"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
-
Lugar no que se arquivan, conservan, expoñen e proxectan materiais cinematográficos.
-
Colección de filmes.
-
-
-
Tese filosófica.
-
Razonamento científico ou estudo filosófico na filosofía de Aristóteles.
-
-
-
-
Ciencia universal que reflexiona sobre o pensar. De acordo coa etimoloxía grega, é unha procura da verdade por si mesma a través dunha actitude exclusivamente racional. Trátase dun pensamento racional e crítico, máis ou menos sistemático, sobre a natureza do mundo, a xustificación da crenza e a condución da vida, que dá lugar a un conxunto organizado de verdades que se refiren á esencia das cousas. Ao ser unha actividade crítica dun xeito radical e absoluto, non acepta ningunha suposta verdade sen unha primeira análise racional. Os sistemas filosóficos xeran cosmovisións como interpretacións globais e racionais da realidade e da vida, dotándoas de sentido. Desde os seus inicios dividiuse en varias disciplinas que centraban o seu estudo nun ámbito diferente da realidade e do saber. Na Antigüidade, mentres que Platón distinguiu entre materia e ideas, Aristóteles preferiu falar da ética, da estética ou poética, da psicoloxía, da política, da física, da metafísica e da lóxica. No s XVIII a...
-
filosofía da arte
estética.
-
filosofía da ciencia
Disciplina filosófica que trata, por un lado, de establecer a xustificación e obxectividade do coñecemento científico, denominado tamén epistemoloxía da ciencia; e, por outro, a metafísica da ciencia que intenta resolver os aspectos filosoficamente enigmáticos da realidade que non están cubertos pola ciencia.
-
filosofía da historia
Disciplina filosófica que trata de establecer, entre outras, a natureza da comprensión histórica, a significación ou propósito do proceso histórico, os factores fundamentais no seu desenvolvemento e cambio, a posibilidade de obxectividade no proceso histórico e o tipo de verdade que se adscribe ás interpretacións históricas.
-
filosofía da linguaxe
Disciplina filosófica que trata de aclarar, entre outras, as relacións entre o pensamento e a fala, entre a función representativa e expresiva da linguaxe, o papel do individuo e a comunidade nacional na construción da linguaxe, as orixes da linguaxe no tempo e no individuo e a estrutura das linguas particulares.
-
filosofía da moral
ética.
-
filosofía da relixión
Disciplina filosófica que trata de analizar os conceptos ou principios centrais das relixións monoteístas occidentais. O termo foi cuñado no s XVIII para substituír ao de filosofía natural.
-
filosofía do dereito
Disciplina filosófica que trata de establecer unha teoría da xustiza e dos valores xurídicos e unha teoría xeral do dereito e da ciencia xurídica, vinculada a unha certa concepción do proxecto do home en sociedade. A súa investigación céntrase na ontoloxía xurídica, no sentido da comprensión totalizadora do fenómeno xurídico, e na axioloxía xurídica, coa teoría da xustiza e dos valores xurídicos.
-
-
Conxunto de sistemas, doutrinas, escolas e teorías do pensamento que se desenvolveron ao longo da historia. Existen dous grandes ámbitos filosóficos, o occidental, enraizado na filosofía grega, e o oriental, con dous focos, a filosofía india e a chinesa. Nas orixes de ambos está a vinculación da actitude filosófica con posicións míticas e relixiosas. Na historia da filosofía occidental pódense distinguir catro grandes etapas: a filosofía antiga ou clásica, a filosofía medieval, a filosofía moderna e a filosofía contemporánea. A filosofía clásica naceu en Grecia ao redor do s VI a C e desenvolveuse, aproximadamente, ata o s III d C. Os primeiros filósofos, denominados presocráticos e entre os que destacan Tales de Mileto, Anaximandro, Anaxímenes, Heráclito, Parménides, Pitágoras, Empédocles, Anaxágoras e Demócrito, buscaron as respostas racionais, fronte á mitoloxía imperante, as preguntas sobre a orixe, a causa e a esencia da natureza. Desde mediados do s V a C, o estudo da filosofía centrouse...
-
...
-
-
-
Relativo ou pertencente á filosofía.
