"Lucí" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 245.

    1. Acción de abluír ou abluírse.

    2. Para os alquimistas, purificación da materia por sometemento á acción continuada do lume.

    3. Purificación relixiosa dunha persoa xeralmente por medio da auga, baseada na crenza máxica de que o semellante produce o semellante, de modo que a pulcritude corporal acada ou implica a limpeza espiritual precisa para tratar coa divindade. No hinduísmo, practícase en forma de aspersión ou de baño, especialmente nun río sagrado. Entre os musulmáns vén prescrita polo Alcorán antes da oración; no caso de carencia de auga, a ablución, chamada seca, pódese realizar con area. O bautismo cristián é unha ablución inspirada na realizada por Xoán o Bautista no Xordán, pero cunha virtude interna conferida por Xesucristo.

    4. No rito cristián da misa, acción de limpar o cáliz e de lavar os dedos despois da comuñón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de absolver.

      1. Resolución xudicial pola cal se decide a non actuación da pretensión punitiva e a de resarcimento, no seu caso. Dedúcese polas partes acusadoras porque o feito xulgado non é constitutivo de delito ou porque non existe relación entre este e o imputado, ou ben por insuficiencia de probas ou por concorrencia de causas de inimputabilidade, xustificación ou excusa absolutoria.

      2. absolución da demanda

        Feito de ditar o xuíz ou tribunal, nun pleito civil, sentenza denegatoria de todas as peticións efectuadas polo actor no seu escrito inicial ou demanda.

      3. absolución de peticións

        Declaración perante o xuíz e baixo xuramento á que está obrigado todo litigante, acerca das preguntas formuladas por outro litigante, previa aprobación destas polo xuíz dentro da proba de confesión en xuízo.

      4. absolución libre/libre absolución

        Resolución dun proceso xudicial cun pronunciamento que declara inocente ao acusado, eximíndoo de toda condena.

      1. Acción de perdón dos pecados, dada polo sacerdote en nome da comunidade eclesiástica despois dun acto sacramental de penitencia, xa sexa individual, cunha confesión oral, ou colectiva.

      2. absolución xeral

        Absolución outorgada, en forma deprecatoria, despois dunha confesión xenérica ou despois dun acto penitencial feito en comunidade; ten valor sacramental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta dramático latino. É autor de traxedias inspiradas en orixinais gregos, das que se conservan corenta e cinco títulos e varios fragmentos. Destacou tamén na redacción das fabula praetexta, obras de carácter exclusivamente romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral romano. Pompeio designouno Lugartenente seu, fíxoo elixir Cónsul (60 a C) e enviouno a Hispania no momento máis crítico das loitas civís como comandante da Hispania Citerior. Xulio César venceuno na decisiva batalla librada ao S de Lleida (49 a C), na que loitaba xunto con Petreius. Morreu despois da Batalla de Tapsa (46 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo romano. Foi un dos creadores do teatro romano. Considérase que é o pai da comedia que se designa co nome de fabula togata, xénero no que se describen as clases medias urbanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político peruano fundado por Víctor Raúl Haya de la Torre no 1924. Foi concibido nun principio como unha fronte ampla de tipo populista que proxectaba a unidade latinoamericana, pero desde 1927 Haya de la Torre transformou o movemento nun partido de organización monolítica baixo o seu control. Estableceu seccións en Cuba, Perú, México, Costa Rica e Arxentina, pero desde 1931 foi exclusivamente peruano. Visto con hostilidade pola oligarquía e o exército, o APRA venceu nas eleccións dese ano en Perú, pero os resultados foron manipulados por Sánchez Cerro. En 1945 conseguiu tres ministerios no goberno de J. L. Bustamante. Foi perseguido durante o goberno do Xeneral Odría (1948-1956). Alán García, que dirixiu o APRA desde 1982, reconduciu o partido e deulle unha orientación socialdemócrata. En gañando as eleccións de 1985, García asumiu a presidencia do estado, pero nas eleccións de 1990 o APRA foi derrotado pola coalición Cambio 90, liderada por Alberto Fujimori.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘alucinación, desvarío’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de alucinar.

    2. Percepción dun obxecto ou dun estímulo externo inexistente, considerados polo suxeito como reais. Segundo a desorde dos sistemas sensoriais pode clasificarse en: a) alucinacións acústicas, nas que se senten sons máis ou menos elementais (acúfenos) ou voces; b) alucinacións visuais como no delirium tremens, a zoopsia ou visión de animais, xeralmente pequenos e repugnantes; c) alucinacións gustativas e olfativas con sabores e olores estraños; d) alucinacións táctiles, que poden ser pasivas (o individuo sente que o tocan) ou activas (cre que toca obxectos); e) alucinacións cenestésicas e do esquema corporal dentro das que se agrupaban as alteracións de despersonalización e da consciencia do eu e, así mesmo, as alucinacións relacionadas coa lei da gravidade (sensación de voar, de flotar no espacio); f) alucinacións cinestésicas, que producen a impresión de que os músculos se contraen mentres se permanece inmóbil. As alucinacións...

