"OAS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 68.

  • Necrópole menfita a 8 km ao norte de Gizeh. Un dos cinco sectores en que está dividido o xecemento contén restos de tres pirámides: dúas construídas en pedra, sendo a máis importante a de Radjedef, sucesor de Kheops (nas súas proximidades atopáronse os enterramentos dos seus funcionarios), e unha en adobe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fungo da clase dos acarpoascomicetos.

    2. Clase de fungos da subdivisión ascomicotina caracterizado por presentar os ascos espidos sen estar asociados a un ascocarpo. Engloba as ordes dos tafrinais e dos endomicetais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente conxuntamente a África e a Asia.

    2. Dise da familia de linguas africanas, segundo a clasificación de J. H. Greenberg, asimilable con algunhas modificacións á camito-semítica. A familia afroasiática subdivídese nas pólas seguintes: semítico, exipcio, bérber, cuixítico, omótico e chadiano.

    3. Conxunto de países de Asia e de África, unidos por lazos de solidariedade e pola súa común actitude fronte ás antigas metrópoles no proceso de descolonización destes dous continentes. O bloque comezou a configurarse na Conferencia de Nova Delhi (1949), se ben nese momento era maioritariamente árabe-asiático. As liñas principais da súa política establecéronse na Conferencia de Bandung (1955). Na Conferencia do Cairo (1957-1958), á que non asistiron algúns estados que acusaban a conferencia de procomunista, instituíuse unha organización permanente, a Organización de Solidariedade cos Pobos Afroasiáticos (OSPA). Malia que a OSPA non se disolveu, nunca conseguiu reunir o conxunto de estados africanos e asiáticos debido aos múltiples motivos internos e externos de disgregación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do NL do Brasil [29.107 km2; 2.685.000 h (estim 1995)]. A capital é Maceió. É un dos estados máis pequenos do país, pero ten unha elevada densidade de poboación (92,24 h/km2). Está formado por unha extensa chaira costeira na que se cultiva millo, algodón, coqueiros, cana de azucre e, en menor medida, mandioca, café, arroz, tabaco e bananas, e un sector interior elevado con plantacións tropicais e gandería. O río principal é o San Francisco, que forma fronteira co estado de Sergipe. O clima é tropical, con chuvias distribuídas entre maio a outubro e fortes secas o resto do ano. Ten importantes pozos de petróleo, minas de amianto e unha grande central hidroeléctrica (Paulo Afonso). A capital e as principais cidades (Penedo, Palmeira dos Indios, Rio Largo e Unión do Palmares) concentran a industria do algodón, química e alimentación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Código de costumes marítimos de Amalfi formado por 66 capítulos, 21 dos cales están en latín e os outros 45 en lingua vulgar. Do s XI ou do XII, tivo unha grande importancia no Mediterráneo, ata que o Llibre del consolat de mar (Libro do consulado de mar) o desprazou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oasis exipcio, actualmente denominado oasis de Sīwa. É o máis setentrional dos cinco oasis situados no deserto líbico ou occidental. Coñécese sobre todo porque Alexandre o Grande consultou alí o famoso Oráculo de Zeus ou Xúpiter Ammón. Consérvanse algunhas antigüidades que van da época faraónica á romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Punto da órbita dun astro secundario ou dun satélite artificial no que este se atopa á maior distancia do principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade interdisciplinaria que agrupa astrónomos, arqueólogos e outros especialistas e que estudia os coñecementos astronómicos da Antigüidade. Intenta desenvolver interpretacións e explicacións de estruturas arqueolóxicas supostamente baseadas no astronómico (monumentos megalíticos, pirámides exipcias, etc) así como avaliar os coñecementos e os métodos orientados á Astronomía das culturas do pasado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira meridional da península do Morrazo, en augas da ría de Vigo, que pecha polo L a enseada de Moaña, na parroquia de Meira, concello de Moaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illote da ría de Vigo, situada ao SL da punta homónima, na parroquia de Meira, concello de Moaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Erupción cutánea pustulosa, característica dunha doenza contaxiosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Curtametraxe realizada en Galicia por Raúl Veiga, adaptada libremente dun relato homónimo de Xosé Luís Méndez Ferrín. Foi a base para a elaboración dunha longametraxe titulada A metade da vida (1994), filme intimista que non tivo boa acollida do público.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista galega editada no ano 1929 en Caracas, capital de Venezuela. Foi subtitulada “Boletín informativo mensual da Irmandade Galega”. A coordinación xeral estaba a cargo da secretaría de relacións públicas da Irmandade. A revista daba conta das actividades deste centro galego, con información sobre deportes, actuacións de grupos de baile tradicional galego, de grupos de música galega, xiras de grupos galegos por Hispanoamérica, como Fuxan os ventos, ou actos conmemorativos como as homenaxes que se lle fixeron a Rosalía de Castro e Miguel Hernández. Tamén aparecían artigos literarios como un asinado por Mary Carmen Fernández sobre Manuel Antonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo e lingüista norteamericano de orixe alemana. Precursor da Antropoloxía moderna, estudiou os esquimós da Terra de Baffin e os indíxenas da Columbia Británica. Impartiu clases de Antropoloxía na Clark University e na Universidade de Columbia. Rexeitou as grandes escolas de pensamento da época: Evolucionismo e Difusionismo. Opoñéndose ás clasificacións tradicionais e arbitrarias da Antropoloxía, estableceu que os tipos pretendidamente raciais considerados inmutables, como o índice cefálico, sofren transformacións en función das formas de vida, demostrando deste xeito a imposibilidade de definir un tipo biolóxico ou racial mediante medias. Defendeu a necesidade de realizar investigacións partindo dunha base empírica e descritiva, e considerando cada caso dun modo particular. Desemboca así nunha crítica radical da noción de raza e da oposición entre primitivo e civilizado. No ano 1917 fundou o International Journal of American Linguistics. Entre outras obras súas cómpre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ponteceso baixo a advocación de san Xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘coche’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema de comunicación por medio de ondas radioeléctricas consistente nun centro emisor e nun ou varios receptores portátiles persoais.

