"Erica" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 147.

  • Convenio bilateral, asinado en 1988, para crear unha zona de libre comercio, entre o Canadá e os EE UU. No ano 1992, os dous membros e México acordaron crear a North American Free Trade Agreement (NAFTA), tamén zona de libre comercio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos negros africanos transportados como escravos a América, dende o s XVI ata o XIX, ou aos seus descendentes. Sobre todo, referido ás formas culturais propias desenvolvidas por eles no continente americano, principalmente nos territorios de Minas Gerais, a costa e unha parte do NL brasileiro, as costas da Güiana, Venezuela, Colombia, Panamá, Nicaragua e Honduras, a totalidade das Antillas e o S dos EE UU.

    2. Conxunto de sistemas relixiosos organizados polos grupos afroamericanos. Ademais dos afrobrasileiros e afrocubanos, seguramente o que máis sona ten é o vudú haitiano. Malia as diferencias de ambiente histórico e cultural das diversas zonas, hai trazos comúns que confirman a existencia dunha cultura básica común procedente da África occidental, podéndose mencionar os seguintes trazos: ritos de posesión, comunicación coas deidades a través de médiums, contacto directo co mundo sobrenatural, o Ser Supremo como deus ocioso, as deidades como vieiros cara a Deus, e unha característica estrutura monoteísta que abrangue un sistema politeísta.

    3. Culturas desenvolvidas en América pola poboación negra de orixe africana. Os factores do seu desenvolvemento dependen de varias causas: a duración dos contactos culturais, o número de escravos pertencentes á mesma rexión de África, a dispersión ou concentración poboacional, a posibilidade de intercambio cultural con África despois da emancipación, o grao de civilización da cultura básica africana, a conversión ao catolicismo ou ao protestantismo, a duración da escravitude, a miscexenación (cruzamento de sangues), o sincretismo e a aculturación.

    4. Música creada en América pola poboación negra de orixe africana. Ao S dos EE UU os negros forxaron unha arte musical popular, de carácter relixioso (jubilee, gospel) e con fondas raizames africanas, ao carón doutra de carácter profano (Blues, cantos de traballo, etc). Esta arte folclórica constitúe o alicerce do jazz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político peruano fundado por Víctor Raúl Haya de la Torre no 1924. Foi concibido nun principio como unha fronte ampla de tipo populista que proxectaba a unidade latinoamericana, pero desde 1927 Haya de la Torre transformou o movemento nun partido de organización monolítica baixo o seu control. Estableceu seccións en Cuba, Perú, México, Costa Rica e Arxentina, pero desde 1931 foi exclusivamente peruano. Visto con hostilidade pola oligarquía e o exército, o APRA venceu nas eleccións dese ano en Perú, pero os resultados foron manipulados por Sánchez Cerro. En 1945 conseguiu tres ministerios no goberno de J. L. Bustamante. Foi perseguido durante o goberno do Xeneral Odría (1948-1956). Alán García, que dirixiu o APRA desde 1982, reconduciu o partido e deulle unha orientación socialdemócrata. En gañando as eleccións de 1985, García asumiu a presidencia do estado, pero nas eleccións de 1990 o APRA foi derrotado pola coalición Cambio 90, liderada por Alberto Fujimori.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gran canal de irrigación do S de California, EE UU de 129 km de lonxitude. Construído entre o 1934 e o 1940, no marco da política de grandes obras públicas da época do New Deal, comeza no Imperial Dam, no río Colorado, e chega no seu final preto de Calexico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONTINENTES

    Continente situado entre 34° 45’ O (no Brasil) e 167° 20’ O (en Alasca, no cabo do Príncipe de Gales) de lonxitude e entre 72° N (83° 20’ N, con Grenlandia) e 54° 5’ S (56°, ata o cabo de Hoorn; 57° S, ata as illas de Diego Ramírez) de latitude (39.937.064 km2; 787.941.000 h [estim 1997]). Está separado do NL de Asia polo estreito de Bering, e do resto, polo océano Pacífico; o océano Atlántico sepárao de Europa e de África (coas illas próximas).
    O relevo e a xeoloxía
    A historia xeolóxica de América do Norte e de América do Sur é diferente: unha, forma parte do continente noratlántico e, a outra, do de Gondwuana, separáronse ambas as dúas ao final do Secundario dos bloques continentais dos que formaban parte. A emerxencia do sector de Panamá, ao final do Terciario, uniu as dúas unidades continentais. En América do Norte pódense distinguir as seguintes unidades morfoestruturais: o escudo canadense, os Apalaches, as grandes concas interiores, as...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subcontinente formado pola parte de América comprendida entre os istmos de Tehuantepec, en México, e de Panamá. Os seus límites físicos son, ao N, a cordilleira Neovolcánica, en México, e ao S, o val inferior do Atrato, en Colombia. Comprende as repúblicas de Guatemala, O Salvador, Honduras, Nicaragua, Costa Rica, Panamá, coa Zona do Canal, e Belice. Inclúese, tamén, o rosario de illas antillanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subcontinente formado pola parte setentrional de América, ao N do istmo de Tehuantepec; practicamente, estableceuse o límite entre América do Norte e América Central na fronteira de México con Guatemala e Belice. Seguindo, pois, criterios económicos, políticos e culturais denomínase América do Norte o conxunto de rexións americanas ao N do Río Grande do Norte, con exclusión das illas do Caribe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subcontinente formado pola parte meridional de América, ao S do istmo de Panamá. Fisicamente o límite entre América do Sur e América Central pode estar establecido nos relevos máis setentrionais da cordilleira de Bandó e no val inferior do Atrato, polo que unha pequena zona do NO colombiano formaría parte de América Central. Seguindo, pois, criterios políticos, o límite entre estes dous continentes atópase na fronteira entre Colombia e Panamá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Seguindo criterios económicos, políticos e sociais, conxunto de rexións americanas, continentais ou insulares, ao S do Río Grande do Norte. Seguindo criterios culturais e históricos, América Latina comprende soamente os países colonizados por españois e portugueses ao S dos actuais EE UU. Tamén se coñece co nome de Latinoamérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • O maior provedor de servicios de Internet do mundo. AOL ten base na cidade de Viena, en Virxinia, EE UU. Ofrece aos seus subscritores correo electrónico, conferencias, software, apoio sobre ordenadores, revistas e periódicos interactivos, clases en liña ou acceso a Internet, entre outros produtos. AOL mercou en novembro de 1998 unha das compañías emblemáticas do sector, Netscape, nunha espectacular operación que lle permitiu gozar do navegador Communicator e do centro de servicios NetCenter da empresa absorbida. Esta fusión por compra foi empregada como argumento por Microsoft, a multinacional de Bill Gates, para defenderse das acusacións de monopolio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juan Carlos Pérez Sánchez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome da máis importante competición de regatas de vela en mar aberto. Foi o veleiro estadounidense América que deu nome á competición ao gañar no ano 1851 a proba da illa de Wight.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada no litoral da parroquia de Panxón, no concello de Nigrán, na ría de Baiona. Limítana o río Muíños polo N e Lourido polo S. Tamén se coñece como Praia de Lourido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista mensual xurdida na Coruña en 1921 e subtitulada “Revista Comercial Ilustrada Hispanoamericana”. Foi a continuadora do Boletín de Casa América Galicia (1920) editado tamén na Coruña. Colaboraron nela Lois Peña Novo e Ramón del Cueto, entre outros. Contiña publicidade, novas sobre América e Galicia na súa sección “Informaciones americanas” e datos sobre publicacións e premios. A partir de setembro de 1922 pasará a chamarse Revista de Casa América-Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía norteamericana de transportes aéreos fundada en Nova York en 1930 e reorganizada en 1934.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo editorial, de radio e televisión norteamericana. Fundada no ano 1943, é unha das canles privadas máis importantes dos EE UU. En 1985 foi adquirida por Capital Cities e en xullo de 1995 adquiriuna a compañía Disney. A súa central está na cidade de Nova York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa norteamericana fundada en 1901 en Nova York como resultado da fusión de 65 empresas. O seu obxectivo era monopolizar toda a actividade norteamericana da embalaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade de químicos dos EE UU convertida na máis importante do mundo polo número de membros e pola calidade e difusión das súas publicacións (entre outras: Analytical Chemistry, Journal of the ACS e Chemical Abstracts).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa norteamericana fundada en 1908, dedicada á obtención de cianamida cálcica e, dende 1916, á fabricación de produtos químicos derivados. Situada nas cataratas do Niágara, utiliza a súa forza motriz como fonte de enerxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade de investigación económica fundada nos EE UU en 1885 por un grupo de economistas novos (entre os máis destacados figuran R.T. Ely, E. Seligman e H.C. Adams), decididos a renovar o pensamento económico do país, estancado nos tempos finais da ortodoxia clásica. Influída pola escola histórica alemana, adoptou nunha primeira etapa unha tónica vagamente socialista e reformista, que perdeu rapidamente ante a influencia do denominado Marxinalismo, representado por John Bates Clark, e adoptou posteriormente unha oposición ecléctica e aberta.

    VER O DETALLE DO TERMO