"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista mensual editada en Pontevedra a partir de 1911. Subtitulouse “Órgano de la asociación de peritos agrícolas y agrimensores de Galicia y Asturias”. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de J. Poza. Dirixida por Xosé López Otero, incluíu información variada sobre agricultura, fitotecnia, gandería, zootecnia, economía rural, industrias rurais, socialismo agrario e política profesional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista mensual aparecida en Lugo a partir de 1911. Foi o voceiro da Asociación de Peritos Agrícolas y Agrónomos de Galicia y Asturias. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de A. Suárez Sal. Dirixida por Feliciano Canto López, incluíu información sobre agricultura, zootecnia, fisiografía agrícola, agronomía, economía rural, industrias rurais e socialismo agrario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico político editado a partir de decembro de 1974. Subtitulouse “Voceiro da organización galega do Movimento Comunista de España”. A partir de febreiro de 1976 (nº 13) modificou o seu subtítulo polo de “Voceiro do Comité Nacional do Movemento Comunista de Galicia”. Inicialmente tivo que distribuírse de forma clandestina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico político editado en Santiago de Compostela a partir do 4 de xullo de 1931. Cesou probablemente o 3 de setembro de 1932 (nº 4). Subtitulouse “Órgano del Partido Republicano Federal de Izquierda Gallega”. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Nós. Na súa redacción participaron Ezequiel Rey, Victoriano Marcos e Xesús Pose. Nas súas páxinas defendeu un modelo federalista para España e a aprobación do Estatuto de Autonomía para Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista bimestral editada en Santiago de Compostela a partir de xullo de 1901. Cesou a súa edición en novembro de 1903 (nº 12). Dirixiuna Antonio López Ferreiro. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos da Tipografía Galaica. Tentaba realizar un estudo compilatorio de fontes históricas e un labor poligráfico de estudios analíticos. Incluíu traballos de numismática, epigrafía, música, heráldica, arquitectura, escultura e pintura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quincenario de tendencia rexionalista editado en Santiago de Compostela a partir do 15 de xaneiro de 1888. Cesou a súa edición no mes de agosto do mesmo ano. Subtitulouse “Revista quincenal de costumbres, cuentos, agudezas, anécdotas y tipos gallegos (...) y geroglíficos”. Dirixido por Enrique Labarta Pose, contou coa colaboración de destacados intelectuais como Alfredo Brañas, Antonio de la Iglesia e Manuel Amor Meilán. Continuou en 1890 co nome de La Pequeña Patria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado en Santiago de Compostela a partir de agosto de 1885. Na súa cabeceira anunciaba o seu carácter independente e a súa saída dúas veces á semana. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Alonso. Ademais das noticias locais e de carácter xeral, incluíu poesías e folletíns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico mensual aparecido en Santiago de Compostela a partir de 1995. Subtitulouse “Guía máxica de Galicia”. Editado pola Asociación de Maxia e Ocultismo de Galicia e dirixido por Manuel Aneiros Loureiro, tentaba servir como medio divulgativo do mundo da astroloxía, a quiromancia e o tarot. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de El Ideal Gallego. Ademais, incluíu información sobre seminarios de maxia galega tradicional e filosofía celta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de tendencia católica editada en Pontevedra a partir do 2 de febreiro de 1890. Entre novembro de 1891 e marzo de 1892 sufriu unha pequena interrupción. Cesou probablemente o 26 de novembro de 1892. Subtitulouse “Semanario popular-Utile et Dulce”. Dirixiuna Hipólito Codesido Sánchez e imprimiuse nos obradoiros tipográficos dos herdeiros de Madrigal. Incluíu información de actualidade, agás política, xunto con retratos de persoeiros públicos, poemas e textos literarios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado na Coruña a partir dos anos sesenta do s XX. Subtitulouse “Revista anual de turismo” e dende 1984 “Publicación de la Consellería de Turismo, Juventud y Deportes en colaboración con CEHOSGA”. Dirixido por José L. Dorrego, dende 1984 ocupou o cargo Ezequiel Pérez Montes. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de El Ideal Gallego. Incluíu información sobre turismo, museos e gastronomía, ademais dunha guía de cámpings e hoteis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Pontevedra a partir de 1884. Subtitulouse “Somanario gallego”. Dirixida inicialmente por Rufino Ribera Losada, e logo por Roxelio Lois Estévez, na súa elaboración colaboraron destacados xornalistas da época. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Millán, dos herdeiros de Madrigal e de Roxelio Quintáns. En 1884 organizou uns Xogos Florais e en xuño de 1886 un certame literario-musical co gallo das festas da Peregrina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín editado a partir de marzo de 1988 en Vigo pola Asociación de Amigos de la Astronomía Galileo Galilei. Contou coa colaboración da concellería de Xuventude do concello vigués. Coordinada por J. M. Chacón Benítez, incluíu artigos de carácter técnico, información sobre estrelas e constelacións, referencias a científicos destacados e novas breves.