"VOR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 122.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma sufixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘que come’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra publicada no 1803 polo ilustrado Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, cóengo do cabido compostelán, na que se defende a autenticidade histórica da Batalla de Clavijo como alicerce que fornece a Igrexa compostelá do dereito á percepción do Voto de Santiago, mediante o cal esta se vencellaba á Coroa. Forma parte do grupo de publicacións que entre finais do s XVIII e principios do XIX respostan a aqueloutras que, co mesmo afán por atopar xustificación nos datos históricos, opóñense ao tal voto dende os círculos apoloxéticos que proliferan na época.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se alimenta de baias.
-
PERSOEIRO
Compositor e pianista. Estudiou na Royal Academy of Music de Londres. Influenciado por Yeats, a súa obra inspírase no Romanticismo e está influenciada polo folclore irlandés e misticismo céltico. Da súa produción destacan: The garden of fand (1916), November woods (O bosque de novembro, 1917) e Tintagel (1919).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Sarria baixo a advocación de santo Estevo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que se alimenta de carne, especialmente os animais de hábitos predadores, como os das ordes dos carnívoros e dos pinnípedos, que capturan fundamentalmente presas vertebradas.
-
Aplícase á planta que atrapa pequenos animais, principalmente insectos, que lle proporcionan nutrientes. Son exemplo de plantas carnívoras as familias sarraceniácea, nepentácea, droserácea (sobre todo os xéneros Dionaea e Drosera) e lentibulariácea (os xéneros Pinguicula e Utricularia). Os tres últimos xéneros están presentes en Galicia.
-
-
Mamífero da orde dos carnívoros.
-
Orde de mamíferos caracterizados por unha dentición na que destaca o gran tamaño dos caninos, de función punzante, e a aparición de moas carniceiras, cortantes, como especialización do cuarto premolar superior e do primeiro molar inferior. Tamén son características dos carnívoros: as mandíbulas, que só permiten movementos verticais de grande abertura; as clavículas atrofiadas, que preveñen problemas articulares; o aparato dixestivo sinxelo, pola facilidade de asimilación da súa dieta fronte aos animais herbívoros; o encéfalo desenvolvido, que coordina os reflexos e a intelixencia que precisa a vida depredadora; a vista desenvolvida, incluso para condicións de pouca luz; o oído notable; as glándulas odoríferas, dispostas na rexión anal e que están especialmente desenvolvidas nos mustélidos e nos vivérridos, e que nalgunhas especies como as mofetas e os touróns poden expelir substancias fétidas a distancia e servir de defensa;...
-
-
-
MONTES
Monte da serra do Eixe, situado na parroquia de Vilanova, concello da Veiga. O seu cumio acada os 1.437 m de altitude. Recibe o seu nome polas formas de erosión das súas vertentes, orixinadas polas correntes superficiais das augas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Forma de relevo provocada pola incisión das augas torrenciais. Prodúcese en medios áridos, sobre rochas brandas situadas en pendentes fortes, onde a cuberta vexetal é rara ou incluso inexistente.
-
Camiño fondo entre montañas por onde pasa un regueiro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poemario de Xosé Luís Méndez Ferrín, publicado en 1976. A súa proposta concéntrase en dous eixes temáticos principais, expresados no propio título: a “pólvora”, que é símbolo de revolución, de loita, do nacionalismo, do compromiso e da reivindicación; e a “magnolia”, que implica introspección íntima e problemática existencial, isto é, poesía combativa combinada cunha expresión lírica e intimista. Consta de 22 poemas estruturados en tres partes: os primeiros dezaseis poemas; a serie “Triste Stephen”, que se divide en cinco seccións; e o poema final “Reclamo a libertade pró meu pobo”, unha especie de epílogo en correlato co poema inicial no que tamén hai un canto á liberación de Galicia. Un dos motivos dominantes é o paso do tempo, sobre todo nos poemas máis autobiográficos nos que o poeta lembra a infancia e a mocidade. Ás veces afróntao desde unha perspectiva nostálxica, cargada de tristura, ou vinculada ao sentimento de saudade; outras, con dor e con espanto. A metáfora do río, que se...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización sindical italiana fundada en 1906 e controlada polos socialistas ata a chegada de Mussolini. Ao rematar a guerra, socialistas, comunistas e democratacristiáns repartíronse equitativamente as tres secretarías, pero en 1948 estes últimos fundaron a Confederazione Italiana Sindicati Lavoratori (CISL). En 1949, unha parte dos socialdemócratas e dos republicanos, separados tamén da CGIL, fundaron a Unione Italiana del Lavoro (UIL). Durante a primeira metade dos anos setenta, a CGIL participou na radicalización sindical pero máis tarde os comunistas e os socialistas moderárona a causa da crise económica do país.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dar a volta a algo que está envorcado.
-
-
Desatención ou desprezo que se lle fai a alguén.
-
Perda do favor.
-
Prexuízo que se lle ocasiona a alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non é favorable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen desfavorece.
-
-
Provocar dano ou prexuízo.
-
Prexudicar o aspecto físico de alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
de desfavorecer.
-
VER O DETALLE DO TERMO
desloor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos seres vivos que se alimentan de materia orgánica en descomposición, vexetal ou animal. Nos ecosistemas terrestres están representados, entre outros, por algunhas formigas, lesmas, cempés, miñocas e colémbolos. Abundan mesmo nas augas onde o proceso de descomposición é lento, como acontece con moitos poliquetos, moluscos bivalvos ou crustáceos. Tamén reciben o nome de detritófago.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de devorar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen devora.