"PROM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 55.

  • Documento asinado en outubro de 1930 por representantes do Nacionalismo, do Republicanismo e do Agrarismo galegos nunha xuntanza celebrada no pazo de Barrantes, en Ribadumia. Tiñan como finalidade fixar unha serie de obxectivos comúns como a liquidación do caciquismo e do centralismo, a consecución da autonomía plena de Galicia e a consolidación dun réxime político que emanase da soberanía popular; tamén pretendía a cooficialidade do galego e do castelán, a galeguización do ensino e a liberalización da terra e do labrego. Entre os asinantes figuraban Castelao, Otero Pedrayo, Casares Quiroga, Portela Valladares, Basilio Álvarez e Peña Novo, entre outros persoeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Declaración asinada o 24 de xuño de 1412 pola que se designaba o sucesor do Rei Martiño o Humano ao trono de Aragón, quen morrera sen sucesión directa. Os xuíces escoitaron os legados dos diversos candidatos (Jaume d’Urgell, Luís de Anjou, Fernando de Castela, Federico de Luna e Afonso duque de Gandía), pronunciáronse a favor de Fernando de Castela e instauraron a dinastía dos Trastámara na Coroa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñecía na Antigüidade o cabo Touriñán. Estrabón tamén o denomina cabo Nerion, xa que nesta zona habitaba o pobo dos célticos nerios (celtici neri).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fármaco antipsicótico. É un aceite con olor a amina; o seu clorhidrato é un sólido moi soluble en auga que funde a 195°C. Emprégase como tranquilizante en estados psicóticos e, especialmente, na deshabituación ao alcol, como antiemético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de cultivo que se basea na existencia simultánea de plantas de diversos cultivos nun mesmo campo, de xeito que un deles sirva como apoio dos outros. É típico dos países mediterráneos e das áreas de solo húmido ou de regadío. Dáse normalmente en pequenas explotacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen compromete ou pode comprometer a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Pór alguén ou algo nun compromiso.

      2. Facer que alguén interveña nun asunto no que se arrisca ou que faga ou diga algo que non lle convén.

      3. Mesturar a alguén en algo, deixándoo nunha situación crítica ou ligándoo aos propios intereses.

      4. Descubrir a participación de alguén nun asunto normalmente delitivo.

      1. Acordar algo dúas ou máis persoas.

      2. Prometer en matrimonio.

    1. Facer que alguén se sinta obrigado a intervir nalgún asunto ou a realizar algo.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de comprometer ou comprometerse.

    2. Que é difícil ou complicado.

    3. Que forma parte ou serve a unha causa determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de comprometer ou comprometerse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbitro nomeado para decidir unha cuestión litixiosa. Pode ser de dereito, se é un letrado e decide conforme ás normas xurídicas; ou de equidade, se non é xurista e decide en función do seu leal criterio.

    2. En certas eleccións, elector a quen os outros lle coutorgan poderes para elixir.

    3. Representante designado nas eleccións primarias de certos sistemas electorais, para que vote nas secundarias ou nas dun grao ulterior. Trátase dun sistema común nos EE UU e nalgúns países latinoamericanos para a elección do presidente da república. No Estado español, só existiu en 1877 para a elección de senadores e en 1931 para a elección do presidente da república.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Obrigación contraída entre persoas por unha promesa, unha palabra dada, etc.

      2. Na literatura, no cine ou en calquera outro medio artístico, tendencia que concibe a obra co obxectivo fundamental de que interveña na transformación da sociedade, desde un punto de vista ideolóxico ou político. Oponse á concepción da “arte pola arte”, que vindica o valor estético das manifestacións artísticas e que lle nega a capacidade de operar cambios na sociedade. No eido literario houbo, ao longo da historia, momentos nos que a implicación dos intelectuais na dinámica socio-política foi máis acusada, como aconteceu no romanticismo (Vic22tor Hugo e Mariano J. de Larra) e no realismo (Èmile Zola). Hai que salientar as achegas de Jean-Paul Sartre á reflexión sobre o papel do escritor na sociedade a través da revista Les temps modernes e do ensaio Qu’est-ce que la littérature? (Que é a literatura?, 1974). Un modelo de literatura comprometida foi a obra dramática de Bertolt Brecht, na que a implicación política e social vinculouse ao pulo renovador de formas e técnicas....

    1. Situación difícil ou crítica na que é complicado decidir qué facer. Na tradición oral recóllense ditos como: “Moi mal me quer o que nun compromiso me quixo meter”.

      1. Contrato especial formalizado en escritura pública polo que as partes dunha controversia estipulan que o conflito existente entre elas sexa resolto por terceiras persoas, unha ou máis en número necesariamente impar, designadas por elas mesmas. As partes teñen o acordo expreso de acatar a súa decisión.

      2. Escritura ou acta na que consta o compromiso das partes a someterse a unha arbitraxe imparcial.

      3. Resolución dun litixio por arbitraxe.

      1. Delegación que, co fin de elixir os ocupantes de determinados cargos civís ou eclesiásticos, fan os electores nun deles ou en máis dun para designar o que debe de ser nomeado para o cargo.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao compromiso.

    2. cláusula compromisoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Impulso obsesivo cara ás materias fecais e aos ouriños.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quitar o chumbo dun aparello de pesca.

    2. Caer o chumbo dun aparello de pesca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Memoria pasiva unicamente de lectura, que pode ser borrada e reprogramada polo usuario. Baséase na tecnoloxia FAMOS, isto é, MOS de porta flotante. O dispositivo presenta dúas portas superpostas, de emtal ou silicio polocristalino, unha delas en contacto co exterior e a outra flotando dentro do óxido. Cando se conecta unha tensión elevada á porta exterior e ao drenador, inxéctase unha carga que impide que se forme o canal cando se aplica unha tensión usual na porta, e fai que o MOSFET non sexa condutor, o que equivale a dicir que hai un 1 rexistrado. Se se quere borrar a información rexistrada nunha memoria EPROM, hai que aplicarlle unha radiación ultravioleta a través dunha fiestra que permite o paso da luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composición musical de forma libre e estilo brillante, baseada na improvisación. Foi cultivada especialmente polos pianistas e compositores do s XIX, como Liszt, Schubert, Chopin e Fauré.

    2. Epigrama, madrigal ou canción improvisados, xeralmente cunha estrutura rimada. Ten a súa orixe no Renacemento italiano, e empregouse como exercicio de enxeño na corte francesa dos ss XVII e XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo público, creado en 1975, dependente do Ministerio de Educación e Ciencia e que ten a súa orixe no antigo Patronato de Protección Escolar (1944). A súa principal finalidade é a promoción e asistencia do estudante a través da concesión de bolsas e axudas para que poida continuar os seus estudios nos distintos niveis do sistema educativo ou outros estudios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lesión específica da lepra que consiste nunha tumoración dérmica de dimensións variables, negra, prominente, redondeada e dura, con caída de pel e anestesia completa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Memoria pasiva programable.

    VER O DETALLE DO TERMO