"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
-
-
Peza cunha cavidade onde se introduce unha substancia en forma de po, pasta ou líquido para que ao solidificarse, colla a forma da cavidade. Os moldes que se empregan para o callado de metais son xeralmente de area ou metálicos. Tamén hai moldes de resinas sintéticas e de xeso, utilizados na escultura.
-
Instrumento que serve para reproducir ou estampar algunha cousa.
-
-
encofrado.
-
Figura dalgunha estrutura ou animal que queda nun sedimento ao consolidarse, que se pode producir pola corrente de auga, polo impacto das pedras ou polas pegadas de animais.
-
Composición seguida ou complexa, que pode estar integrada por texto, signos, ilustracións ou outros elementos gráficos, e que unha vez axustada e unida, forma a páxina ou paquete que será imprimido.
-
-
-
Converter un cadáver en momia desecando os seus tecidos para que poidan resistir a putrefacción.
-
Converterse en momia.
-
-
-
Estado e profesión de monxe que se caracteriza por un certo afastamento material da sociedade e por unha vida de ascese e pregaria. Deixando á parte o Islam, que non ten vida monástica propiamente dita, as tres grandes correntes son o monacato cristián, o hindú e o budista. O monacato cristián, vivido por homes e mulleres, ten a orixe nos ascetas e nas virxes que vivían radicalmente a súa fe cristiá nas cidades. No s III xa había anacoretas en Siria, Palestina, Mesopotamia e, sobre todo, en Exipto. No s IV dúas grandes figuras marcaron a norma para o futuro: santo Antón Abade, chamado pai dos anacoretas, e san Pacomio, chamado pai dos cenobitas. San Basilio o Grande, no mesmo s IV, cos seus escritos monásticos, sobre todo coa regra de san Basilio, marcou o desenvolvemento ulterior do monacato. En Occidente, cara a 360, san Martiño de Tours fundou en Ligugé o primeiro mosteiro occidental do que se ten constancia. En Hispania documéntase no s III cunhas características propias,...
-
Institución monástica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín publicado en Mondoñedo a partir do primeiro trimestre de 1954. Cesou en 1955. Foi unha publicación informativa do “Centro de Enseñanza Media y Profesional de Mondoñedo” dirixida por Francisco Mayán Fernández, director do centro. Editada nos obradoiros tipográficos Celta, saíu trimestralmente e tivo unha distribución gratuíta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obradoiros tipográficos establecidos na diocese de Mondoñedo por encargo do bispo Guevara, probablemente a partir de 1543. Figurou entre as tres primeiras cidades galegas en posuír estas instalacións, xunto a Monterrei e Ourense. O seu impresor foi Agustín Paz. A primeira obra da que existen noticias foi a Descripción do reino de Galicia, obra do licenciado Francisco de Molina (1550), da que existe un exemplar na Biblioteca Nacional de Madrid. A última obra impresa nestes obradoiros puido ser Coloquios Satíricos, de Torquemada (1553).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fosfato de calcio, de fórmula CaH(PO4). Cristaliza no sistema triclínico e é de cor branca pálida ou amarela. Ten dureza 3,5 e peso específico 2,3.
-
-
Relativo ou pertencente á monografía.
-
Que ou o que trata dun aspecto concreto de calquera disciplina humanística ou científica xeral.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos monoplacóforos.
-
Molusco da clase dos monoplacóforos.
-
Clase do filo dos moluscos anfineuros, da que todos os seus representantes son fósiles do Cámbrico e do Devónico, excepto dúas especies do xénero Neopilina, descubertas en 1952 pola expedición do “Galathea” preto das costas mexicanas do Pacífico, a unha profundidade de 3.000 m. Caracterízase porque os individuos posúen unha única cuncha simétrica, co ápice curvado cara a adiante e que ten entre 3 e 8 pares de impresión musculares.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Propiedade dos signos lingüísticos que teñen un único significado, como a maioría dos termos científicos, en oposición a aqueles que teñen máis dun (polisemia).
-
-
Elevación natural do terreo de tamaño considerable. OBS: Cando vai seguido do nome propio emprégase monte e non montaña.
-
Terreo non cultivado cuberto de vexetación espontánea ou árbores. Usualmente emprégase este termo con significado forestal para referirse a calquera vexetación leñosa, adquirindo un significado máis preciso cando vai acompañado dun calificativo. Así, o monte aberto é o terreo de arboredo adulto con copas que cobren do 5 ao 20% da superficie e que se emprega para o pastoreo. Nel adoitan mesturarse devesas de pasto e arboredo de aciñeiras, sobreiras, carballos, cerquiños e rebolos. O monte alto é o arbóreo, dominado por especies dese porte. O monte baixo é o de arbustos, que ademais pode estar composto por especies arbóreas que non acadan máis que o porte de arbustos, debido ás podas frecuentes para a extracción de leña. O monte medio é o que ten caracteres mesturados de monte alto e monte baixo. O monte adevesado é o monte alto, arbóreo, aclarado e limpo de arbustos para favorecer o crecemento da herba; destínase ao pastoreo ou aos cultivos de...
-
Conxunto de cousas situadas unhas enriba doutras que forman unha elevación.
-
Conxunto de cartas da baralla ou de fichas do dominó que quedan despois de repartir para iniciar a partida.
-
Xogo de azar que consiste en sacar dúas cartas de enriba e dúas cartas de abaixo da baralla, apostando os diferentes xogadores por algunha delas.
-
Terreo non cultivado que pertence a unha parroquia e que pode ser xestionado pola mancomunidade de montes.
-
Establecemento benéfico que fai préstamos, xeralmente peñorativos, de bens mobles, cun interese módico. O primeiro foi creado polos franciscanos Bernardino da Feltre e Barnaba da Terni (1462), en Perugia, para evitar que a xente humilde caese en mans de usureiros. Co tempo, en lugar de traballar con herdanzas, os montes de piedade traballaron cos cartos producidos polos xuros. Posteriormente entraron en decadencia e, se conseguiron sobrevivir, foi grazas ao feito de que traballaron con caixas de aforros.
-
Rexión púbica da muller en forma de saínte arredondado, máis ou menos pronunciado, que se sitúa diante e por riba do orificio vulvar.
-
inselberg.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado en Montederramo. En 1124 Tareixa de Portugal, filla de Afonso VI, concedeu ao abade Arnaldo e aos monxes beneditinos o lugar de Rovoira Sacrata para fundar un mosteiro, aínda que podían trasladalo a outro emprazamento. O primitivo mosteiro, baixo a advocación de san Xoán, estivo situado en Seoane Vello, tivo priorados nas terras próximas e en 1153 pasou a pertencer á orde do Císter e modificou a súa advocación pola de santa María. En 1528 uniuse á Congregación de Castela e coa desamortización foi abandonado. Tivo unha escola de artes no s XVI. A igrexa medieval foi reedificada por Juan de Tolosa (1598-1607) e está pegada ao claustro polo interior. Ten planta de cruz latina con tres naves de cinco tramos e cinco capelas rectangulares, a central de maior tamaño. As naves están cubertas con bóvedas de cruzaría e sobre o cruceiro érguese unha cúpula sobre pendentes, rematada cunha cupuliña. Destacan a escalinata de baixada á igrexa e a sancristía. A fachada da igrexa é plana...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro obradoiro tipográfico que existiu en Galicia, que editou o Misal Auriense (1494, Rodrigo de la Pasera e Juan de Porras), primeira obra que se imprimiu alí. Cando faltou o apoio do conde de Monterrei os impresores marcharon, aínda que en 1496 se instalou outro obradoiro, o de Juan Gherlinc, impresor do Manual Bracarense. Aínda que non existe certeza absoluta, parece que tamén saíu desta imprenta a Relación de reliquias da Catedral de Santiago de Compostela (1495, Rodrigo de la Pasera) e a Bula de indulxencias aos confrades do Santísimo Cristo da Catedral de Ourense. Inocencio VIII. Roma, 20 de abril de 1487 (1496, Juan Gherlinc).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato de magnesio e calcio, de fórmula CaMg SiO4. Cristaliza no sistema rómbico, e é de cor branca, amarelada ou incolora. Ten unha dureza 5 e un peso específico 3,2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Óxido de mercurio, de fórmula HgO. Cristaliza no sistema rómbico e ten unha cor que vai do vermello escuro ao pardo. Ten dureza 2,5 e peso específico 11,23.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que produce enfermidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á forma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Telégrafo automático que imprime os telegramas en caracteres tipográficos.
-
-
Sistema de signos que utiliza un alfabeto formado por puntos e raias e que se emprega en telegrafía.
-
Código telegráfico introducido por S. F. B. Morse e empregado no seu telégrafo, que asigna a cada letra do alfabeto e a cada cifra un sinal formado por unha sucesión de impulsos de dúas duracións diferentes: curta, denominados puntos, e longa, denominados raias. No telégrafo primitivo empregábase un interruptor manual denominado manipulador. Modulando un oscilador de alta frecuencia, pode ser aplicado na telegrafía sen fíos.
-
-
-
Calidade de mortal.
-
Relación do número de defuncións contabilizadas en períodos anuais. É un fenómeno demográfico caracterizado por ser inevitable, non repetible e irreversible, por estar relacionado co falecemento dos membros dunha poboación. A información estatística procede dos rexistros civís, está recollida nos rexistros de movemento natural. Os Boletíns Estatísticos de Defunción recollen algunhas variables demográficas básicas do falecido (no caso de España: sexo, data de nacemento, data de defunción, concello de residencia, estado civil, profesión e nacionalidade), así como as causas que provocaron a morte. A información sobre este suceso é aínda bastante incompleta en moitos países con escaso nivel de desenvolvemento, porque os falecidos non se inscriben, ou fano mal ou con retraso, debido ás dificultades para facelo, á non dispoñibilidade de rexistros civís próximos ou á simple ignorancia. Deste xeito as comparacións internacionais fanse complicadas e non sempre son moi fiables. Para medir a mortalidade...
-