"Annaba" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • CAPITAIS

    Capital do wilāya de Annaba, Alxeria, situada no golfo de Annaba, na desembocadura do Seybouse (227.795 h [1987]). Centro comercial e industrial: industria metalúrxica co ferro de Djebel Ouenza e o gas do Sáhara. Antiga colonia cartaxinesa e logo capital dos reis de Numidia, Annaba desenvolveuse baixo os romanos, que lle chamaron Hippo Regius ou Hipona. Centro da primitiva Cristiandade, do 396 ao 430 convértese en sé episcopal de Agostiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Wilāya de Alxeria (3.489 Km2; 453.951 h [1987]). A capital é Annaba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de construcións ou dependencias de carácter civil para comerciantes, artesáns, prostitutas, etc, que acompañaban as lexións romanas. Adoitaban establecer unha relación ocasional ou estable coa tropa de tal xeito que creaban pequenos núcleos urbanos fóra dos campamentos militares, que nalgúns casos chegaron a se converter en cidades onde os soldados romanos acostumaban quedar unha vez finalizado o seu período de servizo no exército romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cannabáceas.

    2. Herbácea da familia das cannabáceas.

    3. Familia de orde das urticais constituída por plantas dioicas propias do holártico, aínda que se atopan tamén cultivadas en áreas mornas de Australia e de América do Sur. Pertencen a esta familia o cánabo e o lúpulo.

    VER O DETALLE DO TERMO