"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

  • Forma sufixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘escrito’ou ‘gráfico’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma sufixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘doutrina’ ‘sistema’, ‘escola’, ‘movemento’ ou ‘práctica’.

    2. Forma sufixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘actitude’.

    3. Forma sufixada de orixe latina que se emprega na formación de termos científicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma contracta que agrupa a preposición a + o artigo determinado feminino a. O acento gráfico responde a un uso diacrítico que, a diferenza do artigo a, marca unha abertura maior na pronuncia.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sigla de Alacant na placa de matrícula.

      2. Sigla de Austria na placa do estado.

    1. Símbolo do número de masa.

    2. Letra que designa a primera das liñas de Fraunhofer, a que ten unha maior lonxitude de onda.

    3. Figura luliana (Ramón Llull ) circular, cun A no centro, que fai referencia ao ente en tanto que ente, rodeada de diversas letras que representan as diversas dignidades (a bondade, a verdade...), que son atributos esenciais de Deus.

    4. Un dos grupos sanguíneos do sistema AB0 (AB cero) . Os individuos do grupo A presentan eritrocitos con aglutinóxeno A e plasma con aglutinina B (anti-B). En principio poden recibir sangue dos grupos A e 0 e poden donárllela aos grupos A e AB.

    5. Símbolo do ampere.

    6. Signo gráfico do primeiro son grave da notación alfabética orixinal, nacida en Grecia, dende que no século V as letras latinas substituíron as gregas na notación musical occidental. A partir do s X converteuse no equivalente do moderno la, sexto grao da escala do do. Na actualidade o signo A emprégase na notación musical alemana e anglosaxona.

    7. Sigla empregada habitualmente nos manuais de lírica trobadoresca galego-portuguesa medieval para designar o Cancioneiro da Ajuda .

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado asinado en 1915 entre Arxentina, O Brasil e Chile coa finalidade de contrarrestar a influencia norteamericana. Nunca se ratificou.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de amorear terra ao redor do talo das plantas ao mesmo tempo que se van arrincando as consideradas malas herbas.

      1. Estreitar ou dar forma a algunha cousa ata sacarlle punta ou bico.

      2. Rematar en punta a parte superior dun palleiro.

    2. Tocar co bico.

    3. Facer unha cortadela nunha árbore.

    4. Determinar marcas de orientación no mar coa axuda das estrelas e dos accidentes xeográficos da costa, tomándoos como puntos de referencia.

    5. Furar un pito o ovo que o envolve para saír á vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á abiotrofia.

    2. Conxunto heteroxéneo de enfermidades principalmente heredodexenerativas. Críase que o seu factor principal común era a abiotrofia. Na actualidade este concepto está suxeito a revisións, xa que agora se considera subordinado a un transtorno metabólico ou nutricional, á acción dun virus lento ou a outras causas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fórmula cabalística máxica e ritual de orixe hebrea creada polo médico gnóstico Sereno Samónico no s I. Nela, os elementos gráficos dispóñense en once fileiras de xeito que se suprime sucesivamente en cada unha a última letra da anterior ata formar un triángulo. O seu emprego medrou na época medieval e adquiriu un sentido máxico chegando a empregarse como amuleto co fin de lle conferir á persoa un sentimento de protección.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Modo de gobernar no que predomina a vontade dunha soa persoa.

    2. Forma de goberno en que ningunha lei constitucional limita os poderes e facultades do soberano ou corporación dirixente. O absolutismo prevaleceu como forma de goberno na Europa da Idade Moderna, entre os ss XVI e XIX. O monarca posuía todos os atributos da soberanía: promulgaba leis, administraba xustiza, mantiña un exército permanente, nomeaba os funcionarios e recadaba impostos no seu nome. A monarquía absoluta estaba teoricamente subordinada á lei divina, á xustiza e ás regras fundamentais do estado. Para garantir a paz e a seguridade facíase preciso un acordo contractual entre o estado, que aparecía como a suma dos intereses particulares, e os súbditos, que lle transferían os seus dereitos. O absolutismo desenvolveu a unificación territorial e a centralización estatal dos estados modernos, ao tempo que tendeu a igualar a sociedade estamental nun mesmo réxime de obediencia. O absolutismo alicerzábase nunha doutrina teolóxica que parte do suposto de que hai dous poderes no mundo: o temporal,...

