"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

  • Sólido cristalográfico de vinte e catro caras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Considerar idénticas dúas ou máis cousas.

    2. Recoñecer se unha persoa ou cousa é o que se cre.

    3. Recoñecer que dous obxectos matemáticos, ata agora tratados diferentes, son o mesmo.

    4. Considerar ou presentarse idénticas dúas persoas ou cousas.

    5. Estar de acordo ou coincidir con algo ou con alguén.

    6. Acreditar alguén a súa identidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ideograma.

    2. Aplícase á escritura que utiliza ideogramas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal editado en Santiago de Compostela a partir de 1841. Cesou a súa edición o 15 de xaneiro de 1842. Fundado e dirixido por Domingo Díaz de Robles, levaba por subtítulo “Periódico sabatino. De Literatura, Ciencias y Artes en general, Historia, Moral y Costumbres”. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos da viúva de Compañel. Voceiro oficioso da Academia Literaria de Santiago, foi o pioneiro entre os periódicos de tendencia provincialista.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Comunidade dos seguidores de Xesús Cristo. A tradición cristiá antiga afirma que a Igrexa naceu no momento mesmo da morte de Xesús Cristo na cruz, como unha nova Eva xurdida do costado aberto de Cristo, que se manifestou por vez primeira o día de Pentecoste polo Espírito Santo enviado do Pai. A Igrexa, entendida deste xeito, constitúe un misterio, é dicir, unha obra divina na historia. A pesar de constituírse en herdeira de todos os elementos da tradición do pobo de Israel e a pesar de vivir na consciencia de ser o pobo de Deus dos derradeiros tempos, a comunidade dos discípulos de Xesús Cristo portaba o xermolo dunha nova constitución respecto da comunidade xudía a carón da cal vivía: a Eucaristía, que actualiza e renova o memorial da Pascua xudía, a elección dos doce apóstolos enviados a evanxelizar todas as nacións, e o anuncio salvífico de que Xesús Cristo é o Señor e que regresará na fin dos tempos, como principio de toda confesión de fe. Malia que Xesús Cristo anunciara a chegada...

      2. Comunidade local de cristiáns, presidida por un bispo.

      3. Porción da Igrexa universal definida por un concepto étnico ou xeográfico, pola súa doutrina, por un personaxe que a dirixiu ou organizou doutrinalmente, por un rito litúrxico especial ou por calquera outro criterio.

      4. Conxunto de todos os ministros, do goberno, dunha Igrexa.

    1. Lugar de reunión dos cristiáns para a celebración dos actos litúrxicos. A primeira comunidade cristiá, de formación xudea, continuou asistindo á pregaria das sinagogas, pero pronto comezou a reunirse en casas particulares para a celebración da Eucaristía. Do s III coñécese Dura Europos, aínda que ata despois da paz de Constantino I (313) non se comezaron a construír edificios de culto. Estas construcións respondían arquitectonicamente a edificios civís. No Imperio Romano adoptouse a forma da basílica, pero en Mesopotamia e Persia os modelos foron os palacios sasánidas. Un tipo de igrexa especial foi o martyrium, do que deriva a igrexa de planta central. No interior, o espazo destinado ao altar e aos fieis depende do tipo de igrexa e, sobre todo, das diversas tradicións cristiáns. A igrexa inaugúrase cunha festa especial, a dedicación, cuns ritos propios de consagración.

    2. Figura heráldica que se representa con dous campanarios.

    3. A comunidade cristiá dos tempos apostólicos.

    4. Os benaventurados do paraíso celestial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica da colocación nun floreiro, de flores talladas, ramas secas ou verdes, froitos vexetais e pedras, e do seu significado. As súas orixes, como arte floral, atópanse no s VI e teñen conceptos relixiosos, simbólicos e filosóficos. Sufriu unha lenta evolución e deu vida a outros estilos como o rikka, shoka, nagheine e moribana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mineral arxiloso de estrutura e composición semellantes á das micas. Aparece en ambientes de alteración, sedimentarios, metamórficos e hidrotermais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia política que propugna o illamento dun país respecto dos compromisos políticos internacionais. O termo isolationism, foi cuñado en EE UU e tiña por obxecto manter a nación lonxe dos conflitos nacionalistas das potencias europeas. A doutrina Monroe (1823) significou un novo paso na aplicación deste principio, observado estritamente despois da Guerra de Secesión (1861-1865) ata a Primeira Guerra Mundial. A internacionalización en todos os campos (político, económico, militar) fixo inviable esta práctica, que apenas se levou a cabo a causa de circunstancias excepcionais, e aínda así parcialmente, en países como Albania.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de illar ou illarse.

    2. Situación na que se encontra algo ou alguén que está illado.

      1. Conxunto de elementos que contribúen a illar.

      2. illamento acústico

        Illamento destinado a evitar o paso de sons entre ambientes veciños. A propagación diminúe cando se efectúa sucesivamente a través de materiais de elasticidade diferente como son o aire e a retícula de material esponxoso. Pero no caso do illamento acústico intervén outro factor: a propagación sonora varía segundo a lonxitude de onda do son. Así, para frear os sons agudos convén usar materiais porosos, mentres que cando se trata de sons graves convén a interposición de masas que, polo seu peso, son difíciles de poñer en vibración. Por iso, os illamentos acústicos supoñen a colocación de materiais pouco elásticos (como as láminas de chumbo) acompañados de materiais porosos. Considérase que un illamento de 50 dB a 1000 Hz é o mínimo recomendable para as paredes exteriores dun cuarto, e de 30 a 50 dB para as interiores.