-
Reflexión crítica e sistematizada sobre os fundamentos, os límites e as orientacións dunha ciencia, disciplina ou dun ámbito do saber particular. O alcance desta reflexión limítase a uns campos determinados do coñecemento e da realidade, entre os que destacan a filosofía das artes ou estética, da ciencia, do dereito, da historia, da linguaxe, da moral e da relixión.
-
-
-
Persoa que se dedica á filosofía, que procura a verdade desde un punto de vista racional. Pitágoras e Sócrates foron os primeiros en definirse a si mesmos como filósofos ou amigos da sabedoría. Despois, e ata o s XVIII, o termo considerouse como sinónimo de sabio e, inclusive, de científico. Coa Ilustración, o filósofo chegou a ser, en palabras de D. Diderot, aquel que defende o uso da luz da razón. A partir do s XIX, o termo adquiriu un sentido máis técnico e pasou a ser sinónimo de metafísico. No s XX, a filosofía converteuse nun oficio e o filósofo transformouse nunha persoa que ensina esta disciplina dunha maneira retribuída.
-
Persoa que sabe soportar ou afronta con serenidade as dificultades da vida.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico de tendencia absolutista aparecido na Coruña entre 1813 e 1814. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos do Exacto Correo de España en La Coruña. Trátase dunha publicación con forma de libro, crítica co movemento liberal achegado ás Cortes de Cádiz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de desenvolvemento dos distintos grupos de organismos no aspecto específico e das súas relacións evolutivas. Este termo foi introducido por Haeckel na súa obra Generalle Morphologie der Organismen (1866). Mediante a filoxénese descubríronse parentescos entre grupos de morfoloxía moi diferente e, pola contra, descartouse a proximidade taxonómica entre grupos aparentemente moi semellantes. A filoxénese dun grupo determinado baséase nos datos que proporcionan a paleontoloxía (que contribúe á reconstrución da historia dun grupo), a embrioloxía, a anatomía comparada (mediante estudios de analoxía e homoloxía) deste grupo, a xenética e a fisioloxía.
-
-
Semanario aparecido en Ourense o 22 de febreiro de 1962. Cesou a súa edición o 2 de marzo de 1963 (nº47). Editado pola empresa Publicidad Central, estaba dirixido por Ángel Huete. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Región. Contou coa colaboración de destacados escritores e intelectuais ourensáns. Incluíu, ademais dunha portada deseñada con debuxos de José L. de Dios, información cultural e turística, historia local, patrimonio artístico e notas de ocio, cine e espectáculos. Foi substituída por Mirador galaico, que mantivo os seus contidos.
-
Punto no que remata algo no espazo ou no tempo.
-
Momento final dun período de tempo concreto.
-
Obxectivo que se pretende conseguir ou ao que se dirixe unha acción.
-
-
Termo que designa todo aquilo polo que algo é ou sucede. A escolástica estableceu diversos tipos de fins, entre outros, o fin operis e o operantis, o fin interno e o fin externo, o fin inmanente e o trascendente, o fin relativo e o absoluto, e o fin natural e o sobrenatural. Non obstante , en todos os casos é un ente intrínseco na medida en que está presente no ser concreto e actúa sobre el.
-
fin último/fin do home
Fin polo que foi creado o mundo do home e no que foi creado o ser humano, para a escolástica. Segundo esta perspectiva, este fin é Deus mesmo.
-
-
Espectáculo co que remataba unha función no teatro do Século de Ouro español.
-
Tendencia artístico-cultural de finais do s XIX. Característica dunha elite refinada, non de verdadeiros creadores senón de defensores da arte e dun ambiente estético. Ideoloxicamente recibiu a influencia de pensadores como F. Nietzsche, A. Schopenhauer e E. S. Swedenborg, e artisticamente de R. Wagner, Ch. Baudelaire, G. Nerval e E. A. Poe, que lle proporcionaron fontes temáticas, e da pintura de G. Moreau e a obra dos prerrafaelistas. Caracterizouse pola fuxida da realidade, a transformación do erotismo nun misticismo, polo culto á morte, á melancolía e á arte pola arte. Os principais cultivadores literarios e plásticos inclúense dentro do movemento simbolista.
-
Período de semana que comprende o sábado e o domingo.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á fisiografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dun grupo de antibióticos inespecíficos vexetais que son producidos en gran cantidade polas plantas superiores, en resposta a unha infección por organismos patóxenos, como fungos, ou a factores ambientais adversos, como pode ser a polución química.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á fitotopografía.
