Arnold, Thomas
Arnold, Thomas
Eclesiástico e pedagogo inglés. Director dende 1827 da Escola de Rugby (Warwickshire), o seu ideal era a formación do christian gentleman (xentilhome cristián). Subordinou a educación intelectual á educación moral e relixiosa e introduciu estudios humanistas, sociais e políticos modernos. Influíu na evolución das public school inglesas ao introducir o sistema de grupos de alumnos residentes en casas separadas, baixo a dirección dos profesores coas súas familias.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : West Cowes, illa de Wight -
Deceso
Lugar : Oxford