      3. illamento térmico

        Illamento destinado a frear o paso de calor a través dos cerramentos dun edificio para facilitar a conservación da súa temperatura interior. A eficacia deste illamento representa un aforro de enerxía que se pode absorver ao producir calorías. Para conseguir un illamento cómpre protexer os paramentos que pechan o local que se vai illar con materiais de características porosas, é dicir, formados pola unión de celas de paredes delgadas cheas de aire (ou algún outro gas), que é un bo illante. O feito de ser un gas fai que presente fenómenos de convección que facilitan o transporte de calorías. Cando este aire (ou gas) queda moi compartimentado, prisioneiro dentro das celas dun material poroso, os fenómenos de convección só se poden presentar no interior de cada cela, e por isto os materiais illantes son moito máis pequenos, como as celas que as forman. Os materiais máis comunmente empregados son a cortiza, a fibra de vidro, o cemento celular e os materiais esponxosos formados por diversas resinas...

      1. Incomunicación entre dous condutores ou dúas partes condutoras, de maneira que non poida haber paso de corrente dun a outro. Dado que o illamento perfecto non existe, exprésanse as propiedades dun illamento real mediante a resistencia de illamento, medida nunhas condicións específicas, entre dous condutores separados por un illante.

      2. Conxunto dos illantes que forman parte dun aparato ou máquina para illar os seus condutores.

      3. Conxunto das propiedades adquiridas por un condutor illante.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bisemanario editado en Santiago de Compostela a partir do 1 de novembro de 1868. Subtitulouse “Revista política, literaria, ilustrada”. Dirixido por Félix Moreno Astray, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Paredes. Incluíu fundamentalmente literatura en prosa e verso de diversos autores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico editado na Coruña a partir de 1860. Cesou a súa edición en 1865. Subtitulouse “Diario mercantil, de literatura y avisos”. Dirixido por Gonzalo Brañas, Eladio Fernández e Domingo Camino, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Domingo Puga. Nos seus artigos, ademais de temas locais e xerais, preocupouse pola chegada do ferrocarril a Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato hidratado de ferro e calcio, de fórmula CaFe3[OHO (Si2O7)]. Cristaliza no sistema rómbico; é de cor negra; ten dureza 5, 5-6 e peso específico 4,1.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de esnaquizarse, de romper subitamente de fóra a dentro, ao cederen as paredes dun recipiente sometido a unha presión exterior superior á interior.

    2. Precipitación violenta da materia dun astro cara ao seu centro de colapso gravitacional.

    3. Primeira fase da articulación dun fonema oclusivo, caracterizada por un movemento de aproximación dos órganos supraglóticos no estado específico ou normal daquel fonema. Adoita coincidir parcialmente co momento distensivo da articulación precedente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que impón algo non material, especialmente temor ou medo.

    2. Que é moi bo ou magnífico.

    3. Que é moi guapo ou atractivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de impulsar.

      2. Dada unha forza F(t) que actúa sobre unha partícula de masa m durante un intervalo T, magnitude definida pola fórmula I = ∫TOF(t)dt. A partir da segunda lei de Newton obtense que o impulso é igual ao incremento do momento lineal, resultado denominado teorema do impulso. Na dinámica das rotacións denomínase impulso angular a magnitude I = ∫TOM(t)dt, onde M(t) é o momento resultante das forzas.

      1. Forza ou enerxía que pon en movemento ou que fai desenvolverse algo.

      2. Forza interior involuntaria que move a facer algo de xeito repentino e espontáneo.

    1. Sinal eléctrico de duración moi breve e de forma normalmente rectangular, de maneira que presenta un aumento, seguido dunha diminución brusca do seu valor. A miúdo repítese a unha frecuencia determinada.

    2. Forza producida polos propulsores dunha aeronave ou dun foguete que é a que causa o seu movemento. O empuxe mídese en newtons. Nos motores convencionais a hélice converte en empuxe a potencia do motor. Pola contra, nos reactores o empuxe prodúcese como consecuencia da variación na cantidade de movemento da masa fluída que atravesa o motor.

      1. Forza que ten un sentido oposto ao peso, a que están sometidos os corpos mergullados ou os que flotan nun fluído. Segundo o principio de Arquímedes, é igual ao peso do fluído desaloxado polo corpo.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alterar a pureza de algo ou de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non está acentudado ou que carece de acento gráfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se fai ou di sen conciencia nin vontade.

    2. Que perdeu o coñecemento.

      1. Aplícase a quen actúa sen pensar e sen prudencia.

      2. Que ou quen non é consciente de algo.

    3. Ámbito epistemolóxico ou metafísico non afectado de consciencia. G. W. Leibniz clasificou as mónadas nunha gradación que ía da inconsciencia á máxima consciencia, mentres que E. von Hartmann fixo do inconsciente un ente absoluto cunha finalidade cega que se desenvolvía ata a fin da consciencia.

      1. Conxunto de procesos que condicionan a conduta e que non afloran ao umbral da consciencia. Foi S. Freud quen puxo de relevo a súa importancia no comportamento humano. Constituído por desexos e por procesos psicolóxicos reprimidos pola censura, as forzas inconscientes poden influír na vida consciente do individuo e son sublimadas, ás veces, en certos valores superiores, como os artísticos ou relixiosos; os procesos inconscientes vólvense conscientes ao eliminar as represións, sexa a través do sono ou da psicoanálise.

      2. inconsciente colectivo

        Inconsciente común a todos os individuos -segundo C. G. Jung-, composto por arquetipos ou modelos de conduta que pertencen ao dominio do instinto, creado a través de experiencias milenarias da humanidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación oficial dos territorios da Coroa de Castela en ultramar. O nome foi orixinalmente o de Indias e proviña dun erro xeográfico de Cristovo Colón, que pensaba que chegara ás costas orientais de Asia e non a un novo continente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non é específico.

    VER O DETALLE DO TERMO