"Sem" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 381.

  • desenvurullo

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor hebreo. Fixo traducións do árabe ao hebreo. A súa fama provén da refundición que fixo en prosa rimada da lenda arábiga do Buda, coñecida por Barlaam e Xosafat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta alemana. Especialista en salto de altura, estilo ventral. Competiu nos Xogos Olímpicos de Múnic 1972, nos de Montreal 1976 onde acadou a medalla de ouro cun salto de 1,93 m. No ano 1977 conseguiu superar os 2 m. Retirouse en 1980 logo de quedar de cuarta nos Xogos Olímpicos de Moscova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor israelí. A súa obra, escrita en hebreo, rememora o mundo en disolución da diáspora en Polonia: Haknassat kal·la (O dote da noiva, 1929), Oréah nata lalun (Un inimigo quedou para pasar a noite, 1940). Coa creación do estado de Israel achegouse aos problemas dos emigrados na edificación da nova sociedade en títulos como ‘Tmol Silsom (Antonte, 1945) e Sira (1971). En 1966 concedéuselle o Premio Nobel de Literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación militar das tropas españolas en Marrocos, o 8 de setembro de 1925. O ataque de Abd el-Karim no peñón de Alhucemas provocou un desembarco dirixido por Primo de Rivera. A operación permitiu tomar o peñón e, despois,   Xauen e Axdir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor valenciano. Foi discípulo de Joaquín Sorolla e membro da Academia de San Fernando. Pintou escenas típicas da Comunitat Valenciana e de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Parroquia do concello de Castro de Rei baixo a advocación do Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Ansemil Parroquia do concello de Silleda baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Celanova. baixo a advocación de Santa maría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Silleda. baixo a advocación de San pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada no concello de Silleda que formaba parte dun antigo mosteiro fundado polo bispo Sisnando e outros particulares no ano 919. Outras hipóteses propoñen unha fundación máis tardía (ss IX-X) como mosteiro dúplice. A mediados do s XII consta que en San Pedro de Ansemil houbo unha comunidade bieita, que o continuou habitando ata a súa anexión ao de San Paio de Antealtares. O edificio primitivo presenta importantes reformas que non alteraron plenamente o seu aspecto prerrománico: cabeceira dunha única capela rectangular de grandes proporcións e pechamento recto nos extremos das naves laterais. A reforma románica consistiu na adición de columnas, capiteis, arcos, modificación dalgunhas ringleiras dos muros e reutilización como perpiaños de determinadas pezas, en especial no muro norte e no testeiro; esta reforma pode datarse cara ao 1171, segundo se deduce das semellanzas que presenta con outros templos da zona como o de San Martiño de Dornelas. As capelas laterais presentan unha...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo antropónimo galego composto polos elementos xermánicos ans ‘Deus’ e mirus ‘sonado, célebre’. Deste nome vén o topónimo Ansemil e, se cadra, tamén Ansemar. Non hai ningún santo con este nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome galego procedente do xermánico ans ‘Deus, divino’ e munds ‘protección’; xa que logo, ten unha orixe próxima á de Anselmo. Non hai ningún santo con este nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao antisemitismo.

    2. Persoa partidaria do antisemitismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao antisemitismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Animadversión aos xudeus como grupo étnico. A historia do antisemitismo é complexa e está chea de paradoxos. As primeiras manifestacións antisemitas partían do principio relixioso do antixudaísmo, que atribuía aos xudeus a culpabilidade criminal da morte de Cristo; esta actitude correspondíase cun momento do discurso racista en que o xudeu era considerado como deicida e infiel. A segunda manifestación antisemita resulta de engadir consideracións económicas ao antisemitismo relixioso, momento no que xurdiu a imaxe do xudeu usureiro e rico, do capital negro internacional xudeu, etc, que alimentou o antisemitismo moderno. O termo apareceu por primeira vez en 1880 en publicacións alemanas para designar un movemento diferente de anteriores persecucións contra os xudeus e tiña como base o factor racial e non o relixioso. A finais do s XVIII, A. von Schlözer e J. G. Eichhorn foron os primeiros en falar de nacións semíticas. Fronte a estas, F. Bopp falou a principios do s XIX de linguas...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se diferenza claramente do medio.

    2. Dise da coloración protectora que fai vivamente desagradable un animal, fronte aos seus presuntos depredadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bilingüe de investigación, xurdida en 1927 como órgano de difusión do Seminario de Estudos Galegos. Era editada por Lar na Coruña. Desapareceu co sexto tomo, nos anos 1933-1934. Colaboraron, entre outros: Florentino López Cuevillas, Bouza Brey, Otero Pedrayo, Filgueira Valverde, Parga Pondal, Xesús Carro, Antonio Fraguas, Carballo Calero e outros autores xa consagrados das letras galegas. Nestes Arquivos aparecen numerosos artigos referidos a historia, heráldica, arqueoloxía, ciencias naturais e zooloxía. A publicación procura mesturar o estudo e a investigación da cultura galega coa promoción deses coñecementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Circunscrición administrativa de segunda orde de Francia e Bélxica. É máis pequena ca o departamento ou provincia, pero máis extensa ca o cantón.

    2. En Francia, circunscrición administrativa dunha cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ó mesmo tempo, simultaneamente.

    VER O DETALLE DO TERMO