"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
-
Ciencia que estuda a constitución e a estrutura dos metais e as súas aliaxes. A metalografía clásica comprende a análise térmica, a metalografía macroscópica ou macrografía e a metalografía microscópica ou micrografía. A análise térmica ten por finalidade seguir a evolución da estrutura das aliaxes coa temperatura e detectar as transformacións e as súas caracteríticas de velocidade, intensidade e histérese. Distínguense diferentes campos de análise térmica: a análise dilatométrica ou variación do coeficiente de dilatación coa temperatura, a análise termomagnetométrica ou variación da permeabilidade magnética coa temperatura, a análise da termorresistividade ou variación do coeficiente de resistividade coa temperatura e a análise termoeléctrica ou variación do poder termoeléctrico coa temperatura. A macrografía estuda a superficie dos metais a simple vista ou coa axuda dun instrumento óptico de poucos aumentos. A micrografía...
-
Proceso litográfico que se realiza sobre un metal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á metalografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de carácter técnico aparecida en Valladolid en 1937. En xaneiro de 1938 trasladou a súa redacción á Coruña, onde se editou nos obradoiros tipográficos de Roel. Ao finalizar a Guerra Civil instalouse en Madrid.
-
-
Relativo ou pertencente ao metamorfismo.
-
Que sufriu metamorfismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hidrocarburo saturado, o máis simple da serie dos alcanos, que se presenta a temperatura ambiente como un gas incoloro e non tóxico, que se fai líquido a -162°C e que se inflama a 650°C. É o compoñente principal do gas natural e do grisú, e emprégase principalmente como combustible debido ao seu elevado poder calorífico (9.510 Kcal m3). Pódese obter a partir de sulfuros de carbono e de hidróxeno e por descomposición de certos carburos metálicos. Industrialmente, as principais fontes do metano son o gas natural, o grisú, a hidroxenación do óxido de carbono en presenza de vapor de auga e a fermentación da glicosa. Ademais da súa aplicación como combustible, tamén se emprega como primeira materia en numerosas reaccións de síntese, como por exemplo para a obtención de acetileno, etileno, metanol, formaldehido e sulfuro de carbono.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á meteorografía.
-
-
Ciencia que estuda a atmosfera e os fenómenos que teñen lugar nela. É considerada unha parte da física e ten un marcado carácter de observación, xa que xeralmente é imposible a experimentación e a reprodución dos fenómenos que teñen lugar na atmosfera. Ten un ámbito de estudo moi parecido ao da climatoloxía, pero diferénciase en que esta trata dos valores e as pautas que segue a atmosfera durante longos períodos de tempo e, pola contra, a meteoroloxía fai referencia ao estado das variables nun momento determinado. Os primeiros estudos meteorolóxicos foron feitos no s IV a C por Aristóteles e foi no s XVII cando se fixeron as primeiras observacións da temperatura, da presión e da choiva. A finais do s XVIII e a principios do s XIX un grupo de científicos europeos estableceron unha rede de estacións meteorolóxicas e apareceron os primeiros mapas do tempo. Foron os meteorólogos escandinavos, dirixidos por V.F.K. Bjerknes e polo seu fillo, quen desenvolveron a teoría das masas de aire e das...
-
Aplicación da meteoroloxía a diferentes campos, como é o caso da meteoroloxía agrícola, meteoroloxía marítima, meteoroloxía médica ou meteoroloxía legal.
-
Parte da meteoroloxía que estuda as leis de movementos da atmosfera e os mecanismos de formación e desenvolvemento dos sistemas ou perturbacións meteorolóxicas de diferentes escalas, mediante a aplicación das leis da dinámica de fluídos na atmosfera. Así, a predición meteorolóxica mediante modelos numéricos é unha das partes principais da meteoroloxía dinámica. Nos estudos prácticos de diagnóstico e de predición, utilízanse mapas e diagramas que representan o estado da atmosfera a unhas horas determinadas e sobre unha extensión restrinxida.
-
Parte da meteoroloxía que estuda a radiación solar, primeira fonte de enerxía do sistema Terra-atmosfera, e a súa transformación noutros tipos de enerxía que interveñen nos fenómenos meteorolóxicos, a termodinámica da atmosfera, a física das nubes, os procesos que dan lugar ás precipitacións, as tempestades e os meteoros eléctricos e ópticos.
-
Conxunto de estudos prácticos que se aplican diariamente para a previsión do tempo. A micrometeoroloxía estuda os procesos que se dan na parte máis baixa da atmosfera, denominada capa límite, onde teñen lugar os intercambios de materia e enerxía coa superficie terrestre e onde os fenómenos de viscosidade, turbulencia e, en definitiva, o rozamento do aire coa terra, son máis importantes. A aeroloxía estuda as capas atmosféricas máis altas.
-
-
-
-
Forma de proceder para acadar un fin, razoando e seguindo unha orde.
-
Conxunto ordenado de exercicios ou regras para ensinar ou aprender algo.
-
Maneira particular de facer algo.
-
-
Maneira concreta de proceder, aplicar o pensamento ou levar a termo unha investigación coa finalidade de coñecer unha realidade, comprender o sentido ou o valor duns feitos determinados, interpretar correctamente os datos da experiencia ou resolver un problema ou cuestión. A formulación explícita das cuestións relativas ao método foi un fenómeno específico da época moderna. Foi decisivo o achegamento de R. Descartes no Discours de la méthode (...), obra que recollía dúas características do método aceptadas universalmente: a súa validez para ser usado por calquera e a finalidade de posibilitar o progreso do coñecemento. Xeralmente admítese que o ámbito concreto para investigar determina a estrutura do método que se debe seguir: así, cada disciplina ten uns métodos propios e singulares, aínda que houbo intentos de achar un método universal. Dos diversos métodos que existen destacan o analítico, axiomático ou formal, definitorio, dedutivo, linguístico ou semiótico, demostrativo, dialéctico,...
-
Conxunto de operacións que, na investigación científica, intentan acadar o maior grao de obxectividade, facendo máis díficil a interpretación errónea dos feitos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tropo que consiste en tomar “a parte polo todo”, isto é, en designar ou substituír unha cousa co nome doutra coa que mantén algunha relación, en virtude da que se poden determinar varios tipos de metonimias: a) O autor pola obra (leu a Cunqueiro -os libros de Cunqueiro-; ten un Laxeiro -un cadro de Laxeiro-); b) O posuidor polo posuído, ou viceversa (vai no mecánico -no taller do mecánico-); c) A causa polo efecto (vive do seu traballo -do que gaña co seu traballo-); d) O lugar de procedencia polo produto (gústalle o porto -viño de Porto); e) O continente polo contido (tómalle un vaso -un vaso de viño-); f) A materia polo obxecto (colecciona porcelanas -figuras de porcelana); g) O instrumento pola causa activa (é un magnífico violín -violinista-); etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ferrocarril con tracción eléctrica que está destinado ao transporte rápido de viaxeiros polo interior dunha cidade. A súa aplicación limítase esencialmente a grandes cidades ou conurbacións de máis dun millón de habitantes, en que a alta capacidade de transporte xustifica os gastos da instalación. O percorrido é xeralmente subterráneo ou elevado por viadutos, para non interromper o tráfico habitual urbano. As estacións están situadas a pouca distancia unhas das outras, e establécese unha rede de liñas enlazadas por estacións de correspondencia. Circulan desde a lanzadeira dunha cabeceira ata outra liña, moi preto un dos outros, cunha frecuencia moi elevada e cunha velocidade máxima que oscila entre os 60 e 80 km/h. Para eliminar vibracións empréganse carrís soldados que se colocan sobre bases de goma, rodas con pneumáticos, engrenaxes silenciosas e suspensións pneumáticas, ao que se une a insonorización dos túneles e as estacións con revestimentos axeitados. A maior parte dos metros empregan...
-
-
Relativo ou pertencente a México ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de México.
-
Arte que se desenvolveu en México. Os principais restos da civilización olmeca atópanse na cidade de La Venta, onde destaca a pirámide, e as monumentais cabezas de pedra e outras figuras humanas e de animais. En Teotihuacán destacan as pirámides do Sol e da Luna e o templo de Quetzalcóatl. Da época azteca destaca a cidade de Tenochtitlán, o santuario rupestre de Malinalco, os relevos que decoran os templos e as representacións escultóricas dos deuses. No s XVI os gobernantes e os relixiosos chegados para evanxelizar os indíxenas, erixiron, en estilo renacentista, os primeiros conventos como o de Cholula de Rivadabia e Tula; catedrais como a de Puebla, Mérida e Guadalupe; e edificios civís, dos que destacan o palacio do goberno en Tlaxcala, a fachada da residencia gobernamental en Mérida e o palacio de Cortés en Cuernavaca. No ámbito da pintura destaca a obra mural do mosteiro de San Agustín de Acolman. No s XVII o barroco de tradición hispánica uniuse ao exuberante gusto local e deu como...
-
Arte cinematográfica desenvolvida en México. O introdutor do cine no país foi o enxeñeiro Salvador Toscano Barragán, que en 1896 creou a primeira sala de exhibición. Coa chegada do son, o cine mexicano situouse á cabeza da produción hispanoamericana, que entrou na súa “época de ouro” (1935-1955). En 1946 o cine mexicano deuse a coñecer internacionalmente co premio obtido no festival de Cannes por María Candelaria, de Emilio Fernández. Esta etapa de florecemento xerou os nomes de Mario Moreno Cantinflas, María Félix, Jorge Negrete ou Pedro Infante. As décadas de 1950 e 1960 foron de crise, que se intentou resolver coa promoción de realizadores novos, mediante o Concurso de Cine Experimental de Largometraje (1965). Durante este período o sector máis importante do cine mexicano estivo constituído por realizadores españois, como Luis Buñuel (Los olvidados, 1950; El ángel exterminador, 1962; Simón del desierto, 1965), Luis Alcoriza (Los jóvenes,...
-
Literatura elaborada en México, principalmente en castelán, que adoita dividirse en tres etapas. A primeira, denominada época colonial, ten un carácter esencialmente castelán, representada por J. Ruiz de Alarcón; J. Inés de la Cruz, a autora máis destacada do barroco mexicano; J. J. Fernández de Lizarri; L. Alamán e J. Díaz Coverrubias, aínda que hai características autóctonas en autores como Fernando de Alva Ixtilxóchitil (1568-1648), autor da Historia chichimeca (1648); Bernardo de Balbuena, que publicou Grandeza mexicana (1604); e Carlos de Sigüenza, que escribiu Triunfo parténico. A principios do s XIX comezaron a florecer as ideas independentistas e apareceron as primeiras obras de investigación, como a Biblioteca hispano-americana septentrional, de José M. Beristain. Na segunda etapa (1850-1910), na época romántica, floreceu a novela costumista, xénero en que destacaron Manuel Payno, Luis G. Inclán e Vicente Riva. Por outra banda, cómpre salientar o labor dos prosistas románticos...
-
Arte musical cultivada en México. Os conquistadores españois atoparon alí unha música autóctona viva e brillante. A capela da catedral de México tiña unha actividade intensa na segunda metade do s XVI. Coa independencia xurdiu un grupo de músicos como Aniceto Ortega (1823-1875), Melesio Morales (1838-1908) ou Felipe Villanueva (1862-1893). Máis tarde destacaron Julián Carrillo (1875-1965) e Manuel M. Ponce (1886-1948), que se aproveitaron da creación do Conservatorio Nacional (1877). A música mexicana converteuse na primeira escola americana grazas a Silvestre Revueltas (1899-1940) e Carlos Chávez (1899-1978). Na música lixeira destacou o bo facer de Agustín Lara (1897-1970). A música folclórica estaba xa moi influída pola hispánica e apareceu a orquestra mariachi, con cantantes chamados tamén mariachis,e as cancións populares mexicanas fixéronse célebres grazas a Jorge Negrete e Pedro Infante. Nos últimos anos do s XX apareceron unha serie de músicos e grupos que triunfaron...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da botánica que se dedica ao estudo dos fungos. Os estudos clásicos parten dos traballos de J. C. Schaeffer (1718-1790) e de P. Bulliard (1752-1793). Elias Magnus Fries (1794-1878) puxo as bases da taxonomía moderna. A micoloxía diversificouse moito, e nela destacan Rolf Singer, A. von Arx, C. S. Alexpoulos e F. K. Sparrow no estudo dos fungos acuáticos e R. W. G. Dennis e R. P. Korf no dos ascomicetos. En España cabe destacar as achegas de Telesforo de Aranzadi (1860-1945), Blas Lázaro Ibiza (1858-1921) e Romualdo González Fragoso (1862-1928). En Galicia os primeiros pasos en micoloxía deunos o botánico M. P. Colmeiro, que durante o s XIX fixo unha recompilación de citas sobre macromicetos, pero non foi ata o s XX, durante as décadas de 1940 e 1950, cando se iniciaron os primeiros estudos de carácter científico na Universidade de Santiago de Compostela. Durante esta etapa creouse o Centro Rexional de Ensinanzas e Investigacións Forestais de Lourizán, que tivo moita importancia no...
-
-
Relativo ou pertencente ás micoplasmatais.
-
Bacteria da orde das micoplasmatais.
-
Orde de bacterias, da clase das mollicutas, que comprende individuos inmóbiles, extremadamente pleomórficos polo feito de non ter parede celular ríxida. Reprodúcense mediante gonidios denominados corpúsculos elementais, que son filtrables. Precisan numerosos factores de crecemento para o seu desenvolvemento. Son axentes de diversas enfermidades.
-
-
-
Parte da bioloxía que estuda os microorganismos. Ocúpase da descrición dos numerosos tipos de microorganismos, do estudo das súas condicións e medios de vida, da súa relación co medio, de todos aqueles casos en que os microorganismos actúan como patóxenos no home, nos animais e nas plantas, dos procesos industriais que mediante microorganismos producen alimentos (lévedos de panificación, iogures), e da produción industrial de antibióticos, aminoácidos e disolventes orgánicos. Está relacionada cos fenómenos de biodeterioración. Leeuwenhoek (1632-1723) foi o primeiro observador das bacterias do vinagre, do leite e da cavidade bucal. Pasteur (1822-1895) estableceu que os microorganismos son axentes produtores de cambios químicos importantes e descartou a teoría da xeración espontánea, probando que unha materia estéril illada da atmosfera non se descompón. A microbioloxía industrial naceu coa intención de obter métodos para conservar os alimentos, conseguíndose as técnicas de esterilización,...
-
Estudo das relacións entre os microorganismos e os alimentos. Estas relacións poden ser beneficiosas (alimentos obtidos por fermentación) ou prexudiciais (contaminacións microbianas que deterioran ou intoxican os alimentos). As fermentacións industriais de interese alimentario débense a bacterias lácticas, bacterias acéticas (vinagre) e lévedos (bebidas alcohólicas, pan), entre outras. A deterioración biolóxica dos alimentos débese a microorganismos (bacterias ou lévedos). As contaminacións por bacterias patóxenas ocasionan toxiinfeccións (salmonelose) ou intoxicacións (estafilococia ou botulismo), que se poden evitar cunha preparación ou conservación adecuadas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato alumínico e potásico, de fórmula KAlSi3O8. Pertence ao grupo dos feldespatos e cristaliza no sistema triclínico. É de cor branca, gris ou rosa. Ten unha dureza de 6-6,5 e un peso específico de 2,56-2,63. É polimorfo da ortosa e da sanidina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Microforma de medidas normalizadas DIN A6 (105/148 mm) que pode conter de 1 a 448 fotogramas. A parte superior dispón dunha franxa opaca en que se describe o contido da microficha. A marxe inferior permite a selección automatizada. O corpo central, que contén a información, pode estar distribuído en dúas direccións: vertical, se a imaxe foi xerada por ordenador, e horizontal, cando foi obtida por métodos fotográficos. Cada páxina ou micrograma localízase por unhas coordenadas alfanuméricas. No ángulo inferior dereito está indicado o contido da microficha.
-
-
Descrición de obxectos microscópicos, que xeralmente foron observados mediante o microscopio.
-
Técnica metalográfica de estudo das superficies metálicas, xa sexan puídas ou ben tratadas quimicamente, por medio do microscopio metalográfico. Permite obter información sobre a estrutura interna dos compoñentes do metal ou aliaxe, das dimensións e da distribución dos grans.
-
-
-
Relativo ou pertencente á micrografía.
-
Estrutura da superficie dun metal observada grazas a un microscopio metalográfico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tantalato hidratado de calcio e sodio, de fórmula (Na,Ca)2Ta2O6(O, OH, F). Cristaliza no sistema cúbico. Ten unha cor que vai desde o amarelo pálido ao pardo, aínda que algunhas veces é vermello. Ten unha dureza de 5-5,5 e peso específico 4,2-6,4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado insular do Océano Pacífico occidental, situado ao N de Nova Guinea (702 km2; 109.000 h [estim 2001]). A súa capital é Palikir. Está formado por unhas 600 illas e illotes do arquipélago das Carolinas, e as máis importantes son Pohnpei, Chuuk, Kosrae e Yap. O clima é tropical e está afectado por numerosos tifóns que se orixinan na zona. A agricultura e a pesca constitúen a base da súa economía e ocupan á maior parte da poboación activa. Importa alimentos, tabaco e artigos manufacturados de EE UU e Xapón e exporta produtos do mar, agrícolas e sobre todo copra. Colonizadas por España (1886) e Alemaña (1899), en 1920 foron asignadas a Xapón como mandato da Sociedade de Nacións. En 1947 formaron parte con Palau e illas Marshall, das Illas do Pacífico en Administración Fiduciaria de EE UU e en 1979 converteuse en estado libre asociado de EE UU. En 1990 rematou a tutela estadounidense, pero mantivo o control en defensa e política exterior sobre o estado micronesio. Os catro estados...