"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espacio que hai entre dúas columnas. Está suxeito a un módulo de xeito que conforma un edifico ou templo areóstilo, dístilo, picnóstilo ou sístilo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos diferentes tipos de relación que teñen lugar entre dúas especies ou máis dun mesmo xénero, como a hibridación ou a competencia polo mesmo espazo ou alimento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Certame cinematográfico internacional fundado en Berlín en 1951. É un dos referentes mundiais da exhibición de cine. Anualmente entrega os seus galardóns nas diferentes categorías do festival, entre as que destaca o Goldener Bär, o seu premio máis destacado.
-
-
Acción e efecto de interpretar.
-
Arte de entender ou declarar o contido ou sentido dun escrito, un discurso ou unha obra de arte, que presenta un sentido escuro ou que ofrece dúbidas. Denomínase hermenéutica á interpretación dos textos filosóficos e eséxese á interpretación bíblica.
-
Arte e técnica de representar ou encarnar un personaxe dunha obra escénica, cinematográfica, radiofónica ou televisiva. Desde o s XVII existen traballos teóricos destinados á formación do actor, dos que destaca Paradoxe sur le comédien de Diderot. Durante o s XIX xurdiu unha nova concepción máis total da misión do actor. Cómpre mencionar nesta liña a A. Antoine, A. M. Lugné-Poe e, sobre todo, K. Stanislavskij, que baseou o seu método na identificación total do actor co personaxe. B. Brecht defendeu que o actor debía ter unha postura crítica fronte ao seu personaxe. Entre os modernos figura como máis destacado J. Grotowski.
-
Acción de interpretar o sentido das normas xurídicas na súa aplicación a un caso concreto. Denomínase auténtica cando a efectúa o mesmo lexislador, doutrinal cando se fundamenta na opinión de xuriconsultos e xudicial cando se basea na xurisprudencia dos tribunais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización xurdida da fusión de ING e CTG, denominada INTG desde 1981. A división dentro da esquerda nacionalista tivo como consecuencia a escisión, en 1985, do sector procedente da Central de Traballadores Galegos (CTG) e da Confederación Sindical Galega (CSG), que constituíu a CXTG-IN (Confederación Xeral de Traballadores Galegos-Intersindical Nacional). Trala coalición electoral coa CXTG en 1990 baixo o nome de Converxencia Intersindical Galega, a reunificación ratificouse en 1993 coa constitución da Confederación Intersindical Galega (CIG).
-
-
Fenómeno de retroentrecruzamento espontáneo reiterado dun híbrido interespecífico cunha ou coas dúas especies parentais.
-
Introgresión que ten lugar entre especies que ocupan áreas xeográficas diferentes.
-
Introgresión que ten lugar entre especies que teñen distribucións xeográficas semellantes pero que se manteñen separadas por barreiras ecolóxicas.
-
-
-
Conferir a alguén un cargo honorífico ou unha dignidade ou poñelo en exercicio de certas funcións.
-
Facer un investimento de capital.
-
Dedicar tempo, esforzo ou traballo en algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado na Coruña a partir do 1 de marzo de 1880. Subtitulouse “Semanario de intereses generales”. Cesou a súa edición o 27 de setembro do mesmo ano. Fundado e dirixido por Alexandre Puig e Ricardo Caruncho, incluíu información sobre literatura, ciencias, agricultura, industria e comercio. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Las Noticias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista quincenal editada en Pontevedra a partir do 1 de outubro de 1888. Cesou a súa edición o 9 de xaneiro de 1889 (nº7). Imprimiuse nos obradoiros tipográficos dos herdeiros de Madrigal. Na súa redacción participaba, entre outros, Xerardo Álvarez Limeses, probablemente o seu director. Incluíu artigos literarios e composicións poéticas.
-
-
Relación de afecto entre irmáns ou persoas que comparten as mesmas afinidades.
-
Asociación de persoas vinculadas por un labor, unhas ideas, etc, comúns, establecida cun carácter benéfico para socorrer os seus membros en caso de necesidade.
-
Cada unha das federacións de municipios establecidas en Castela e León, inicialmente con carácter temporal, coa finalidade do interese xeral, sobre todo o mantemento da orde e da seguridade, e contra os abusos señoriais. Apareceron a finais do s XII, pero non adquiriron importancia ata finais dos ss XIV e XV, como consecuencia das guerras civís que debilitaron o poder público. Destacaron as de Toledo (1300), formada para perseguir bandoleiros; Segovia, impulsada e regulamentada por Enrique IV de Castela (1473); e a do Cantábrico, constituída a finais do s XIII, que administraba e gobernaba libremente as poboacións asociadas, ata o punto de que chegou a adquirir unha notable independencia respecto da coroa e a manter relacións directas con Inglaterra e Francia. Os Reis Católicos crearon a Santa Hermandad, a imaxe destas, que participou na Guerra de Granada e que foi perdendo as súas atribucións ata que desapareceu no s XVII. En Galicia constituíuse en 1458 a Irmandade Galega, formada polos...