    3. Padecer unha serie de alucinacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de alucinar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que alucina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que impresiona fortemente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Producir unha alucinación nunha persoa.

    2. Cegar, cativar irresistiblemente algo que resulta abraiante.

    3. Padecer ou sufrir alucinacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce alucinacións.

    2. Concepto co que a escola francesa de psiquiatría designa unha forma clínica do delirio crónico caracterizada pola importancia e pola intensidade das alucinacións. Despois dun período de inquedanza e de recelo, a enfermidade entra na fase de automatismo mental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de alucinación na que falta a crenza na existencia do estímulo correspondente á sensación perdida. É consecuencia de lesións do sistema nervioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce alucinacións.

    2. Psicofármaco que provoca modificacións psíquicas transitorias que afectan especialmente á esfera perceptiva. Os seus efectos adoitan reversibilidade. No plano psicolóxico, a súa aplicación produce, primeiramente, unha modificación do ton afectivo, xeralmente cara á euforia; logo sobreveñen alteracións perceptivas, especialmente visuais, sufrindo modificacións da imaxe corporal e sendo frecuentes as cinestesias. A aplicación de alucinóxenos ten valor psicoterapéutico e diagnóstico nas formas iniciais da esquizofrenia e permite o estudio da quimioterapia antipsicótica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena bolboreta coas ás de cor gris e amarela, e as antenas avermelladas. A súa larva, como a doutras trazas, é moi prexudicial para os cereais, tanto no campo como almacenados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Comunidade Autónoma do estado español, situada ao sur da Península Ibérica (87.268 km2; 7.234.873 h [1996]).
    A xeografía física
    Andalucía é unha das rexións exteriores á Meseta; só penetra polo norte no zócolo herciniano, que lle pertence no seu extremo meridional. Resulta, así, un típico relevo mediterráneo, de extrema variedade pola súa orixe alpina, pola súa estrutura e pola súa morfoloxía. De N a S distínguense tres unidades de relevo: a Sierra Morena, a Depresión Bética e as Cordais Béticos. Todo o conxunto gaña gradualmente altitude de O a L e de N a S, acadando a máxima altitude no extremo SL, en Sierra Nevada (3.481 m no Mulhacén, máxima altitude peninsular). A Sierra Morena, ao N, é un cordal esgrevio aínda que de altitudes máis ben modestas (serra Madrona, 1.323 m) que constitúe o límite S da Iberia herciniana. Máis ao S, pero lixeiramente desprazada ao O, a Depresión Bética é unha ampla e triangular fosa alpina de orixe tectónica rechea de sedimentos...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de andaluz.

    2. Idiotismo peculiar na fala dos andaluces.

    3. Palabra ou modismo lingüístico propio do andaluz introducido nunha lingua peninsular, especialmente no castelán, por exemplo juerga.

    4. Movemento político que reivindica algunha forma de autogoberno para Andalucía. Xurdiu de elementos da pequena burguesía federal, intelectuais e profesionais opostos á gran burguesía oligárquica e centralista andaluza. Xa en 1883 a Asemblea de Antequera aprobou un proxecto de Constitución para Andalucía. Blas Infante publicou El ideal andaluz (1915), decantado cara á esquerda. No ano 1918, o Congreso de Ronda fixou a bandeira, o himno e o escudo de Andalucía e, no 1930, o Infante creou a Xunta Liberalista, que se esforzou inutilmente por tratar de sacar adiante un Estatuto de Autonomía. En 1973 naceu a Alianza Socialista de Andalucía, que daría lugar ao Partido Socialista de Andalucía. O andalucismo foi asumido polos diferentes partidos do ámbito político andaluz dende o 1977 e, en 1981, foi aprobado o Estatuto de Autonomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de aluminio anhidro Al2SiO5. Cristaliza no sistema rómbico; os cristais son sinxelos, de forma prismática alongada, raramente transparentes, de cor rosada e de exfolicación clara. Ten dureza 6,5-7,5 e peso específico 3,1. É un mineral abondoso nas rochas metamórficas e é alóxeno nas rochas sedimentarias. O Al2SiO5 é trimórfico: as outras dúas formas de mineralización son a distena e a silimanita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta latino. Foi levado cativo a Roma, e máis tarde foi liberado polo seu amo. Deu a coñecer as obras clásicas gregas, adaptándoas e imitándoas e mesmo traduciu a Odisea. Durante a Segunda Guerra Púnica foille encargado un himno, polo cal está considerado como o iniciador da lírica latina.

    VER O DETALLE DO TERMO