Peza que antecede á sala ou ás salas principais dun pazo ou casa grande. Nos edificios públicos reciben o nome de saleta. Por extensión, aplícase a toda cámara ou espazo anterior a outro maior.
-
Nun local público, cuarto que está diante da sala de recepción.
-
Espacio que precede á cámara do navío.
-
Cámara auxiliar de pequeno volume na que, nos motores con precombustión, desemboca o inxector. Comunica coa cámara de combustión a través duns buracos de pequena sección ou dun conduto relativamente estreito, e está aloxada, normalmente, na culata. Nos motores diesel, a antecámara modera a combustión evitando golpes bruscos no sistema biela-manivela e no cegoñal, aumenta a turbulencia dos gases producidos na precombustión e mellora a dispersión do combustible. A antecámara chámase tamén cámara de precombustión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Refrán dunha composición poética que aparece sempre diante de cada unha das estrofas en lugar de aparecer ao final.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben terreos anexos aos castros, dispostos a xeito de socalcos e de forma variable, tendentes á semicircularidade, que nalgúns casos acadaron proporcións considerables. Pódese dicir que é a zona de ampliación que contén a coroa, recinto superior en altura rodeado dunha muralla. Aínda que propiamente non formaban parte do recinto, si participan no seu sistema defensivo, podendo chegar a funcionar como área de ampliación da fortificación interior e dispoñer de defensas propias. Así mesmo, nalgúns antecastros téñense atopado estruturas habitacionais. Hai castros que teñen unha soa muralla, pero é moi frecuente atopar estes terreos anexos que o van adornando e que polo xeral quedan inscritos noutras murallas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de apecatar.