-
-
Que fixa ou serve para fixar.
-
Substancia que se usa para fixar e manter a forma dun peiteado.
-
Substancia ou líquido que se pulveriza sobre os debuxos e pinturas para fixalos.
-
Axente físico ou químico que provoca a fixación. Os axentes físicos máis comúns son a calor e a conxelación. Os axentes químicos son reactivos de doada penetración nos tecidos, como o formol, o ácido acético, o alcohol etílico, o ácido ósmico, o ácido clorhídrico ou o ácido nítrico. O seu uso varía segundo a natureza do tecido ou do organismo que se quere conservar.
-
Substancia empregada no proceso de tinguidura das fibras téxtiles. Xeralmente son óxidos ou sales metálicos, ou ben substancias poliméricas.
-
Solución química que se emprega para facer insensibles á luz e para fixar os materiais fotográficos que se acaban de revelar. Os fixadores poden ser ácidos, rápidos, ultrarrápidos, etc. Xeralmente, o fixador fórmase por unha solución de hiposulfito sódico anhídrico, que disolve os sales de prata non impresionados.
-
Organismo capaz de asimilar o nitróxeno atmosférico e de incorporalo á materia orgánica. Son fixadores de nitróxeno as cianofíceas e certas bacterias como Azotobacter e Rhizobium.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modelo científico enunciado por Carl von Linné e defendido máis tarde polo naturalista francés Georges Cuvier, que entende as especies como entidades naturais inmutables e de orixe independente. Esta proposta foi aceptada amplamente ata que se desbotou, a finais do s XIX, en favor do darwinismo.
-
-
-
Fonte de luz artificial que proporciona unha iluminación breve, brillante e intensa, aproximadamente da mesma temperatura de cor ca a luz natural.
-
flash aberto
Disparo do flash que se efectúa no momento no que o obturador permanece na posición B. O flash pode dispararse tantas veces como sexa preciso antes de que se peche o obturador, do mesmo xeito que acontece coa técnica de pintado con luz.
-
flash de anel
Flash con forma circular que se coloca ao redor do obxectivo.
-
flash dedicado
Flash especializado e deseñado para ser empregado cunha cámara ou cun grupo de cámaras concretas.
-
flash múltiple
Emprego de máis dun flash ao mesmo tempo ou de varios disparos dun flash co obturador aberto.
-
-
Avance dunha noticia moi breve e xeralmente importante que se transmite con prioridade por radio ou televisión.
-
Noticia periodística de última hora que chega a unha redacción.
-
isión de moi pouca duración dun plano, escena ou imaxe.
-
Impresión sorprendente e inesperada.
-
...
-
-
-
Descrición das veas.
-
isualización radiolóxica das veas dunha zona mediante a inxección dunha substancia radiopaca.
-
Rexistro gráfico do pulso venoso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer máis fluído, un sólido ou un líquido moi viscoso, por acción da temperatura ou por adición dun disolvente.
-
-
Emisión de radiación por parte de átomos ou de moléculas que se excitaron por absorción de fotóns, usualmente, do ultravioleta, orixinada por unha transición entre dous estados electrónicos de igual spin. O tempo que transcorre entre o acto da excitación e o da emisión é de 10 -9 a 10 -6 segundos, o que a distingue da fosforescencia. Nos compostos moleculares, tanto a excitación electrónica como a disipación de enerxía pódense acompañar de variacións das enerxías de vibración e de rotación. A radiación fluorescente é sempre dunha lonxitude de onda máis grande cá radiación excitadora, segundo a lei de Stokes. A fluorescencia pódese inducir tamén por mecanismos como o bombardeo con electróns e con raios alfa, beta ou gamma.
-
Emisión de raios X secundarios por parte dunha mostra irradiada con raios primarios procedentes do anticátodo dun tubo de raios X. Se os fotóns primarios teñen bastante enerxía expulsan electróns dos niveis internos dos átomos da mostra, e as transicións polas que os electróns máis externos se reordenan nos niveis de menor enerxía producen a emisión secundaria ou fluorescente, que ten efecto en forma de liñas espectrais dunhas lonxitudes de onda características de cada clase de átomos. É un fenómeno que tivo un gran valor para o estudo da estrutura electrónica dos átomos e que é a base dun método moi sensible e específico de análise elemental inorgánica, cualitativa e cuantitativa. En radioloxía unha pantalla recuberta de tungstato de calcio (fluorescente) permite o exame dos tecidos profundos do corpo por medio de raios X. No laboratorio clínico utilízase para detectar antíxenos específicos en inmunofluorescencia.
