"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción que consiste nunha rubién e nunha inflamación da conxuntiva, observable particularmente nos enfermos tuberculosos e tíficos, cando se lles instilan as toxinas da súa enfermidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mar situado ao NO do Océano Pacífico, separado deste pola península de Kamčatka, as Illas Kuriles, Hokkaidō e Sakhalin (1.583.000 km2). Está comunicado co mar de Xapón polos estreitos de Tartaria e de La Pérouse. Ten unha profundidade media de 777 m. Polas súas reservas piscícolas, ocupa o primeiro lugar no mundo e destaca na pesca de cangrexo. Os portos principais son Magadan e Okhotsk, no continente, Korsakov, en Sakhalin, e Severo-Kuril’sk nas Illas Kuriles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de EE UU, que limita ao N co de Kansas, ao O cos de Novo México e Texas, ao S con Texas e ao L con Arkansas e Missouri (181.186 km2; 3.450.654 h [2000]). A súa capital é Oklahoma City. Predominan no relevo as chairas e os altiplanos sedimentarios, aínda que ao L se elevan as Ozark Mountains, ao S os montes Arbuckle e ao O os montes Wichita. As cidades máis importantes son a capital e Tulsa. Hai cultivos de trigo e de millo, e tamén de algodón, con baixos rendementos, pero o recurso principal é a minaría, con grandes xacementos de petróleo, gas natural, chumbo, hulla e cinc. Foi explorado por Francisco Vázquez de Coronado (1541) e por Diego del Castillo (1650). R. R. La Salle incorporouno a Louisiana en 1682 e durante o s XVIII foi exclusivamente un territorio de caza e exportador de peles. En 1803 pasou a EE UU. Desde 1834 establecéronse nel diversas reservas indias como a dos cherokees, chickasaws, choktaws e seminole, polo...
-
VER O DETALLE DO TERMO
(? - 1093) Rei de Noruega (1066-1093), fillo do Rei Harald III de Noruega. Reinou conxuntamente co seu irmán Magnus II de Noruega ata 1069. O seu goberno de carácter pacífico, foi a orixe do seu alcume. Organizou xerarquicamente a igrexa do seu país.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista trimestral editada en Vigo a partir da primavera de 1994. Subtitulouse “Boletín do departamento de patrimonio histórico e medio ambiente do Concello de Vigo”. Cesou ao redor da primavera de 1995. Dirixido por Rafael Ojea Pérez, contou coa asistencia técnica de Gonzalo López Márquez. Nos seus apartados, sempre cunha perspectiva de respecto ao medio natural, tratou temas relacionados coa arqueoloxía, a etnografía, a mellora ambiental, a natureza urbana, a historia, a inspección ambiental, a biodiversidade e as directivas e normativas europeas. Destacou polo seu rigor científico e a súa capacidade divulgativa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á oleografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que procede dun nome ruso de orixe escandinava, posiblemente do antigo noruegués Helga, feminino de Oleg; que parece derivar dunha abreviación de nomes que teñen por primeiro elemento heil ‘saúde’, que orixinariamente significou ‘invulnerable’. Despois da cristianización dos xermanos adquiriu o significado de ‘santo’. A súa festividade celébrase o 11 de xullo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia formada por unhas poucas (10 como máximo) unidades de monosacáridos, unidos mediante enlaces de glucosídicos. Poden ser identificados e analizados por procedementos cromatográficos automáticos.
-
-
Calidade de oligotrófico.
-
Insuficiencia nutritiva, especialmente de células ou tecidos.
-
-
-
Relativo ou pertencente á oligotrofia.
-
Aplícase ao medio que ten poucas substancias nutritivas, como os lagos con pouca vexetación acuática, normalmente profundos, ou as rexións montañosas.
-
-
-
Período de catro anos (cinco, segundo a maneira de contar clásica) comprendido entre dúas celebracións consecutivas de xogos olímpicos na Antigüidade grega. Malia que na obra de escritores da época clásica (como Tucídides) o termo xa aparece como referencia cronolóxica, foi o historiador Timeo (ss IV-III a C) o primeiro que o adoptou e empregou dun xeito científico como elemento de cómputo cronolóxico. Parece que foi Eratóstenes quen divulgou o seu uso. Acéptase como primeira data da primeira olimpíada o ano 776 a C.
-
xogos olímpicos.
-
-
-
Colectivo creado en 1983 co obxectivo de favorecer a renovación pedagóxica da escola galega, contribuír á normalización lingüística no ensino e galeguizar os contidos educativos mediante a preparación de materiais específicos. Dentro dos traballos desenvolvidos por este colectivo, cómpre destacar a presentación no Museo de Pontevedra dos audiovisuais Losada Diéguez (1985), Castelao (1986) e Rosalía de Castro (1988), a organización de seminarios sobre lingua e literatura galega e a publicación de varias unidades didácticas dentro da colección Festas na Escola (O magosto, O nadal, O entroido, Os maios e O San Xoán).