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista cultural editada en Mondoñedo a partir do 25 de xullo de 1930. Cesou a súa edición en 1932. Dirixiuna Álvaro Cunqueiro. De tendencia nacionalista, tiña unha periodicidade anual. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Xerardo Castro e, posteriormente, nos de Xesús López. Incluíu artigos políticos e culturais, ademais dalgunhas achegas poéticas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quincenario editado en Santiago de Compostela a partir do 15 de xaneiro de 1852. Cesou a súa edición o 30 de novembro de 1861. Subtitulouse “Compañía de seguros mutuos contra incendios. Boletín administrativo”. Imprimiuse inicialmente nos obradoiros tipográficos de Xoán Rey Romero, e logo nos de Xacobe Souto. Trátase dun boletín que ofrecía información sobre a compañía a todos os seus asociados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado en Pontevedra a partir do 1 de decembro de 1862. Cesou probablemente o 10 de abril de 1863. Subtitulouse “Agricultura, industria, comercio, ciencias, artes y literatura”. Editado por Andrés Martínez López, o seu director foi Elisardo Ulloa Varela. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Xosé Vilas. Nos seus artigos defendeu a modernización socioeconómica de Galicia, cunha especial énfase no ferrocarril. Incluíu ademais información sobre temas culturais e composicións literarias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Galvanoplastia aplicada á obtención de clixés tipográficos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade fortificada hebrea situada no Golán. Fundada polo monarca asmoneo Alexandre Xaneo (s I a C), durante a revolta dos hebreos contra os romanos, Flavio Xosefo dirixiu a súa resistencia. Trala conquista no ano 67, foi destruída. Identificouse a partir da década de 1970 e foi escavada por S. Gutman.
-
-
Método de exploración clínica, fundamentado na administración endovenosa dunha substancia radioactiva, que se fixa dunha maneira selectiva sobre as células do órgano que se quere estudiar.
-
Proba non destrutiva con raios γ para detectar fisuras e outros defectos internos das pezas metálicas. Os raios γ, dunha frecuencia moi alta, propáganse en liña recta a través da peza e rexístranse nunha película sensible. As imperfeccións internas provocan unha diferenza de intensidade no rexistro fotográfico.
-
-
-
Acción de gardar ou vixiar.
-
Conxunto de soldados ou xente armada que se encargan de defender ou vixiar persoas ou lugares.
-
-
Corpo armado que se encarga da vixilancia e defensa de algo ou de alguén. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.
-
Garda Civil
Instituto civil armado integrado nas forzas e corpos de seguridade do Estado. Mantén unha estrutura xerárquica militar, malia que depende da dirección xeral de Seguridade do ministerio do Interior. Creouse por decreto do goberno moderado de L. González Bravo en 1844 e a súa organización confióuselle a Francisco Javier Girón, duque de Ahumanda, que a dirixiu ata 1854. Ocupábase inicialmente de manter a orde pública. O duque de Ahumada deseñou a distribución dos membros da Garda Civil en doce tercios peninsulares e un insular, posteriormente implantouse tamén nas colonias. A expansión territorial produciuse partindo do centro do Estado e seguindo as principais vías de comunicación, en etapas que abarcaron o ámbito provincial (1846), de partido (1851) e municipal, xa no s XX. A súa estrutura partía do posto como unidade básica e nun nivel superior situábanse as liñas, as compañías, comandancias, tercios e zonas. O servizo realizábase baixo a dependencia das autoridades civís, agás en caso...
-
garda de asalto
Forza de policía da Segunda República creada pola hostilidade popular contra a Garda Civil. En 1936 mantívose fiel á República e ao final da guerra foi substituída pola Policía Armada.
-
garda de corps
Corpo adscrito á persoa do rei instituído en Francia no s XV e disolto en 1789. En España foi introducido por Filipe V e desapareceu baixo o reinado de Fernando VII.
-
garda nacional
Milicia cívica francesa que se constituíu en París o 13 de xullo de 1789 co obxectivo de defender o país dunha posible volta á monarquía e dos intentos de insurrección das clases populares. Disolta por motivos políticos en 1827, foi reconstituída durante a Revolución de 1830. En 1852 Napoleón modificou o seu carácter para defender a figura do emperador dos ataques dos revolucionarios. En 1868 converteuse nun corpo para a ocupación de territorios e trala súa participación na Comuna de París suprimiuse en 1872.
-
garda pretoriana
Corpo do exército romano que se ocupaba de custodiar os emperadores romanos. Tiveron a súa orixe durante a época republicana nas cohors praetoria, grupos de soldados seleccionados polos xenerais como gardacostas. No ano 13 a C Octavio Augusto regulamentouna como unha unidade especial permanente coa función de protexer a familia imperial. Estaba formada por nove cohortes pretorianas das que tres permaneceron en Roma e o resto repartíanse por Italia. Durante o goberno de Tiberio no 23, inaugurouse o campamento permanente deste corpo, a castra praetoria, fóra das murallas de Roma, no Viminal. Os seus comandantes denominábanse prefectos do pretorio e convertéronse nun elemento destacado na sucesión dos emperadores. Foron disoltos no 312 por Constantino I.
