Alexandría, biblioteca de
Alexandría, biblioteca de
Biblioteca fundada en Alexandría por Demetrio de Faleron en tempos de Ptolomeo Soter (ss IV-III a C). Mestres importantes como Euclides, Erasístrato e Herófilo redactaron para ela as súas obras. Reuniu os sabios máis importantes da Antigüidade, sendo dirixida entre outros por Aristófanes de Bizancio; Eratóstenes ensinou alí xeografía e matemáticas. Destacan os poetas como Calímaco, Teócrito, Apolonio de Rodas e Licofron. No 48 a C foi incendiada durante o sitio da cidade por Xulio César. Posteriormente Marco Antonio reedificouna e dooulle 200.000 volumes que fixo traer dende a biblioteca de Pérgamo. Foi arruinada no 389 por Teodosio I, aínda que tradicionalmente veuse dicindo que fora acto do Califa ‘Omar.