-
-
Confraría de carácter piadoso.
-
Privilexio que unha comunidade relixiosa concede a alguén para facelo partícipe dalgunhas gracias.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado en Montevideo a partir do 1 de outubro de 1934. Cesou a súa edición o 1 de xaneiro de 1936. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Rosgal. Voceiro da Irmandade Galeguista do Uruguay e relacionada co Partido Galeguista, incluíu información política de orientación nacionalista. Colaboraron nela destacados políticos e escritores, como Alexandre Bóveda e Afonso Castelao. Na súa segunda época, entre xuño de 1958 e xuño de 1961, foi dirixida por Xosé L. Villaverde e Miguel V. Valiño e seguiu os mesmos postulados políticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao isomorfismo.
-
-
Relativo ou pertencente a Italia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Italia.
-
Lingua románica oriental, que pertence ao subgrupo italorrománico. É oficial en Italia, San Marino, Cidade do Vaticano e Suíza. Existen focos de fala italiana en Córsega e Malta, así como en Francia, Alemaña, Reino Unido e Bélxica, e está moi estendida en Mónaco. Hai importantes comunidades de italofalantes en EE UU, Arxentina (onde, en contacto co castelán, deu lugar ao cocoliche), Canadá, Australia e Brasil. Consérvase como un vestixio do dominio colonial en países como Eritrea e Somalia. Fálana uns 62 millóns de persoas (estim 2002).
Evolución histórica
Na Península Itálica formáronse numerosas variedades romances. A primeira documentación segura dunha delas é o Placito capuano (960), aínda que, de considerarse escrito en lingua vulgar, o Indovinello veronese sería anterior (finais do s VIII-principios do IX). Existe así mesmo unha alba do s X e a Carta do Montamiata, do XI. Os primeiros textos literarios proceden case todos... -
Arte desenvolvida en Italia. Os vestixios máis numerosos da Italia prehistórica pertencen ao Neolítico. A chegada dos itálicos trouxo a introdución da metalurxia do bronce, unha segunda ondada protagonizou a inicios da Idade do Ferro a cultura vilanoviana, non identificable totalmente cos etruscos. Do pobo etrusco destacan as tumbas de Cerveteri e Tarquinia, entre outras, e poboados como os de Veyes; e no eido da escultura o Apolo de Veyes e O sarcófago de Cerveteri. As mostras artísticas do Imperio Romano non só están presentes na cidade de Roma, onde destacan os diversos foros, o Coliseo, o Ara Pacis Augustae, o Panteón e as numerosas mostras escultóricas, senón que se atopan por toda Italia. As primeiras manifestacións da arte paleocristiá, as pinturas das catacumbas e os sarcófagos, continuaron coas características formais da arte romana. No eido da arquitectura, sobresaen as basílicas de Santa Sabina e Santa Maria Maggiore...
-
Arte cinematográfica realizada en Italia. No ano 1904 o inventor Filoteo Alberini formou, xunto con Santoni, a produtora Manifattura Cinematografica Alberini e Santoni, realizadora de La presa di Roma (1905), filme que inaugurou a serie histórico-espectacular continuada por Gli ultimi giorni di Pompei (1908), de Arturo Ambrosio; Quo Vadis? (1912), de Guazzoni, e, sobre todo, Cabiria (1913), de Piero Fosco. O monumentalismo histórico e o divismo feminino levaron o cine italiano a unha mediocridade total, da que intentou sacalo Benito Mussolini (creación do Centro Sperimentale di Cinematografia en 1935 e construción dos estudios de Cinecittà en 1937). O descontento co cine oficial, fascista e grandilocuente, por parte dos alumnos do Centro Sperimentale (De Santis, Antonioni, Pietro Germi, Luigi Zampa) fixo que xurdisen os primeiros xermolos neorrealistas en plena ditadura (Ossessione, 1942, de Luchino Visconti; Quatro passi fra le nuvole,...
-
Filosofía producida no ámbito cultural italiano. A aparición do italiano como lingua filosófica vai unida do xurdimento das actitudes de pensamento que se acostuman designar como modernas. É tanto a lingua empregada por Maquiavelo (1469-1527) como a que xeralmente utilizaba Galileo Galilei (1564-1642) nas obras divulgatorias da súa produción científica. Destaca tamén Giordano Bruno (1548-1600) e Tommaso Campanella (1568-1639). Despois deste destacado inicio, a filosofía italiana permaneceu nun segundo plano detrás da produción francesa e inglesa. Así e todo, no s XVII sobresaíu Giambattista Vico (1668-1744). A Ilustración italiana tendeu a seguir os modelos das nacións que dominaban o panorama cultural, Francia e o Reino Unido. As figuras máis importantes foron Cesare Bonesana (1738-1794) e Antonio Genovesi (1712-1769). O pensamento italiano coñeceu un momento álxido con Il Risorgimento, momento no que conviviron dúas tendencias: por unha banda, un pensamento que partía da metafísica tradicional...