-
garda real
Conxunto de varios corpos do exército destinados a protexer o soberano e a súa familia. As súas orixes atópanse na unificación que realizaron os Reis Católicos dos gardas vellos de Castela e da garda amarela, que constituíron a garda dos cen continuos. Durante o reinado de Carlos I uniuse a esta garda o corpo de arqueiros de Borgoña e durante a minoría de idade de Carlos II, creouse un rexemento especial, a chamberga, baixo as ordes do marqués de Aytona. A chegada de Filipe V supuxo a transformación deste corpo na garda de corps, organizada segundo o modelo francés. Trala súa desaparición no reinado de Fernando VII, no reinado de Isabel II transformouse no corpo de alabardeiros e no escuadrón de garda da raíña. Suprimida durante o reinado de Amadeo de Savoia e na Primeira República, converteuse durante a restauración de Afonso XII no corpo de gardas alabardeiros e na escolta real. A restauración da monarquía trala ditadura, deu lugar á constitución o 31 de decembro de...
-
...
-
-
-
-
-
Estado da materia en que as moléculas que o compoñen están pouco ligadas entre elas polas forzas de cohesión. Non presentan nin unha forma nin un volume definidos, senón que sempre enchen total e uniformemente o recipente que os contén. A densidade dos gases sempre é máis pequena ca a da mesma substancia en estado sólido ou líquido, posto que, no gas, as moléculas permanecen moito máis separadas. A calor específica dun gas depende das condicións en que ten lugar a variación da súa temperatura: a presión constante ou a volume constante. A calor específica a presión constante sempre é máis elevada ca o volume constante. Os gases polo xeral son malos condutores da calor e da electricidade, aínda que existen varias excepcións, como acontece no caso do hidróxeno. As propiedades macroscópicas dos gases pódense estudar a partir da teoría molecular, mediante dous métodos diferentes. O primeiro, que se denomina teoría cinética, aplica imaxinariamente as leis da mecánica a cada unha das moléculas...
-
gas perfecto/ideal
Gas no que a interacción entre as súas moléculas (forzas de cohesión) é nula. Fisicamente, un gas pódese considerar perfecto se as forzas de cohesión son moito máis pequenas ca as forzas exteriores ás que se somete ou ben se o gas é enrarecido, no que as forzas de cohesión se ignoran. Nun gas perfecto cúmprese a relación pv=RT, onde p é a presión, v o volume específico, T a temperatura absoluta e R a constante dos gases. Esta relación é a ecuación de estado dos gases perfectos.
-
gas permanente/fixo
Gas que se creu que non se podía licuar, xa que ningún gas se podía licuar por alta que fora a presión se este estaba a temperatura superior á crítica. Chamouse así ao osíxeno, ao nitróxeno, ao hidróxeno, etc. Na actualidade xa non existen gases permanentes pois todos se puideron converter en líquidos.
-
gas real/imperfecto
Gas para o cal, despois de establecerse nel a ecuación de estado, téñense en conta as forzas de cohesión entre as moléculas. É un gas que presenta un comportamento que se aparta do dos gases ideais.
-
-
Nome que se dá a certos conxuntos de partículas que se poden estudar mediante a aplicación das teorías da mecánica estatística. Así, fálase ás veces de gas de neutróns, de protóns, de electróns, etc.
-
Mestura combustible de gases que se emprega para a produción de calor, para a iluminación, etc. Os gases combustibles que se empregan normalmente non son, case nunca, especies químicas únicas, senón que se forman por mesturas de diversos compoñentes. Clasifícanse os gases combustibles en tres grupos, segundo o seu poder calorífico e a súa densidade relativa respecto ao aire. Os gases dun mesmo grupo son intercambiables, é dicir, pódense empregar nun mesmo queimador. Pódense clasificar tamén segundo a súa orixe ou a súa forma de obtención. Así, os gases manufacturados son os que se obteñen por medio dun proceso de transformación química. Son gases manufacturados o gas de coque, o gas cidade, o gas natural de substitución, o gas de auga, etc. O gas de coque, que tamén se denomina de batería, é un subproduto da destilación seca de hullas de elevada calidade nos fornos de produción de coque. O gas cidade é análogo ao de iluminación, ao que substitúe practicamente na actualidade. O gas de auga...
-
apores que se producen no estómago ou nos intestinos.
-
Gas que se emprega na guerra química, que cando é absorbido polo corpo, afecta ás funcións do organismo como a transferencia de osíxeno aos tecidos.
-
Gas combustible, que ten como principal compoñente o metano, que se desprende das augas estancadas como resultado da descomposición da materia orgánica.
-
...
-