-
-
-
-
Acción e efecto de fluír.
-
Movemento dun líquido ou dun fluído.
-
Saída dun líquido ou humor segregado polo organismo.
-
-
Movemento ascendente da marea.
-
Movemento de persoas ou cousas dun lugar a outro.
-
Medición temporal da mobilidade de bens e servicios das macromagnitudes.
-
-
Movemento de enerxía ou de partículas.
-
fluxo eléctrico
Fluxo do vector de desprazamento D dun campo eléctrico. A unidade SI do fluxo eléctrico é o coulomb.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gráfico orientado equivalente a un diagrama de bloques, pero de trazado máis sinxelo. Os nodos representan sinais ou variables, e as ramas, relacións entre variables. A frecha que leva a rama indica o sentido do fluxo do sinal, e a letra asociada, o factor de multiplicación que experimenta o sinal do nodo de orixe. A variable correspondente a un nodo dependente toma un valor igual á suma dos sinais incidentes. Tamén se coñece como diagrama de fluxo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
Artificio de pólvora que, cando se encende, lanza un conxunto de partículas en ignición que adoitan estoupar ao final. En función do tipo de carga, obtéñense diferentes efectos luminosos e sonoros.
-
-
Diversos artefactos semellantes aos foguetes pola maneira de seren disparados.
-
Proxectil autopropulsado no que o elemento impulsor é un foguete de pólvora ou calquera outro propulsor. A diferenza do mísil, a súa guía é exclusivamente inicial e obedece ás leis da balística. Debido á súa pouca precisión de tiro, emprégase nos lanzagranadas e nas baterías lanzafoguetes, contra obxectivos moi próximos ou de grandes dimensións.
-
ehículo espacial propulsado pola exección de masa nunha dirección determinada. A orixe do foguete é probablemente oriental; a primeira noticia do seu uso provén de China (1232). Foi introducido en Europa polos árabes e desde entón encontrou diferentes aplicacións militares. Durante os ss XV e XVI empregouse como arma incendiaria. Posteriormente, o foguete bélico desapareceu ata o s XIX, momento no que se empregou novamente nas guerras napoleónicas. A finais do s XIX e comezos do XX os científicos viron o foguete como un sistema para propulsar vehículos espaciais; entre estes científicos hai que destacar a K. Ciolkovskij, H. J. Oberth e R. H. Goddard e, máis tarde, a S. Korolev, V. Gruško e W. von Braun. Este último desenvolveu durante a Segunda Guerra Mundial os foguetes V-1 e V-2, que constituíron o núcleo das investigacións estadounidenses e soviéticas da posguerra. Entre os programas espaciais realizados cómpre destacar, por parte estadounidense, o Atlas, o Agena, o Thor, o Atlas-Centaur,...
-
foguete de elevación
Cada un dos foguetes que, xeralmente en número par, se empregan para impulsar unha aeronave no momento de iniciar o voo, ben para conseguir un percorrido mínimo pola pista cando esta ten unha lonxitude insuficiente, ou para aumentar a súa carga útil.
-
foguete de sinais
Artefacto que ao despegar produce luz de diferentes cores e permite ás forzas de terra, mar e aire, intercambiar indicacións segundo un código determinado.
-
foguete granífugo
Foguete que se lanza en dirección ás nubes ameazadoras de saraiba para que, ao explotarlle dentro, impida a formación do pedrazo.
-
-
Sinal marítima de alarma (branca ou verde) ou de auxilio (vermella). Emprégase en navíos e embarcacións de supervivencia para facer sinais de socorro en situacións de perigo, visible a grandes distancias no mar durante o día ou a noite. Existen foguetes de acendido automático, que alcanzan unha altura aproximada duns 200 m e teñen unha duración duns 10 segundos. Outros foguetes de sinalización mariña alcanzan unha maior altura (300 m) e liberan un paracaídas que flutúa transportando o sinal de luz, cunha intensidade luminosa de 30.000 candelas, de 20 segundos e 5 minutos.
-