-
-
Órgano fotorreceptor dos animais capaz de formar imaxes do obxecto emisor ou reflector de luz. Hai dous tipos de ollos: os ollos compostos e os ollos unitarios, propios dos cefalópodos e dos vertebrados. Os ollos compostos constan dun certo número de unidades visuais, chamados omatidios, separados por pigmento. A imaxe do ollo composto pode formarse por xustaposición, de maneira que cada omatidio só recibe a imaxe dun anaco moi pequeno do campo visual, e a imaxe total resulta da unión de todas as imaxes parciais dadas por cada omatidio, ou por superposición, cando cada omatidio capta a imaxe de todo o campo visual, e así a imaxe total resulta da superposición das imaxes de cada omatidio. Os crustáceos e os insectos nocturnos forman imaxes por superposición, mentres que os diúrnos fano por xustaposición. Os ollos unitarios dos vertebrados constan basicamente duns dispositivos de enfoque formados por unha lente, chamada cristalino, unha membrana transparente, a córnea, e uns medios acuosos...
-
Parte exterior do globo ocular, en particular o iris. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cando pases pola terra dos tortos, pecha un ollo. O amigo que non é de certo, cun ollo pechado e outro aberto. A ausencia apaga o amor: lonxe dos ollos, lonxe do corazón. Vemos a palla no ollo doutro e non vemos a viga no noso. Ves no ollo do veciño a palla e non ves no teu a tranca. Un ollo no gato e outro no prato. O cabalo regalado cólleo cos ollos pechados.”
-
ollo simple
ocelo.
-
-
Acción de mirar.
-
-
Burato, xeralmente cilíndrico, que atravesa unha cousa e que habitualmente ten por obxecto acoplar nel outra peza ou polo que algunhas veces se introduce ou pasa algo cunha finalidade determinada.
-
Buraco na roda do muíño polo que cae o gran.
-
-
Cada un dos espazos ocos formados baixo o arco dunha ponte.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate armado acontecido en Olmedo o 19 de maio de 1445, entre as forzas de Álvaro de Luna e o Rei Xoán II de Castela, e as da liga de nobres e os seus aliados, os infantes de Aragón Enrique e Xoán, futuro Xoán II Aragón. O enfrontamento xurdiu a partir dunha escaramuza e significou a vitoria de Álvaro de Luna. O infante Enrique de Aragón, ferido de morte, e o seu irmán Xoán tiveron que fuxir a Aragón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua do phylum indopacífico que se fala en Papua Nova Guinea, na costa noroccidental da illa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra de Charles Robert Darwin, de título On the Origin of Species by Means of Nature selection, or the Preservation of Favoured Races in the Struggle for Life, que foi publicada en 1859. Está considerada o primeiro texto claro sobre a teoría da evolución e da selección natural. Na obra formúlase que as especies cambian debido ao medio en que viven, como resultado dunha necesidade nova, que a loita pola supervivencia elimina as variacións desfavorables e sobreviven os máis aptos, e que o número de individuos de cada especie permanece constante. As repercusións desta obra foron inmediatas, polo que a primeira edición se esgotou o mesmo día da súa publicación. Darwin foi protagonista dunha gran controversia científica, relixiosa e incluso política, e aínda que a maioría dos científicos da época, como R. Owen, rexeitaron as súas teorías, atopou en investigadores como T. H. Huxley, firmes defensores das súas teses.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico de carácter relixioso que se editou en Vilagarcía de Arousa arredor de 1980. Dirixido por Ramón Taboada Soto, imprimiuse nos obradoiros tipográficos da Editorial Compostela. Ofreceu aos seus lectores, desde unha perspectiva cristiá e católica, a análise de diversos aspectos relacionados coa sexualidade, a política, a emigración e a saúde. Ademais, incluíu novidades relacionadas co deporte e coas festas e acontecementos de tipo cultural da vila.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexistro gráfico da presión dos vasos capilares nas últimas falanxes próximas ás unllas.
-
-
Disciplina que trata do estudo científico dos nomes propios. Os seus fundadores restrinxen a onomástica á busca do sentido, etimoloxía e evolución dos nomes de lugar -terrestres, marítimos, celestes (toponimia)- e dos nomes de persoa -nome, cognome, alcumes, hipocorísticos (antroponimia)-, aos que se poden engadir os de animais (zoonimia) e os de toda clase de obxectos máis ou menos personalizados (vehículos, obras literarias, ventos, festas, etc). Dentro da tendencia tradicional distínguense, en toponimia, os filólogos italianos e, en antroponimia, a escola de Uppsala. Os novos enfoques da onomástica reforzan a unión que xa mantiña con outras ciencias (historia, xeografía, demografía, arqueoloxía, etnoloxía, dereito). O interese desta disciplina maniféstase na creación de centros especializados (International Centre of Onomastics), na creación de revistas especializadas (as principais son: Names, de Nova York, Revue Internationale d’Onomastique de París, Onoma de Lovaina, Onomastica de...
-
Día en que se conmemora a festa do santo do que se leva o nome.
-
-
-
Serie de transformacións sufridas por un organismo animal ou vexetal desde a fecundación ata que acada o estado de madurez. Comeza na fecundación, pasa pola división celular intensa con desprazamentos de células e pola súa diferenciación (embrioxénese), e despois chega á madurez sexual, que en certos animais pasa por procesos metamórficos.
-
Evolución da habilidade lingüística no individuo, no proceso de adquisición lingüística por parte do neno.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos oomicetais.
-
Fungo da antiga orde dos oomicetais.
-
Antiga orde de fungos ficomicetos que presentan o micelio sifonal e a zoóspora cun flaxelo liso e outro con plumas.
-