"Arno" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 81.

  • RIOS

    Río da Toscana, Italia (245 km de lonxitude, 8.250 km2 de conca). O seu réxime é nivopluvial. Nace no Monte Falterona, flúe en dirección N-S drenando o Casentino, e entra na chaira de Arezzo, onde toma a dirección L-O e encaixa no val de Valdarno. Pasa por Florencia. Desemboca no mar Ligur, cerca da poboación de Marina di Pisa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca do Ribeiro, situado na provincia de Ourense ao o S da comunidade autaonoma (42° 14’ latitude N - 8° 7’ lonxitude O). Limita ao O co concello de Ribadavia, ao S cos de Cortegada (ambos os dous do Ribeiro) e Gomesende (da Terra de Celanova), ao L co de Cartelle, e o N co de Castrelo de Miño, ambos os dous do Ribeiro.. Abrangue unha superficie de 20,7 km 2 cunha poboación de 1.171 h (1996) cunha soa parroquia, A Arnoia. A capital municipal é o lugar de Outeiro Cruz, situado a 119 km de Santiago de Compostela, a 34 km de Ourense e a 6 km de Ribadavia. Está adscrito ao partido xudicial de Ribadavia e á diocese de Ourense.
    Xeografía física
    O territorio do concello da Arnoia sitúase no dominio climático oceánico-mediterráneo, cun microclima propiciado pola distribución do relevo: os rexistros termopluviométricos responden á súa situación a sotavento da serra do Faro de Avión, abeiro de magnitude fronte á circulación do O. A temperatura...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Arnoia, a. baixo a advocación de San salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo priorado pertencente ao mosteiro bieito de San Salvador de Celanova. Conserva o edificio monacal, hoxe casa rectoral, e unha interesante igrexa parroquial románica. No seu interior consérvase un retablo maior obra do entallador local Benito Arez González (s XIX).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca natural do S de Galicia, que se corresponde coa conca do río Arnoia. Distínguese o Alto Arnoia, (integrado polas terras dos concellos de Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadañedo), e o Baixo Arnoia, (do que forman parte os concellos da Arnoia, A Bola, Cartelle, Celanova, Cortegada, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Arnoia.

    2. Persoa natural ou residente da Arnoia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de san Xiao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Abade do mosteiro bieito de Sant Johan, de Lübeck. Escribiu a Chronica Slavorum, que comprende dende o 1171 ao 1209, continuando a de Helmold, e na que non se cingue só ao mundo eslavo, senón que tamén trata dos emperadores xermánicos, das súas expedicións a Italia, das cruzadas, etc. Traduciu en versos latinos “Gregorius, poema de Harman von Ave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral norteamericano (1776). Distinguiuse na Guerra da Independencia dos EE UU (1775-1783). Participou no sitio de Quebec (1775), nas batallas de Ridgefield e de Saratoga (1777). Nomeado comandante de Filadelfia (1778), desertou e pasouse ao exército británico (1779), trasladándose a Inglaterra en 1780.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e escritor pietista luterano. Publicou Die erste Liebe (1696), que lle valeu ser chamado á cátedra de Historia da Igrexa en Giessen. A súa obra principal é Unpartheyischen Kirchen-und Ketzerhistorie (1699), estudios sobre os elementos verdadeiramente cristiáns existentes nas sectas, os místicos e os teólogos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico norteamericano. Especialista en cine fantástico, encheu as pantallas dos cines de seres misteriosos, monstros e outro tipo de fantasías. Ademais, dirixiu algúns westerns e thrillers. Realizou, entre outras, as películas Girls in the night (Mulleres na noite, 1953), Creature from black lagoon (O monstro da lagoa negra, 1954), Tarántula (Tarántula, 1955), Outside the law (Fóra da lei, 1955), The incredible shrinking man (O incrible home que encolleu, 1957), Black eye (Ollo negro, 1974) e The swiss conspiracy (Conspiración en Suíza, 1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra inglés. Músico de melodía fácil, colorista e exuberante, compuxo máis de cento trinta obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. A súa poesía, moi da Época Vitoriana, distínguese pola influencia dos gregos, de Goethe e dalgúns contemporáneos. Entre outros, publicou o poema dramático Empedocles on Etna (Empédocles no Etna, 1852), dúas series de Poems (Poemas, 1853 e 1855) e a súa poesía completa (1869). Os seus Essays in Criticism (Ensaios sobre o Criticismo), a obra que máis sona lle deu, son fundamentais na crítica inglesa. Elaborou un concepto persoal da cultura, afastado do prerrafaelismo. Escribiu tamén estudos sobre temas políticos e relixiosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e pedagogo inglés. Director dende 1827 da Escola de Rugby (Warwickshire), o seu ideal era a formación do christian gentleman (xentilhome cristián). Subordinou a educación intelectual á educación moral e relixiosa e introduciu estudios humanistas, sociais e políticos modernos. Influíu na evolución das public school inglesas ao introducir o sistema de grupos de alumnos residentes en casas separadas, baixo a dirección dos profesores coas súas familias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político sueco. Dende o seu posto como deputado no Parlamento de Suecia (1881), foi un afervoado pacifista. Foi Premio Nobel da Paz xunto a Frederick Bajer (1908).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e escultor italiano. Discípulo de Nicola Pisano; con el e con Giovanni Pisano colaborou na construción do púlpito da Catedral de Siena (1265-1268). Foi o introdutor do Clasicismo realista de Nicola Pisano en Roma. Realizou en Orvieto o sepulcro de Guglielmo de Braye (1282). Construíu en Roma os baldaquinos de San Pablo Extramuros (1285) e de Santa Cecilia no Trastevere (1293).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico norteamericano de orixe polonesa. Destacou no estudo da fotosíntese, campo en que descubriu, no ano 1954, a transformación da enerxía lumínica en enerxía química utilizable (ATP). Describiu tamén algúns dos intermediarios do esquema Z, modelo de transporte de electróns da fotosíntese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Enseada da beira meridional da ría de Arousa, situada ao O da punta Arnosa e ao L da punta de Peralto, na parroquia de Vilalonga do concello de Sanxenxo.

    VER O DETALLE DO TERMO