    3. Sistema filosófico que se basea naquilo que é por si mesmo, onde o absoluto é causa e efecto de todo. Dun modo ou doutro, autores como Platón, Aristóteles, Plotino, Spinoza, Kant ou Schopenhauer, trataron o tema do absoluto. De feito, á hora de concebir unha lei do Universo como lei natural, pártese do concepto do absoluto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título honorífico co que se designa o Bispo Metropolitano da Igrexa de Etiopía dende a súa constitución no 1959. A orixe do título é, sen embargo, máis antiga e designaba os dignatarios eclesiásticos das igrexas orientais.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sociedade literaria, artística ou científica, xeralmente fundada e regulamentada por unha autoridade pública coa finalidade de contribuír ao avance das letras, das artes ou das ciencias. No Renacemento, especialmente en Italia, inspirándose no ilustre nome da Academia de Platón e na idea que dela se tiña por medio dos Diálogos, xurdiron as primeiras academias modernas: a Academia Platónica, de Florencia, de carácter filosófico; a Academia Romana (chamada tamén Pomponiana), de carácter arqueolóxico e filolóxico; a Academia Afonsina (chamada despois Pontaniana), de Nápoles; e a Academia Aldina, de Venecia. O s XVII presenciou o nacemento e o afianzamento dalgunhas das academias de máis transcendencia cultural: a Accademia della Crusca, de Florencia (1582); a Fruchtbringende Gesellschaft, de Weimar (1617); a Académie Française, de París; e, sobre todo, as primeiras dedicadas ás ciencias: Accademia...

      2. Sociedade cultural.

      1. Lugar no que os académicos se reúnen para realizar as súas xuntanzas.

      1. Xunta de académicos, sesión académica.

      2. Reunión ou certame de carácter filosófico, teolóxico, científico, literario, artístico, conmemorativo, etc.

      1. Institución de ensino artístico, técnico, mesmo xeral, de nivel superior ou medio.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en 1977 por un grupo de membros numerarios da Real Academia Galega que contaban co apoio da Universidade de Santiago de Compostela e de varios persoeiros do mundo científico galego. Está integrada por académicos de número e correspondentes. Estrutúrase en cinco seccións: Matemáticas, Física e Física do Cosmos; Química e Xeoloxía; Farmacia e Bioloxía; Ciencias Técnicas; e Ciencias Sociais e Económicas. O seu obxectivo é fomentar a difusión destes coñecementos organizando seminarios, promovendo centros de investigación e publicando tratados científicos. Anualmente publica o Boletín da Academia Galega das Ciencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Profunda fosa submarina (5.290 m de profundidade e uns 500 km de lonxitude), situada no Océano Pacífico, fronte ás costas mexicanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Academia científica fundada en Florencia por Leopoldo de Médici (1657) seguindo o exemplo da Accademia dei Lincei e as ensinanzas de Galileo Galilei recollidas polos seus discípulos. Tiña como obxectivo o estudo dos métodos experimentais e da física moderna. Desenvolveu e realizou importantes experimentos sobre a presión do aire, os efectos do vougo, a conxelación de líquidos, as propiedades da calor, a propagación do son e da luz, cuestións de astronomía e ciencias naturais, etc. Mantivo relacións estreitas con outras academias científicas europeas, principalmente coa Académie des Sciences de París e coa Royal Society de Londres. Publicou uns Saggi (Ensaios, 1666), que permitiron establecer a importante contribución que fixo o movemento científico da época. Cesou a súa actividade en 1667.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Denominación que designa aquelas obras que, sen merecer premio nun certame ou concurso literario, científico ou artístico, son destacadas cun galardón para diferencialas doutras obras presentadas. Na literatura galega temos o exemplo do accésit acadado por Francisco Añón nos primeiros Xogos Florais modernos (A Coruña, 1861), co poema A Galicia.

    2. Oportunidade dada aos cardeais, no proceso de elección papal, de transferir os seus votos a un candidato que non obtivo o número de votos suficiente, as dúas terceiras partes do total.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de acentuar.

    2. Colocación do sinal ortográfico ou entoación propia que se lle dá á unha palabra, seguindo as regras ortográficas desa lingua.

    3. Aumentar a intensidade de algo ou facer que vaia a máis.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Pronunciar con acento unha sílaba ou unha vocal.

      2. Pronunciar dunha maneira expresiva algunha palabra, frase ou expresión co fin de chamar a atención.

    1. Poñer ou marcar o acento gráfico sobre unha vocal.

    2. Marcar con forza ou facerse máis intensa algunha cousa.

    3. Reforzar o son sobre unha nota.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Provocar unha acetificación.

    2. Converterse en vinagre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. olver ácida unha solución primitivamente alcalina ou neutra, mediante a adición dun ácido.

    2. Converter unha substancia nun ácido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de acoutar.

    2. Acción de poñer as cotas nun esbozo, plano topográfico ou mapa.

    3. Proceso polo que se determina un couto.

    VER O DETALLE DO TERMO