-
Literatura cultivada en lingua italiana.
As orixes e o dolce stil novo
Os primeiros testemuños en lingua vulgar maniféstanse xa a principios do s XI. Malia todo, a diferenza doutras linguas da Romania, o italiano “vulgar” estivo situado nun segundo termo, diante dunha tradición latina fortemente consolidada. No s XIII o gran desenvolvemento do poder das cidades fixo de Italia o lugar onde converxeron e se fusionaron as diversas experiencias culturais europeas (a especulación en latín, a lírica occitana e a narrativa francesa). Cara a 1230 un grupo de poetas da corte de Suabia traduciron temas trobadorescos á lingua vulgar siciliana; no momento no que o centro cultural da Península se trasladou a Toscana, os temas cortesáns pasaron a escribirse en toscano (Guittone d’Arezzo). Xurdiron nese momento outros xéneros literarios nas diversas linguas vulgares rexionais: os laudes relixiosos na Italia central, en que se pode enmarcar o Cantico delle Creature (1225), a primeira... -
Arte musical cultivada en Italia. A primeira música relixiosa cristiá identifícase co denominado canto gregoriano. A ars nova italiana foi cultivada en forma de madrigais, caccie ou baladas. No s XIV os cantantes que trouxo o papa de Aviñón introduciron en Italia a música franco-flamenga. A música vogal italiana culminou coa obra a capella de G. P. Palestrina (1525-94), imitada pola chamada escola romana. A outra escola de música relixiosa foi a veneciana, impulsada polo flamengo A. Willaert (1480-1562) e continuada polos irmáns Gabrieli. Esta escola caracterizouse polas intervencións dos instrumentos e a policoralidade. Na música profana hai canzoni e madrigais polifónicos cultivados polos flamengos instalados en Italia e polos italianos C. Merulo (1533-1604), L. Marenzio (1553-99), G. Gesualdo (1560-1613) e C. Monteverdi (1567-1643), que fixeron innovacións harmónicas e rítmicas. A música instrumental emancipouse con formas autónomas, como o ricercare,...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da zooloxía que estudia os peixes. Esta ciencia naceu no s XVI en Francia, con Pierre Rondelet e Pierre Belon, e en Italia, con Ippolito Salviani. Tomou un grande impulso con Carl Linné e a súa nomenclatura binaria. No s XIX Cuvier describiu e clasificou todas as especies coñecidas de peixes en Histoire naturelle des poissons, que continuou o seu discípulo Valenciennes (1820). A ictioloxía viuse afectada polo salto epistemolóxico que representou a obra de Charles Darwin, e como consecuencia apareceron as primeiras teorías filoxenéticas. Na etapa posdarwiniana destacan Regan e Boulenger. Os problemas alimenticios da humanidade fixeron que a súa vertente práctica, a pesqueira, tomase unha grande importancia, sobre todo en Xapón e Rusia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Panca que controla o movemento do cursor ou dun carácter gráfico na pantalla.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico de tendencia republicana editado en Pontevedra a partir do 4 de decembro de 1886, que cesou a súa edición en 1890. Subtitulouse “Diario político”. Fundado e dirixido por Indalecio Armesto, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Rogelio Quintáns. Naceu como continuador de El Anunciador e trala escisión do Partido Republicano Progresista. Incluíu, sobre todo, información política.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista científico-literaria editada en Vigo a partir de xuño de 1872, que cesou a súa edición en setembro do mesmo ano. Dirixida por Félix J. Pardo, contou coa colaboración de Emilio Taboada, entre outros. Trátase dunha publicación editada por xornalistas moi novos que tentaba ofrecer unha nova óptica á prensa viguesa.
-
-
Sistema filosófico de Kant.
-
Conxunto de filosofías inspiradas nos principios e o sistema kantianos. Dada a multiplicidade destas filosofías, a corrente kantiana presenta diferencias moi considerables. Mentres o idealismo, con J. G. Fichte, F. W. Schelling e G. W. Hegel, desenvolve o concepto de liberdade como a autoposición constituínte do mundo, o positivismo de A. Comte e J. Stuart Mill, retén as teses fenomenistas e agnósticas. Desde a segunda metade do s XIX ata principios do s XX abriuse paso o neokantismo, movemento de retorno a Kant. A influencia kantiana é determinante en E. Husserl, M. Heidegger, e na denominada filosofía aberta de F. Gonseth e G. Bachelard. En España destacaron autores como Ortega y Gasset, Manuel García Morente e José Gaos.
-
-
-
Barco pequeno de dous paos e bauprés, que se emprega no tráfico de cabotaxe e na pesca.
-
Iate de alta mar aparellado de ketch.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Christiansburg, Virginia 1888 - Valle San Fernando, California 1982) Director cinematográfico estadounidense. Mostrou habilidade na manipulación espectacular de vicisitudes sentimentais. A súa filmografía consta de máis de cen títulos, entre os que sobresaen Stella Dallas (1925), Seventh Heaven (1937), The Gunfighter (1950) e Tender is the Night (1961).