"Aios" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 13.

  • Liñaxe descendente dos señores do couto de Aios, no lugar da Lanzada, parroquia de Noalla e actual concello de Sanxenxo. Os de San Tomé do Mar de Cambados, son descendentes de Álvaro de Aios, o primeiro que se acercou a aquel porto, parente achegado e escudeiro de Pedro Enríquez Soutomaior. Brais Antonio de Aios entrou na Orde de Santiago no 1785. No escudo da Torre Vella de San Tomé do Mar aparecían unhas flores de lis e unhas ondas de azur e prata, que testemuñaban o paso por aquel señorío dos Aldán e dos Mariño. Os antigos señores do couto de Aios e da Lanzada carecían de heráldica propia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Martiño de Laiosa (O Incio). Ten dous pisos, patio interior con escaleira e torre de planta cadrada con dous corpos. Na fachada destaca a porta de arco de medio punto, o brasón coas armas dos Lanzó e Somoza e o corpo saínte sobre o que se sitúa un balcón. No s XVII conservaba o foxo e contrafoxo. Desde o exterior accedíase á capela, que máis tarde se converteu en trasteira. Tivo cárcere e gozou do dereito de asilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de 33 poemas da autoría de Gloria Sánchez galardoado en 1990 co Premio Merlín e incluído en 1994 na IBBY Honour List. Caracterizado pola súa naturalidade, ironía e humor, conxuga a tradición popular coa modernidade e emprega un ritmo rápido apoiado en recursos paralelísticos e xogos de palabras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santa Mariña de Outeiro de Rei (Outeiro de Rei). Fundouno o conde O’Kelly e foi terreo dos Gaioso. A planta adoita a forma rectangular con baixo e dúas alturas. Na parte posterior conserva unha solaina ao xardín. Os escudos da fachada aluden aos Montenegro e Gaioso e aos Andrade, Seixas e Montenegro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Incio baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pazo de Edra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Requeixo, San Miguel de Bidueira e Cernado (Manzaneda). O seu cumio acada os 1.159 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta mítico, profeta e sacerdote grego. Considerado fillo e discípulo de Orfeo e relacionado cos misterios de Eleusis, atribúeselle a invención do hexámetro e da poesía didascálico-cosmogónica. Foi o autor do poema Hero e Leandro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dispositivo que consiste nunha barra metálica, colocada nun punto elevado dunha construción e conectada á terra mediante un cable de pouca resistencia, destinada a atraer os raios e facilitarlles unha pasaxe directa á terra sen que danen a construción. O pararraios, ideado por Benjamin Franklin en 1752, debe ser instalado a unha altura suficiente, porque os raios tenden a caer sobre os corpos situados nunha posición máis elevada, e ten que estar conectado electricamente con todas as masas metálicas do edificio e estas coa terra, para conseguir que a construción protexida se aproxime a unha gaiola metálica (gaiola de Faraday). A conexión coa terra ten que ter a menor resistencia posible para asegurar unha boa disipación da descarga. Considérase que a zona protexida polo pararraios é un cono, cun eixe e un vértice que son os do pararraios, e o raio do círculo da base ten que ser igual á altura do pararraios para obter unha zona mínima con protección de primeira orde.

    2. Aparato que protexe as liñas e instalacións eléctricas tanto das descargas atmosféricas como das sobretensións inducidas como consecuencia de curtocircuítos ou manobras. Xeralmente, emprégase un descargador de sobretensión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia da Illa (Entrimo). O seu cumio acada os 500 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Outeiro de Rei baixo a advocación de san Tomé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Outeiro de Rei baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO