"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo continuador do Gabinete de Historia Natural, creado por Antonio Casares na Universidade de Santiago de Compostela durante o curso 1840-1841, e que conserva moitas das coleccións do s XIX. Parte dos fondos históricos conservados están constituídos polos exemplares mercados en París en 1845 polo reitor Xosé Viñas. Mais a maioría proceden da doazón de particulares. A través das súas coleccións faise un percorrido polo labor de científicos galegos dos ss XIX e XX, así como polas investigacións realizadas nos departamentos da Universidade de Santiago de Compostela. Pertence ao Consello Galego de Museos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista aparecida en Pontevedra a partir de 1942. Promovida pola institución da que tomou o nome, o seu obxectivo foi recoller estudos científicos con rigor histórico. Publicada en catro entregas trimestrais que logo se reunían nun tomo, co tempo editouse un só volume de saída anual. Dirixida por X. Filgueira Valverde e por José Carlos Valle Pérez (desde 1987), incluíu investigacións sobre arqueoloxía, numismática, historia, liñaxe, folclore, filoloxía ou literatura, ademais dunha sección de artigos complementarios e outra de documentos descoñecidos. Colaboraron nas súas diferentes edicións algúns escritores e intelectuais galegos de recoñecido prestixio como Bouza Brey, Antonio Fraguas, Marcial Gondar, Clodio González Pérez, López Cuevillas, Losada Diéguez, E. Pardo Bazán, Otero Pedrayo ou Pérez Constanti.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo fundado en 1984 na Casa da Cultura de Fene dedicado ao humor. É o primeiro no seu xénero en toda España e nas súas salas poden contemplarse máis de mil orixinais de humoristas gráficos de todo o mundo, entre outros, Chumy Chúmez, Fontanarrosa, Xaquín Marín, Siro e Mort Walker. Convoca anualmente os premios Curuxa do Humor nas vertentes gráfica, literaria e fotográfica, e organiza as Xornadas do Humor. Edita o boletín Sapoconcho.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo municipal da Estrada fundado por Manuel Reimóndez Portela. Centra as súas actividades na custodia, exposición e estudo dos restos históricos, artísticos e etnográficos que proceden do concello da Estrada, entre outros os procedentes do vello laboratorio municipal. Dedica unha sección etnográfica aos oficios e incluso expón unha aula de clase tradicional. Entre as súas iniciativas destaca a elaboración dun arquivo fotográfico relacionado coa historia do concello cunha especial atención á emigración. Edita o anuario Miscelánea histórica e cultural.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de tecnoloxía situado en Valdemorillo (Madrid), inaugurado en 1998. De titularidade privada, pertence á Fundación Eduardo Barreiros. Está considerado un museo monográfico e dispón de pezas e deseño gráfico que permiten coñecer a vida e a obra de Eduardo Barreiros Rodríguez (1919-1992), fundador de Barreiros Diesel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado en Vilar de Santos. Membro do Consello Galego de Museos, está dedicado á colección, recreación e exposición de obxectos relacionados coa etnografía galega. Ten salas dedicadas ao liño, aos oficios, á pataca, á casa e ao agro, ademais dun taller de tecidos artesanais e unha sala dedicada a xeografía, a historia e a memoria da comarca da Limia. Conta cunha biblioteca especializada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parque Etnográfico do Cebreiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo inaugurado en 2001 situado na antiga casa de Ricoy en Cambados. Dedicouse ao viño en xeral e ao albariño en particular. A súa colección combina restos arqueolóxicos e pezas de valor etnográfico, con paneis e audiovisuais en que se explican os diferentes procesos de crianza, obtención, conservación e cata do viño, cunha especial atención á rexión das Rías Baixas. Destaca a maqueta que recrea as adegas cistercienses e a zona exterior, onde se sitúan as cepas de albariño nas súas distintas formas de plantación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado no Rosal. A súa orixe data de 1981. Dividese nas seccións de Arqueoloxía, Agricultura e A Cabaqueira, onde se mostra material cerámico das telleiras. Publica unha memoria anual e conta cun arquivo fotográfico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo etnográfico situado en Oseira (San Cristovo de Cea). Inaugurado en 1972 por Xesús Ferro Couselo e Xaquín Lorenzo, está formado por obxectos recollidos desde 1965 por Olimpio Liste. Integrado no Consello Galego de Museos, divídese en castro seccións dedicadas ao traballo agrícola de Galicia, aos oficios, moitos deles descoñecidos, a obxectos de carácter singular e á exclaustración monacal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado no pazo de Baamonde, coñecido como a casa da Fundación, en Ribadavia. Concibido por Manuel Chamoso Lamas como Museo del Valle, iniciou o seu funcionamento en 1969 como sección etnográfica do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e en 1993 tomou a denominación actual. Membro do Consello Galego de Museos, a súa