"Arabia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28.

    1. Lingua arábiga. Variante do árabe, falada polas minorías musulmanas nos estados cristiáns da Península Ibérica despois da eliminación de todo poder político musulmán. En Castela, Aragón e no Principado, estes grupos abandonaron o idioma, e cara ao 1500 só se conservaba algún rastro fonético no uso do castelán e do catalán.

    2. Linguaxe empregada dun xeito inintelixible.

    3. Confusión e barullo que se produce polas voces e berros de moitas persoas xuntas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Trátase dun dos mellores representantes da escola de Madrid da segunda metade do s XVII. Conseguiu unha nova interpretación dentro do arquetipo da Inmaculada. Cultivou o retrato, o tema mitolóxico e os temas populares. Preocúpase tamén da perspectiva aérea nas súas composicións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Península do extremo sudoccidental de Asia, situada entre o Mar Vermello e o Golfo Pérsico (3.000.000 km2). Administrativamente, a Península de Arabia divídese entre Arabia Saudí, Bahrain, os Emiratos Árabes Unidos, Iemen, Kuwait, Omán e Qatar.
    Xeografía física

    Xeomorfoloxía e relevo
    A estrutura xeomorfolóxica da Península de Arabia é relativamente simple: na base atópase un zócolo cristalino basculado cara ao nordeste, que aflora á superficie nos sectores meridional e occidental e, afundíndose suavemente cara ao Golfo Pérsico, vai cubríndose gradualmente de sedimentos cada vez máis recentes. A simplicidade estrutural da Península contrasta coa variedade das formas do relevo. Arabia pode ser dividida nas unidades morfolóxicas seguintes: sectores montañosos occidental e meridional, Na ǧ d, áreas de desertos de area, deserto siríaco, terras baixas do Golfo Pérsico e montañas de Omán. Os sectores montañosos do oeste e do sur...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia romana creada entre os ss IV e V na parte setentrional do antigo reino Nabateo de Arabia (Arabia Petrea). Con capital en Petra, situábase na parte noroccidental da Península Arábiga, nas actuais Transxordania e sur de Siria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome con que se designaba na antigüidade a parte setentrional da Península Arábiga, entre a Arabia Petrea e Mesopotamia. Correspondíase de xeito aproximado coa actual Na ǧ d.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formada no 1963 pola Federación de Adén (Protectorado de Adén) e a colonia de Adén. Membro da Commonwealth, a súa fundación foi promovida polos británicos coa esperanza de rematar coas reivindicacións iemenís sobre estes territorios. O 20.11.1967 a Federación de Arabia do Sur e o Protectorado de Adén proclamaron a República Popular do Iemen do Sur, que en 1970 pasou a denominarse República Popular Democrática do Iemen. A partir do 22.5.1990 forma a República do Iemen ao fusionarse co Iemen do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome asignado á parte meridional da Península Arábiga, entre a Arabia Deserta e o Océano Índico, especialmente ao sector do Iemen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome asignado á parte noroccidental da Península Arábiga, comprendendo a península do Sinaí e a zona transxordana ata Siria meridional. O Emperador romano Traxano fíxoa provincia romana no 106 d C. Entre os ss IV e V foi dividida en dúas provincias: Arabia, ao N, con capital en Bostra, e Palestina Salutaris, ao S, con capital en Petra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de Arabia que ocupa a maior parte da península e que limita con Xordania, Iraq e Kuwait ao N, co Golfo Pérsico, Qatar e os Emiratos Árabes Unidos ao NL, con Omán ao L e ao S, con Iemen ao S e SO e co Mar Vermello ao O (2.240.000 km2; 19.072.000 h [estim 1997]). A capital é Al-Riyād.
    Xeografía económica

