"Amoa" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 20.

  • RIOS

    Río que nace no monte Chao, na parroquia de Queizán, co nome de Porto do Roxo e conflúe co río Outeiro, tributario do río Miño, no Agro da Pedrafita. Discorre pola aba do monte de Piqueira, na mesma parroquia de Queizán, no concello do Corgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xuntanza nocturna celebrada nun muíño con motivo dunha festa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Preparado con carne picada, especias e outros ingredientes para encher os embutidos, e así preparar chourizos e morcillas.

    2. Pasta elaborada con fariña, auga ou leite, ovos e sal, coa que se fan as filloas, orellas, follas e outros doces típicos do entroido.

    3. Caldo espeso feito de patacas, verduras e fabas.

    4. Mestura de auga e arcol pulverizado que empregan os oleiros para vidrar os cacharros de barro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada na parroquia de Rechaba (Tordoia). Foi asaltada repetidas veces na procura de tesouros, polo que na actualidade está mal conservada; sen embargo, a partir do estudo do enxoval (pedras elaboradas segundo modelos de metal) descuberto na mámoa, sábese que pertence ao Megalitismo final.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada na parroquia de Berdoias (Vimianzo), popularmente coñécese co nome de Caseta dos Mouros ou Dolmen de Freáns. Está rodeada dunha pequena mámoa e ten planta rectangular, formada por tres chantas e a tampa. A cámara ten unhas dimensións aproximadas de 2,70 m no eixe L-O. Non se teñen noticias de achados no seu interior. Na superficie interior dos esteos aparecen gravados motivos cruciformes e coviñas. Pola forma e magnitude desta mámoa pertence ao Megalitismo de apoxeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PICOS

    Pico do eixe axial da serra do Barbanza, situado no límite entre as parroquias de Nebra (concello do Porto do Son) e Cures (Boiro). O seu cumio acada os 604 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monumento megalítico situado no lugar de Alperiz (Parada, Lalín), incluído nunha necrópole de seis mámoas. A anta, bastante degradada, ten unha laxe de 1,4 m na que se observan gravados serpentiformes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monumentos megalíticos situados no monte das Motas e a serra de Laboreiro, como a de Cabreira, as de Outeiro das Moas ou as de Corno Dourado. No primeiro lugar contabilizáronse 11 mámoas, con forma poligonal, escavadas algunhas por López Cuevillas en 1923. Existe outro conxunto, de maiores dimensións, no N da Fraga, cunhas características moi semellantes ás do N de Portugal. Estas terras teñen vestixios arqueolóxicos que datan en 3000 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monumento funerario propio do noroeste da Península Ibérica e característico do Megalitismo en Galicia, que tiña a función de servir de enterramento colectivo. Constituída por un amoreamento de terra, xeralmente de planta circular ou elíptica, acollía no seu interior unha anta ou dolmen. Adoitan estar cubertas de vexetación e atópanse principalmente nas zonas chás e altas. O imaxinario popular galego ten relacionado estas construcións megalíticas con mitos en que participan seres misteriosos, sobre todo mouros e mouras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Olives (A Estrada). O seu cumio acada os 681 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Catasós (Lalín). O seu cumio acada os 712 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Borraxeiros (Agolada). O seu cumio acada os 600 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mámoa situada en Trasmañó (Redondela). Presenta unha cámara poligonal constituída por seis lousas chantadas e unha sétima, que correspondería coa cabeceira, caída cara ao centro da estrutura. Aínda conserva parte do túmulo que a cubría, cunhas dimensións de 15 m de diámetro e 2,5 m de altura. Localízase no contorno da necrópole do Monte Penide, onde se atoparon 39 medoñas de grandes dimensións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que antigamente tiña como oficio sacar moas e dentes aínda que carecese da cualificación axeitada.

    2. dentista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de Oceanía, situado en Polinesia, ao NL das illas Fixi, na metade occidental do arquipélago samoano, abrangue dúas illas maiores; Savai’i e Upolu e numerosos illotes dos que tan só dous, Apolima e Manono, están habitados (2.831 km2; 179.000 h [estim 2001]). A súa capital é Apia, na illa de Upolu.
    Xeografía
    De orixe volcánica, agás os atois coralinos, ten un relevo montañoso, onde a máxima altitude é o monte Silisili (1.858 m), situado na illa de Savai’i. Os solos son fértiles, sobre todo nas zonas chairas. O clima é tropical, húmido, con altas temperaturas (22°C de media anual), escasa amplitude térmica e precipitacións abundantes (superiores aos 5.000 mm anuais). Non existen ríos caudalosos. A agricultura e os servizos son as principais actividades. Cultívanse cocos, taro, copra, bananas, e outras froitas tropicais, e críase gando porcino e aves de curral. A pesca está adquirindo certa importancia. No sector industrial, a produción de madeira...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Illas orientais do arquipélago de Samoa, que forman un territorio non incorporado de EE UU (199 km2; 68.000 h [estim 2001]). A súa capital e Pago Pago (9.000 h [1994]) e a residencia do goberno está en Fagatogo (2.323 h [1990]). Inclúe as illas Tutuila co illote Aunu’u, o grupo de Manua e o atol de Rose. Son as menos poboadas de Samoa. O 96,6% da exportación (absorbida por EE UU) é de atún en conserva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiu ata 1997 o estado de Samoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago do Océano Pacífico, na Polinesia, situado ao S do ecuador (3.041 km2). Consta de seis illas e numerosos illotes formados por picos emerxidos dunha cordilleira volcánica. Administrativamente está dividido no estado independente de Samoa e en Samoa Americana, dependencia de EE UU. En 1830 un misioneiro inglés, John Williams, visitounas. A finais do s XIX, Alemaña, Reino Unido e EE UU obtiveron certos privilexios para os seus súbditos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás illas Samoa, aos seus habitantes ou a súa lingua.

    2. Natural ou habitante das illas Samoa.

    3. Lingua malaio-polinesia do phylum áustrico que se fala nas illas Samoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de dúas medorras situadas en Pardavedra (A Bola). A primeira oculta unha cámara de planta poligonal formada por oito chantas e a segunda un sepulcro de corredor de planta circular formado por oito pedras.

    VER O DETALLE DO TERMO