colección está constituída por coleccións etnográficas que proceden de diferentes comarcas ourensás e unha mostra de utensilios e apeiros relacionados co mundo vitivinícola. Conta cunha biblioteca, cun arquivo documental, sonoro e fotográfico, e un fondo documental sobre o teatro galego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parque Etnográfico do Río Arnoia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo etnográfico situado en Vigo, fundado en 2001 por iniciativa da Fundación Liste. Os fondos iniciais foron achegados por Olimpio Liste Regueiro e a súa muller, procedentes do seu patrimonio persoal. Instalado nunha vivenda unifamiliar de mediados do s XX, propiedade do Concello de Vigo, o seu obxectivo é dar a coñecer e difundir o patrimonio etnográfico galego. O contido sitúase en nove salas de exposición permanente, dedicadas á cultura do centeo, á roda tradicional, á simboloxía dos oficios, ao peche, aos tecidos, á madeira escavada, á luz, á materialidade da fe, e á arte de curar. Conta cunha biblioteca especializada en temática antropolóxica, con especial atención á antropoloxía xeral de Galicia, e ten un servizo de publicacións. Pertence ao Consello Galego de Museos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado en Viladonga (Castro de Rei), fundado polo Ministerio de Cultura en 1983 e aberto ao público en 1986. A súa xestión transferiuse á Xunta de Galicia en 1989. Pertence ao Consello Galego de Museos. Creouse para a acoller e expoñer os restos procedentes do xacemento castrexo e galaico-romano de Viladonga. Ademais da exposición permanente, que amosa aspectos relacionados co hábitat natural e cultura material, realiza diversas actividades complementarias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de titularidade estatal inaugurado, xunto co Centro Nacional de Investigaciones Arqueolóxicas Submarinas, en Cartagena (1982). Mostra o patrimonio arqueolóxico subacuático, así como a importancia da historia marítima na Antigüidade. Destaca a súa colección de ánforas e as reproducións de embarcacións e materiais que testemuñan o tráfico marítimo antigo, así como os relacionados coa metalurxia do chumbo e da prata. O seu ámbito temporal esténdese desde a época fenicia ata o s XVIII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado en Madrid fundado en 1980. Naceu co obxectivo de constituír unha colección de instrumentos e material científico sobre a que o novo centro puidera levar a cabo o seu labor de conservación e divulgación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de titularidade estatal situado no Paseo del Prado de Madrid. Instalouse no edificio Villanueva, construído en tempos de Carlos III por Juan de Villanueva. A súa fundación correspondeu a Fernando VII, quen achegou obras das coleccións reais que, tras o seu falecemento, se vincularon á Coroa española. Abriu ao público por primeira vez o 19 de novembro de 1819, como Real Museo de Pintura y Escultura. Dependeu da Casa Real ata 1868, ano en que se nacionalizou e se modificou o seu nome polo de Museo Nacional del Prado. En 1872 incorporou as obras do Museo de la Trinidad. Durante a Guerra Civil Española (1936-1939) foi pechado e as súas obras máis importantes trasladáronse a València e Xenebra. A incorporación de novas obras motivou a anexión do Casón del Buen Retiro (1971) e do Palacio de Villahermosa (1985-1989). Considerado como unha das mellores pinacotecas do mundo, ten coleccións dos reis das casas de Austria e de Borbón e enriqueceuse con traslados, doazóns,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo monográfico dedicado á obra de Pablo Picasso, inaugurado en Barcelona en 1963. Aloxado no palacio Aguilar, foi ampliado coas anexións do palacio do Baró de Castellet (1970) e o palacio Meca (1986). Os seus fondos correspóndense coa doazón que Jaume Sabartés, amigo e secretario de Picasso, lle fixera á cidade. Constan de pinturas, debuxos, gravados e litografías orixinais, libros ilustrados, carteis, cerámicas, escultura e obxectos diversos. Destaca especialmente a serie Las Meninas. Ademais da colección permantente, organiza exposicións temporais arredor da figura de Picasso e dos seus contemporáneos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quincenario publicado en Madrid a partir de 15 de xaneiro de 1857. Subtitulouse “Periódico de ciencias, literatura, artes, industria y conocimientos útiles”. Impreso nos obradoiros tipográficos de Gaspar Roig, contou coa colaboración de destacados intelectuais da época, como Gustavo A. Bécquer ou Manuel Murguía, autor dunha biografía de Puente Brañas e dun artigo sobre a poesía contemporánea galega. Ademais, incluíu textos breves de Bieito Vicetto e Rosalía de Castro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo histórico e etnográfico inaugurado en 1983 pola Deputación de Lugo na fortaleza de San Paio de Narla (Friol). Pertence ao Consello Galego de Museos. A súa exposición componse de apeiros de labranza, obxectos tradicionais de uso cotiá como os utensilios para a preparación da la e do liño, a reprodución dunha cociña e dun comedor, artesanía popular e armaría (armas brancas e de fogo).