    Conxuntura económica
    A economía saudita baséase, maioritariamente, na obtención do seu principal recurso natural: o petróleo, do que posúe o 26% das reservas mundiais e é o primeiro produtor mundial. Os cultivos son difíciles debido á falta de auga, polo que se concentran nos oasis e nas áreas litorais. O trigo é o principal cultivo, aínda que teñen grande importancia os dátiles, os produtos da horta (tomate e sandía) e a cebada. Durante a década de 1980 leváronse a cabo numerosas obras de irrigación co obxecto de aumentar a área cultivada, buscáronse novas fontes hídricas, concedéronse axudas financeiras aos agricultores...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deserto que constitúe o núcleo da Península Arábiga; é unha das maiores rexións desérticas do mundo. Limita ao norte co deserto de Siria, ao oeste coas montañas de Al- Ḥ i ǧ āz, ao sur con parte da anterior rexión montañosa e coa costa do Océano Índico, e ao leste co Golfo Pérsico. Trátase dun altiplano que descende progresivamente do oeste ao leste ata o Golfo Pérsico. O deserto está formado por diversas partes: o deserto de Bādiyat al-Šām, ao N; máis ao S está o gran deserto de Al-Nafūd, e continúa cara ao SL pola grande extensión do deserto de Al-Rub’ al-Hālī. Ao O, entre Al-Nafūd e ‘Al-Rub’ al-Hālī, atópase a rexión montañosa de Na ǧ d. Os oasis son moi escasos e case toda a rexión está deshabitada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte noroccidental do Océano Índico, entre a costa occidental da India, a costa S de Arabia e Somalia (7.500.000 km2). Abrangue o golfo de Adén, que o comunica co Mar Vermello e o golfo de Omán, que o une co Golfo Pérsico. A temperatura e a salinidade son elevadas, e as augas pouco profundas. Os principais ríos que desembocan nel son o Indo, o Narbada e o Tapti, e os portos máis importantes Bombai, Karachi e Adén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trust norteamericano fundado en 1933 pola Standard Oil of California (30%), a Standard Oil New Jersey (30%), Texaco (30%) e Socony Mobil Oil (10%), para a extracción de petróleo en Arabia Saudí ata o ano 1999. En 1980 o goberno árabe adquiriu a totalidade do capital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de apeiros de labranza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arquivo Sa-rabia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión da Europa Oriental que se estende polos vales baixos dos ríos Prut e Dniéster ata o Mar Negro, e que ocupa a maior parte de Moldavia, nunha faixa que se prolonga en dirección NO-SL ao N da conca do Danubio. En total abrangue unha superficie de máis de 45.000 km2, entre os 46°-48° de latitude N e os 28°-30° de lonxitude L. Área de transición entre oriente e occidente, a composición étnica da poboación é moi heteroxénea: a maioría moldava (ou romanesa), que é máis da metade do total e habita principalmente na metade occidental, convive con importantes minorías de ucraínos, rusos, xudeus e búlgaros; os ucraínos e os rusos están establecidos sobre todo na parte oriental. Morfoloxicamente, pódense distinguir dúas grandes unidades: a primeira, ao S, é unha gran chaira cuberta de vexetación esteparia. No centro e no N, o relevo érguese e tórnase máis abrupto, modelado polas incisións fluviais. Malia a súa proximidade ao Mar Negro, a situación occidental do país respecto do litoral...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Arabia Saudí, fillo de Abd al-’Azīz II. Á morte do Rei Fay Palatino; ṣ āl, converteuse no primeiro vicepresidente do consello de ministros e príncipe herdeiro. No ano 1982 sucedeu o seu medio irmán Hālid. Practicou unha política conservadora e prooccidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Arabia Saudí (1975-1982), fillo do monarca ‘Abd al-’Aziz II. Foi vicepresidente do Consello de Ministros (1962-1975) durante o reinado do seu irmán consanguíneo Fay ṣ āl II, ao que sucedeu no trono cando este foi asasinado. Prooccidental en política interior, impulsou algunhas reformas moderadas. Sucedeuno o seu medio irmán Fahd I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Thomas Edward Lawrence.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica estadounidense realizada en 1962. Foi dirixida por David Lean e interpretada por Peter O’Toole, Omar Sharif, sir Alec Guinness e José Ferrer, entre outros. Esta película destaca pola calidade das súas imaxes, polo seu coidado guión e, principalmente, pola interpretación dos seus actores, cunha mención relevante para o papel protagonista de Peter O’Toole. Tamén destaca a súa música, que xa figura como unha das bandas sonoras fundamentais da historia do cine. Obtivo sete Oscar, entre eles o Oscar á mellor película.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comunidade de mozárabes.

    VER O DETALLE DO TERMO