    2. Receptor dun sistema buscapersoas. OBS: Nun rexistro coloquial tamén se emprega a forma apocopada busca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico psiquiatra. Estudiou medicina en Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1942. Discípulo de Pérez Villamil, foi profesor de medicina legal e de psiquiatría na facultade de Medicina de Santiago de Compostela. No ano 1953 doutorouse na Universidad de Madrid coa tese La Psiquiatría en la medicina popular gallega. En 1959 obtivo a praza de director-médico do Sanatorio Psiquiátrico de Toén, facendo deste centro a escola oficiosa da maioría dos especialistas de Galicia. Enlazou coas correntes da nova psiquiatría que difundiu por Galicia como continuador da obra de Pérez Villamil e converteuse na principal referencia da psiquiatría moderna en Galicia. En 1970 abandonou a docencia universitaria. Entre as súas múltiples iniciativas destacou, a principios dos anos setenta, o seu documento de reforma de hospitais psiquiátricos de Galicia, un primeiro plan para transformar os dispositivos psiquiátricos das deputacións galegas. O seu prestixio internacional levouno a visitar as...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Rio Grande do Sul, Brasil, ao N de Porto Alegre (287.505 h [1995]). Posúe varias refinerías de petróleo que a converten nun importante centro da industria petroquímica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da rexión Central, en Ghana (86.620 h [1984]). Situada sobre rocha granítica, atópase á beira dun lago de auga salgada separada do mar por unha franxa areosa. O seu porto está no golfo de Guinea. A actividade económica principal é o comercio de xoias, marfil e ouro. Foi unha das primeiras colonias de Portugal, pasando en 1641 a mans de Holanda e en 1665 a Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO