"Far" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 541.

  • fanfurriñeiro

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Impedir ou atrancar a respiración a alguén.

    2. Cubrir de bafo calquera obxecto ou elemento formado por vidro.

    3. Coller infección unha ferida.

    4. Importunar a alguén teimando nunha petición.

    5. Causar vergoña a alguén ou maltratalo de palabra.

    6. Perder o alento despois de realizar un esforzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carencia total ou parcial, conxénita ou adquirida, das pálpebras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non ten pálpebras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compañeiro de Mahoma. As súas ideas sobre a acumulación de bens deron pé á teoría que considera as doutrinas comunistas como propias do Islam.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei da Taifa de Zaragoza (1046-1081), fillo de Suleimán, dos Banū Hūd. Loitou contra Mu ǧ ahid, Rei de Dénia e das Baleares, a quen derrotou no 1070, acadando que Dénia, aínda que non as Baleares, pasasen a formar parte da súa Taifa, xa incrementada coas anexións de Tortosa e de Lleida. Construíu o Alcázar de Zaragoza que leva o seu nome, a Aljafería ( Ǧ a’afar). Reuniu ao seu carón unha corte erudita e cultivou a filosofía, as matemáticas e a astronomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista de Toledo que escribiu un tratado en árabe (Actas notariais e xudiciais aplicables aos asuntos máis coñecidos).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Segundo Califa abásida (754-775). Arrebatoulles Medina aos descendentes de ‘Alī (762) ao tempo que comezaba a edificación de Bagdad, a onde trasladou a Corte. Malia que durante o seu reinado se proclamou a independencia do Al-Andalus (756) e o N de África se alzou na súa contra (770), consolidou o estado abbásida favorecendo a influencia persa na administración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome árabe do eclesiástico e escritor siríaco Gregorio Bar Hebreu .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor árabe emparentado cos omeias. É autor do Kitab al-agānī (Libro dos cantos), onde explica o ambiente histórico e cultural dos poetas e dos músicos árabes dende a época preislámica ata o s IX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Real Academia Española de Farmacia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nos pólipos, conduto que comunica a boca coa cavidade gástrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reflector colocado nos aeroportos para orientar os avións de noite e facilitarlles a aterraxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pobo que habita na rexión danakil de Etiopía, no SL de Eritrea e no N de Xibutí, do grupo camita. Os afares son os antepasados dos dankalís.

    2. Lingua do grupo cuixítico falada polos afares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depresión de Etiopía situada entre o Nilo Azul e o rift, o mar Vermello e o golfo de Adén. A rexión de Afar, debido ao intenso movemento tectónico da zona e á conseguinte erosión dos depósitos sedimentarios que afloran á superficie, é un lugar xeoloxicamente privilexiado para o estudo das secuencias do Plioceno e Plistoceno e, polo tanto, de gran relevancia para a comprensión da evolución humana. De entre os homínidos de Afar cómpre destacar o conxunto de restos do Plio-plistoceno, descuberto nas prospeccións realizadas dende 1971 por Taieb, Coppens e Johanson. Entre outros, proceden de Afar Lucy (un esqueleto moi completo de femia que Johanson describiu como Australopithecus afarensis), a primeira familia (grupo composto por un macho e un neno) e as descubertas feitas no río Awash, na localidade de Bodo, que inclúen un cranio de Homo erectus evolucionado con trazos físicos do Homo sapiens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo territorio francés na África Oriental. Nome da República de Xibutí do 1967 ao 1977, ano en que acadou a independencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poñer ou poñerse brando ou fofo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • contraveleno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quedar sen grans a espiga por mor da calor que a fixo secar.

    2. Mudar o centeo de cor como manifestación da maduración.

    3. Queimarse o pan por fóra pero quedando cru por dentro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada na Coruña a partir do mes de outubro do ano 1923, baixo a dirección do Cónsul de Uruguai nesa cidade, Xulio J. Casal, sendo o seu redactor-administrador, Afonso Mosquera e o seu director artístico o pintor uruguaio Barradas. O primeiro exemplar con ese título tiña o número 33, xa que era continuación doutra publicación chamada Revista de Casa América-Galicia, (con esta cabeceira como subtítulo saíron os números 33 e 34 de Alfar), e que fora editada a partir de 1921 e ata ese ano. Esta á súa vez continuaba o labor iniciado desde o ano 1920 pola titulada América-Galicia, que antes tamén se publicara baixo o epígrafe de Boletín de Casa América-Galicia. Alfar foi editada na Coruña ata o ano 1926 (o último foi o número 60, correspondente aos meses de agosto-setembro) por Xulio J. Casal; logo por ter que se ausentar este da cidade deixou de publicarse, pero un ano máis tarde baixo a dirección de Juan González del Valle aparecen os números 61...

    VER O DETALLE DO TERMO