"Amoeiro" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Amoeiro baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Municipio da comarca e da provincia de Ourense, situado no S da comunidade autónoma (42° 24’ 41” N - 7° 56’ 59” O). Limita ao N cos concellos de Coles e Vilamarín, ao O cos concellos de Cea, Maside e Punxín (comarca do Carballiño) e, ao S e L, co concello de Ourense. Abrangue unha superficie de 39,7 km 2 cunha poboación de 2.334 h (2007) distribuídos nas parroquias de Abruciños, Amoeiro, Bóveda de Amoeiro, Cornoces, Cortegada, Fontefría, Parada de Amoeiro, Rouzós e Trasalba. A capital está no lugar de Souto, na parroquia de Amoeiro. Situado a 18,0 km da capital provincial, e adscrito a diocese e ao partido xudicial de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O concello de Amoeiro sitúase nunha área de transición ao dominio climático oceánico-mediterráneo. Situado nun espazo de media montaña, os rexistros térmicos vense matizados por este factor e pola influencia climática do río Miño, resultando unhas temperaturas polo xeral suaves, cunha media anual de 11,1°C. A... -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de San Cibrao de Rouzós, en Amoeiro. Tiveron casa na torre de Rouzós e algúns establecéronse en terras de Verín e de Allariz. Unha rama pasou a Sevilla. Emparentaron con algunhas das familias máis ilustres de Galicia: Andrade, Cerradelo, Montenegro, Oxea, Reigada, Ribeira, Soutomaior, Vilamarín. Pedro Iañez de Bóbeda e a súa muller, Leonor González Amoeiro, foron señores de Couto de Parada de Amoeiro e fundaron, en 1575, un vínculo a favor de seu fillo, o capitán Sueiro Enríquez de Bóbeda e Noboa. As súas armas levan, en campo de azur, tres bandas de ouro. Outra variante ostenta, sobre campo de sinople, un xungo de ouro e un lebreiro branco atado a el cunha cadea do mesmo metal. A rama de Sevilla trae, en campo de azur, dous cordeiros brancos, no flanco destro, e dúas rodas de prata, no sinistro, unha detrás de cada cordeiro. Outra variante leva, en campo de azur, tres faixas de ouro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade tectónica pertencente ao conxunto de chairas e depresións da Galicia interior, situada entre a terra de Chantada e a serra do Faro, entre o val do río Avia e o val do río Miño, que se integra xunto con outras superficies aplanadas como os chaos da Peroxa e do Carballiño. A terra dos Chaos de Amoeiro está delimitada ao N pola serra da Martiniana (1.010 m de alt), ao O polo río Barbantiño, ao S polo río Miño e ao L polo río Porto. As numerosas fracturas que atravesan a súa superficie facilitan o decurso de numerosos ríos (Formigueiro) e regos (Porto, Lagarto e Raña) que favorecen a presenza de castelos, algún tor e outras formas graníticas.
-
-
PERSOEIRO
Avogado e político. Licenciouse en Xurisprudencia pola Universidad de Madrid (1863). Formou parte do Partido Progresista e reconstituíu o partido en Verín (1865), polo que foi perseguido. Fuxiu a Portugal e permaneceu preso en Chaves e Lisboa. Logo do indulto de 1867, volveu ao seu labor político, e no Sexenio Revolucionario foi nomeado deputado por Xinzo de Limia (1869) e gobernador civil de Zamora.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Parada de Amoeiro (Amoeiro). Trátase dun edificio de grandes dimensións e con dúas plantas en forma de L. Situado nun terreo con pendente descendente, destaca a fachada sur cunha solaina cun longo tramo corrido sobre trece columnas e unha balaustrada de granito. Conta cun patio que discorre paralelo ao lado máis longo. A parte máis curta do L remata na súa parte máis exterior nunha torre cun balcón. Nos arredores sitúanse construcións de uso agrícola e un hórreo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
temoeiro.