"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

  • Relativo ou pertencente á cromolitografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Complexo formado por unha proteína específica conxugada cun pigmento. As cromoproteínas forman un grupo que inclúe: pigmentos respiratorios, como a hemoglobina, a clorocruorina e a hemocianina; fotosintetizadores, como a ficocianina e a ficoeritrina; os citocromos e as flavoproteínas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á cronoestratigrafía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á cronografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cravar a alguén nunha cruz para causarlle tormento ou matalo.

    2. Causar unha extremada molestia física ou moral a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bilingüe publicada por Ediciós do Castro a partir de 1970 e da que se editaron sete números. No primeiro deles recolleu traballos de Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo sobre as creacións elaboradas polo Laboratorio de Formas, pertencente a Cerámicas do Castro. Os seguintes números foron monográficos; o segundo, titulado “O libro galego a discusión”, de novembro de 1974, incluíu as conclusións do I Seminario encol do Libro Galego con textos de Ramón Piñeiro, Luís Seoane, Fernández del Riego e Ricardo García Suárez; no terceiro, de abril de 1975, titulado “Presencia de Galicia”, aparecen diversas fotografías da fachada de Praterías da catedral e das gárgolas do antigo hospital de peregrinos de Santiago de Compostela; o cuarto reproduce conferencias de Ramón Piñeiro, García-Sabell, Rof Carballo e Rafael Dieste sobre a cultura galega na inauguración da Galería Sargadelos en Madrid. En maio de 1978 lanzou o quinto número titulado “Testemuñas e perspectivas en homenaxe ao Seminario de Estudos...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. De segundo grao.

    2. Converxencia de variables aleatorias que teñen momento de segunda orde finita (varianza finita: E(|x 2 |)<+?) e que se caracteriza pola distancia en media cuadrática d(x, y)=+? --—-E(|x ----y| 2 ); é dicir, que (x n ) converxe en media cuadrática a x se d(x n , x) tende a cero cando n tende ao infinito. Esta converxencia implica a converxencia en probabilidade, pero non totalmente segura.

    3. Ecuación de segundo grao ax 2 +bx+c=0, ou, en forma reducida, x 2 +px+q=0. Unha ecuación cuadrática pura é a da forma ax 2 +b = 0. En ax 2 + bx + c = 0, a fórmula da solución é
      GRAFICO
      a cantidade b 2 -4ac chámase discriminante.

    4. Polinomio homoxéneo de segundo grao, ou sexa
      GRAFICO
      se os valores do polinomio son sempre positivos dise que a fórmula é definida positiva e no caso dunha posible anulación para certos valores das variables, semidefinida positiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de cadrados que resulta de trazar nun papel liñas paralelas cortadas perpendicularmente por outras.

      2. Cada un dos cadrados que forman parte dunha cuadrícula.

    1. Conxunto de liñas rectas, debuxadas sobre un mapa, que resultan de proxectar no plano a latitude e a lonxitude, e que se empregan para fixar a posición dun punto do mapa respecto á orixe de coordenadas. O tipo de cuadrícula depende do tipo de proxección empregada.

    2. Conxunto de raias trazadas sobre un debuxo ou unha fotografía que se dividen en cadrados e que se empregan para reproducilo (agrandándoo ou reducíndoo) sobre un papel que tamén se dividiu nun número igual de cadrados.

    3. Resultado de dividir unha zona urbanizable en zonas cadradas.

    4. Cada unha das subdivisións dos sectores da zona de traballo dunha escavación arqueolóxica.

    5. Cada unha das estruturas que, segundo Piaget, caracterizan o pensamento formal do adolescente.

    6. Opción de varios programas de debuxo que permite que se pinten liñas en determinadas posicións, coma se se debuxasen as liñas dun papel para gráficos. A cuadrícula fai que sexa moito máis fácil debuxar liñas paralelas e perpendiculares, deseñar diagramas e evitar crebamentos irregulares. Pero, cando se activa a cuadrícula, hai posicións nas que non se pode debuxar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tiro de catro cabalos de fronte.

    2. Carro de carreiras, utilizado na antigüidade grecorromana, tirado por catro cabalos de fronte, dous a cada lado do temón. Empregábase nas carreiras do circo e nas paradas triunfais. Reproduciuse como motivo iconográfico en mosaicos, esculturas e relevos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar onde se cruzan catro camiños.

    2. Grupo de catro estudios científicos integrado pola aritmética, a xeometría, a astronomía e a música que conformaban un dos grupos pertencentes ás artes liberais. Durante a Idade Media ensinouse o cuadrivio tanto nas escolas monásticas coma nas episcopais. A palabra apareceu por primeira vez en Boecio e o seu ensino, xunto co trivio, difundiuse a partir do s IX, cando as artes liberais constituían a base do ensino escolástico. As materias do cuadrivio xa se baseaban no esquema escolar elaborado por Platón e duraban dez anos. O cuadrivo pertencía ás ciencias exactas, mentres que as ensinanzas do trivio formaban parte das ciencias humanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caracterizar a alguén ou a algo cunha determinada calidade ou característica.

    2. Avaliar ou determinar as calidades ou perfección de algo ou alguén segundo uns baremos determinados.

    3. Presentar o escrito de cualificación nun proceso penal.

    4. Superar unha proba eliminatoria que permite pasar á seguinte nunha competición estruturada en distintas fases.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Determinar a cantidade dalgunha cousa.

    2. Aplicar unha cuantificación.

    3. Determinar a cantidade lóxica dunha proposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfuro dobre de cobre e de ferro, de fórmula SuFe2S3. Cristaliza no sistema rómbico, xeralmente en cristais pequenos e laminares incluídos en calcopirita. Ten dureza 3,5 e peso específico 4,03-4,18.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao cubo.

    2. Que ten forma de cubo ou é semellante a el.

    3. De terceiro grao.

    4. De índice 3.

    5. Sistema cristalino formado por cinco clases cristalinas que teñen en común o feito de posuír catro eixes ternarios equidistantes os uns dos outros e que orixinan tres eixes binarios perpendiculares entre eles e equidistantes dos anteriores, cos que forman ángulos de 54°44’. O poliedro fundamental é o cubo. As arestas son os eixes cristalográficos do sistema que se interseccionan perpendicularmente α=β=γ=90°. Tamén recibe o nome de sistema regular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo industrial fundado en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) en 1963, líder mundial no mercado da lousa e das rochas ornamentais. Está integrado por máis de 25 empresas. A súa facturación no ano 2000 superou os 25.000 millóns de pesetas (150,25 millóns de euros), dos que case a metade, 12.000 millóns (72,12 millóns de euros), corresponderon á lousa, da que produciron 164.000 toneladas (o 25% das ventas de lousa española). En 2001, as empresas do grupo daban emprego a máis de 1.200 traballadores. O director xeral é Manuel Fernández Blanco. O grupo CUPIRE acometeu un proceso de expansión que o levou, dende os seus núcleos de orixe valdeorreses e bercianos, a establecerse noutros puntos de Galicia e, posteriormente, en Andalucía, Castela e León, Portugal, Francia e Brasil. Ademais de consolidar a súa posición de privilexio no mercado da lousa, introduciuse, trala adquisición no ano 2000 do grupo Ramilo, no do granito. A súa actividade diversificouse coa produción de mármore en Brasil e...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á antiga cidade de Al-Kūfa, no Irak meridional, ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante da antiga cidade de Al-Kūfa.

    1. Aplícase ao tipo de escritura árabe empregado durante os ss VII-X, de caracteres angulosos e ríxidos. Utilizouse en inscricións sobre madeira e nos primeiros exemplares do Alcorán.

    2. Aplícase ás moedas musulmanas dos ss VII-XI e ás de Italia do S e Sicilia, dos ss XI-XII, que tiñan inscricións con este tipo de escritura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • č (Melitopil’, Zaporižžja 1921) Realizador cinematográfico ucraniano. Dirixiu os filmes Sorok pervyj (O corenta e un, 1957), Balada o soldate (A balada do soldado, 1959) e Zili byli ctarik co ctarukhoj (Había un vello e unha vella, 1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Realizar na terra todos os labores necesarios para que sexa produtiva.

      2. Plantar e coidar as plantas para que medren.

    1. Criar seres vivos nunhas condicións adecuadas con fins científicos ou industriais.

    2. Exercitar certas facultades ou capacidades para buscar o seu perfeccionamento.

    3. Consagrar tempo e un coidado especial a unha actividade científica, artística ou intelectual.

    4. Facer o necesario para manter con interese aquilo que se expresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Categoría taxonómica de rango infraespecífico e distinta da variedade que aparece nas plantas cultivadas por procesos de hibridación, mutación e selección, entre outros. Tamén se denomina variedade cultivada.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de traballos destinados a coidar a terra e as plantas para obter un maior proveito có desenvolvido espontaneamente pola natureza. Estes traballos estrutúranse nos sistemas de cultivo. Os agrupamentos humanos, en rexións onde predomina o bosque ecuatorial, utilizan un cultivo itinerante que consiste no aproveitamento de claros, arranxados mediante a queima do bosque, que se abandonaban por estériles despois dalgunhas colleitas; algúns pobos congoleños, como os fang, e certos pobos de Insulindia continúan a practicar estas técnicas. Os habitantes das montañas de Indochina ou os indios brasileiros utilizan sistemas agrícolas semellantes. Por outra banda, certos sistemas de cultivo en terras de latitudes medias usaron a limpeza do monte mediante rozas. A formación de sociedades sedentarias estivo condicionada en parte pola consecución dunha notable mellora nas técnicas agrícolas. As máis importantes en terras de clima seco son o barbeito e a rotación de cultivos. Os sistemas de cultivo...

      2. cultivo hidropónico

        Coidado de plantas no que as raíces están suspendidas en auga ou nun substrato inerte, como a area de cuarzo, con nutrientes en disolución.

      1. Superficie de terra cultivada.

      2. Produto que se cultiva nunha superficie de terra.

      1. Poboación activa microbiana que creceu nun medio de cultivo, xeralmente constituído por glícidos simples, como a glicosa, proteínas facilmente asimilables e sales minerais inorgánicas que proporcionan fundamentalmente xofre, fósforo, magnesio, cloro, sodio, potasio e calcio.

      2. cultivo gnotobiótico/cultivo poliaxénico

        Microecosistema artificial creado en condicións de laboratorio, onde se controla unha serie de especies de microorganismos para estudar a alimentación, a medra e as relacións ecolóxicas entre distintas especies.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO