"Eza" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 269.

  • Calidade de absurdo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Dar xusto sabor a unha comida por medio do sal e doutros condimentos.

      2. Dispoñer un manxar de xeito que teña boa presentación.

    1. Cubrir de adornos ou aderezos algo.

    2. Poñer as cousas en orde, ben guiadas, cun fin determinado.

    3. Poñerse adornos ou aderezos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ímpeto ou valor co que se realiza unha acción determinada sen ter medo aos perigos ou ás dificultades que se poidan presentar.

    2. Seguridade e firmeza que alguén ten de seu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de agudo.

    2. Capacidade que ten unha persoa para percibir as cousas e para amosar enxeño.

    3. Dito agudo.

    4. Calidade acústica dos sons que dependen da frecuencia dos seus elementos constituíntes; esta frecuencia, na fala, depende da velocidade das cordas vocais e da conformación dos resoantes bucais. A fundamentación nas cordas bucais opera sobre os harmónicos e determina a altura musical, curva melódica ou entoación. Opera sobre eles formando acústicos e determina o timbre.

    5. Poder de percepción e de discriminación dos sentidos.

    6. Poder de visión clara dos detalles. Nos seres humanos depende exclusivamente do estado da retina, pero chega a un límite de percepción que vén dado polo ángulo que forman os dous eixos visuais orixinados polos dous puntos máis próximos que é posible distinguir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de alto, de elevado, especialmente con sentido figurado.

    2. Título ou tratamento de honor dado a infantes, infantas, príncipes e princesas. Foi empregado polos reis de diferentes países de Europa ata o s XVI, cando foi substituído polo de maxestade. Modernamente, o tratamento de alteza real ou alteza imperial dáselles aos príncipes nados de liña directa e agnaticios dun Rei ou dun Emperador; o de alteza serenísima aos seus colaterais, aos soberanos que non son reis, ou aos príncipes mediatizados do Sacro Imperio; o de alteza ilustrísima aos membros das casas condais tamén mediatizados do Sacro Imperio.

    3. Persoa que porta o título de alteza.

    4. Tratamento que recibía a Xunta Suprema do Reino de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de amarelo ou cor amarela que ten unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘ser’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista de orixe húngara, nacionalizado suízo (1942). Discípulo de Dohnányi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xuntar algo que está esparexido en pezas nunha soa, especialmente xuntar varias leiras nunha soa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción valente, calidade de ardido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de áspero.

    2. Desigualdade dunha superficie que fai difícil camiñar por ela.

    3. Trato ou aparencia brusca.

    4. Calidade de áspero que teñen algúns tecidos na súa superficie, presentando un aspecto desigual e rugoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de avezar.

    2. Que ten hábito e experiencia nalgún labor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que alguén adquira un costume.

    2. Facer que alguén aprenda unha determinada arte, unha técnica ou a usar algunha cousa.

    3. Afacer a algúen a que deixe de considerar estraña ou molesta algunha persoa ou cousa.

    4. Adquirir un determinado hábito ou costume.

    5. Practicar algunha cousa para adquirir destreza con ela.

    6. Conseguir que algunha cousa non resulte molesta ou estraña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten aparencia de taboleiro de xadrez, con cadros brancos e negros alternados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, drenado polo río Guadalquivir (16.012 h [1996]). É un centro agrícola (cereais, vide, oliveiras), industrial e gandeiro (cabalos), ademais de cabeza de partido xudicial. Conserva importantes testemuños da arquitectura renacentista andaluza; en moitos deles interveu o arquitecto Andrés de Vandelvira (1509-1575). Destacan a catedral, con restos mudéxares e góticos, a Igrexa de Santo Andrés, a do Convento de San Francisco (1546) e a casa consistorial (1559). Consérvanse as ruínas das antigas murallas. Foi sede dunha universidade da que se conserva o edificio con fachada de 1593.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción coa que alguén se rebaixa na súa dignidade ou na súa propia estima.

    2. Acción indigna ou vil.

    3. Calidade do que é baixo, desprezable ou vil.

    4. Calidade do que está abaixo.

    5. Cousa que carece de importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do sur da provincia de León (Castela e León), na comarca de Valduerna, situado na confluencia dos ríos Tuerto e Duerna, pertencentes á conca do Órbigo (10.492 h [1996]). Cabeza de partido xudicial, é o centro dunha subárea comercial con industria derivada da agricultura. A estrada nacional radial N-VI (Madrid-A Coruña), é o seu principal eixe de comunicación. Está enclavada na antiga Vía da Prata, empregada en tempos dos romanos para o transporte do mineral dende os xacementos ástures ata o porto de Hispalis (actual Sevilla). Esta ruta era a que seguían os peregrinos mozárabes do S da Península Ibérica no seu camiño a Santiago de Compostela. A primeira referencia documental a La Bañeza remóntase ao ano 932, data da doazón dun mosteiro próximo á vila de Vanieza, construído para dar hospedaxe aos peregrinos. Afonso VIII de Castela, logo da Batalla de Las Navas de Tolosa (1212) distinguiu á vila co título de Moi Leal. En 1486, don Pedro González de Bazán, señor de La Bañeza, outorgoulle...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade do que é barato. SIN: baratura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada en Santa María de Cospeito (Cospeito), foi derrubada polo mariscal Álvaro González de Ribadeneira; tan só se conservan restos do foso.

    VER O DETALLE DO TERMO