"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

  • Reducir, un sólido ou un líquido, ao estado gasoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista universitaria editada na Coruña a partir de maio de 1990. Contaba co apoio da comisión de cultura da facultade de Humanidades e do vicerrectorado de Extensión Universitaria. Colaboraron nela autores xa consagrados e outros novos. Incluíu crítica literaria, cinematográfica e musical, contos e, sobre todo, poesía; de feito, o seu segundo número foi un monográfico dedicado integramente á produción poética. En 1992 saíu coa cabeceira de Gaveta (Aba Eremo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua etíope que se falaba en Etiopia (e tamén en Eritrea) ata o s X e que se mantivo despois como unha lingua literaria e litúrxica. Ten un alfabeto e escritura propios, adoptados tamén polo amhárico. A literatura en geez é fundamentalmente relixiosa e tamén son numerosos os tratados haxiográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa norteamericana fundada en 1882 da fusión da Edison General Electric Company e da Thomson-Houston Company, dedicada á produción de electricidade e aparatos eléctricos. Tras dominar o mercado dos aparatos eléctricos, diversificou os seus intereses, polo que desde 1955 produciu diamantes sintéticos e desde 1960 entrou no campo da electrónica coa participación maioritaria na Compagnie des Machines Bull. É un grande imperio financeiro e industrial dedicado a diversos sectores, como a industria aeroespacial, os electrodoméstico­s e o material eléctrónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de España na Comunitat Autónoma de Catalunya, situada á beira do Mar Mediterráneo (5.886 km2; 565.304 h [2001]). A súa capital é Girona. Está dividida en seis partidos xudiciais e 235 municipios. A prefectura napoleónica de 1809 e a corrixidoría de 1810 serviron de base a divisións posteriores (1822 e 1833). O seu litoral, que se corresponde co extremo oriental da Cordilleira Pirenaica, é moi rochoso, polo que recibiu a denominación turística de Costa Brava; este sector de actividade favoreceu o crecemento económico e demográfico da provincia, na que destacan, ademais da capital, as cidades industrias e turísticas de Figueres (33.064 h), Blanes (30.693 h), Olot (28.060 h), Salt (21.238 h) e Lloret de Mar (20.239 h).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corpo con forma de esfera ou semellante a ela.

    2. Bolsa de plástico ou doutro material flexible e de forma esférica, que se incha de aire ou dun gas lixeiro e que se emprega normalmente como xoguete.

    3. Obxecto esférico de vidro ou doutro material transparente ou difusor que recobre unha lámpada destinado a repartir e a difundir a luz ou a cambiar a súa cor e que tamén lle serve de protección.

    4. Espacio en branco que se utiliza nos cómics, chistes ou gráficos, para conter as palabras e as expresións dos personaxes.

      1. globo aerostático

        Aerostato sen motor consistente nun receptáculo que contén un gas máis lixeiro ca o aire en condicións normais (hidróxeno, helio ou aire quente), que se eleva por mor da forza ascensional (principio de Arquímedes) e que pode ir provisto dun habitáculo para levar tripulantes ou instumentos. Posto que o peso específico do aire atmosférico diminúe ao aumentar a altura, a forza ascensional acaba por resultar nula; alcánzase daquela o equilibrio aerostático. Nestas condicións, para continuar elevándose, cómpre soltar lastre, aumentar o volume ou, no caso dos aerostatos de aire quente, quentar o aire do globo mediante un quentador.

      2. globo sonda

        Globo libre non tripulado empregado para rexistrar datos da atmosfera como a presión, a temperatura ou a humidade.

    5. Esfera que ten representadas na súa superficie, nunha posición semellante á que ocupan no espacio, as principais estrelas, constelacións e os círculos fundamentais.

    6. Órgano da vista nos animais superiores. Tamén recibe a denominación popular de bugallo do ollo.

    7. Representación cartográfica da Terra sobre unha esfera. As deformacións que se producen na representación, tendo en conta que a Terra é máis ou menos esférica, son mínimas. Recibe tamén o nome de esfera terrestre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Honrar algo ou a alguén dándolle gloria.

    2. Elevar á gloria celestial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aluminosilicato natural de calcio e sodio hidratado, de fórmula (Na2Ca)Al2Si4O12·6H2O. Cristaliza no sistema romboédrico; é de cor branca, rosada, amarela ou verdosa. Ten dureza 4,5 e peso específico 2,1.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rama da filosofía que se ocupa do coñecemento en xeral, que estudia a orixe, a natureza e o valor do mesmo. Non debe confundirse coa epistemoloxía, que centra o seu estudo no coñecemento científico.

    2. Ciencia que estudia os principios, as leis, os postulados e as hipóteses científicas e trata dos problemas do método, da unidade e da división das ciencias. Considérase como punto de partida desta disciplina -chamada preferentemente epistemoloxía- a Wissenschaftslehre (Teoría da ciencia, 1837), de Bernhard Bolzano, e a Philosophy of the Indutive Sciences, Founded upon their History (1840), de W. Whewell, e do seu continuador A. A. Cournot. A partir de 1900 xurdiu o movemento da crítica das ciencias, dirixido contra o dogmatismo dalgúns científicos e centrado no estudo da natureza das leis e as teorías da física e as matemáticas (H. Poincaré, P. Duhme, E. Mach, W. Ostwald, C. S. Pierce, K. Pearson, G. Frege ou B. Russell). Recentemente destacou o traballo de G. Bachelard.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á gnose ou ao gnosticismo.

    2. Que ou quen é seguidor do gnosticismo ou de calquera das súas correntes. Os gnósticos foron grupos filosóficos e relixiosos dos ss II e III. Tiñan un coñecemento esotérico e iniciático dos feitos relixiosos que lles permitía asegurar a salvación do home e a liberación do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fosfato de estroncio e aluminio, de fórmula SrAl3[(OH)6/PO4/PO3OH]. Cristaliza no sistema romboédrico, en cristais pequenos. Ten dureza 4,5-5 e peso específico 3,2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Galardón cinematográfico que se concede anualmente á mellor produción presentada no Internationale Filmfestspiele Berlin desde a súa fundación en 1951.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modalidade de teatro de sombras hindú, na que se utilizan máis de cincuenta monicreques feitos con pel de cabra e que aínda se conserva no estado de Karnataka. Conta cun museo específico na cidade de Bangalore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfato de cinc hidratado, de fórmula ZnSO4·7H2O. Cristaliza no sistema rómbico e é incoloro, branco ou marrón. Ten unha dureza 2-2,5 e un peso específico 1,9.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Representar algunha cousa nun gráfico.

    2. Dar forma escrita a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade mínima, indivisible e distintiva dun sistema gráfico. Represéntanse graficamente entre ángulos

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inscrición, xeralmente en cursiva, ou debuxo trazado sobre monumentos antigos, paredes ou pedras cun punzón metálico ou con outro instrumento gráfico. Tiñan contido satírico e facían alusións a protestas, motivos políticos e outros asuntos. Destacan os de Pompeia e os realizados no Renacemento.

    2. Inscrición ou debuxo feito sobre muros ou outros soportes de espacios públicos. Fanse con instrumentos que permiten unha grande espontaneidade e rapidez na súa execución. Os seus motivos son a expresión política e ideolóxica, a exhibición da propia personalidade e a decoración. A súa difusión tivo lugar en Nova York, onde se converteron na expresión dun conxunto máis amplo denominado hip-hop. Neste medio formáronse, entre outros, Keith Haring e Jean-Michel Basquiat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada pola Asociación Galega de Deseñadores Gráficos, Ilustradores e Directores de Arte (AGG) na Coruña a partir de xaneiro de 1987. Subtitulouse “Publicación de Deseño Gráfico e Comunicación Visual”. Trátase dunha revista informativa, cun formato novidoso en forma de triángulo, que incluía diversas seccións relacionadas con proxectos, concursos e normativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á grafía e á imprenta.

    2. Que se representa ou fai por medio de figuras, liñas ou signos.

    3. Que expresa con moita claridade algo, como se o debuxase.

      1. Representación de algo por medio dun debuxo.

      2. Debuxo representativo dun conxunto de datos estatísticos.

      3. Subconxunto do produto cartesiano A x B de dous subconxuntos; trátase, polo tanto, dun grupo de parellas de elementos (a, b), onde a? A e b? B. No caso de que A e B sigan, respectivamente, o dominio de definición e a imaxe dunha función, o gráfico correspondente denomínase tamén gráfica funcional ou curva asociada á función.

      4. gráfico de control

        Representación cronolóxica de observacións relativas a mostras dun proceso industrial para controlar as características do produto e corrixir, se cadra, o funcionamento do proceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico de tendencia esquerdista editado en Ferrol en 1932, como resultado dunha folga dos tipógrafos do xornal El Correo Gallego. Nel participaron sinalados militantes do obreirismo departamental como o sindicalista Mario Rico e os socialistas Antonio Filgueira Vieites e Pedro Guimarey, amais do ex-crego e integrante da masonería, Matías Usero.

    VER O DETALLE DO TERMO