"Auria" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 11.

  • Nome de muller procedente do latín Aurea, feminino de aureus ‘áureo, de ouro’, alcume atribuído a Venus pola riqueza dos seus templos ou pola cor do seu cabelo. Auria é o nome máis antigo de Ourense que quizais pervive en Oira; Auriense, na súa orixe, é un adxectivo derivado de Auria, aínda que tamén se documenta a variante Auregense. Levan este nome santa Auria de París (s VII), santa Auria de Córdoba e santa Auria de Ostia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista quincenal nada en 1944 en Ourense e promovida por Acción Católica, que desaparece en 1946. Dirixida por Virxilio X. López Cid, colaboraron nela: Segundo Alvarado, Alfonso Alcaraz, Segundo Fernández, Xosé Luís Varela, Pura Vázquez e Luís Ramos, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Suplemento cultural do diario Faro de Orense aparecido o 13 de novembro de 1983. Coordinado por Marcos Valcárcel, incluíronse nel estudios de Miguel Moreiras, Xavier Ribalta, Enrique Bande e Alfredo Cid Rumbao, entre outros. Tiña dúas seccións, “Ronsel” e “Os nosos devanceiros”, nas que se recollía información cultural e textos de Otero Pedrayo, Florentino L. Cuevillas e Blanco Amor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista mensual editada en marzo de 1997 en Ourense e subtitulada “Revista mensual de Caixa Ourense”. Dirixida por Alfonso Sánchez Izquierdo e coordinada por Fina Calleja e Xosé Platero Paz, contaba coa colaboración de Maribel Outeiriño na redacción. Incluía entrevistas con escritoras, unha antoloxía de textos xornalísticos de Otero Pedrayo, Cuevillas e Basilio Álvarez, e artigos de Marcos Valcárcel sobre a cidade de Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Irmá dos santos Adolfo e Xoán. A lenda conta que morreu degolada polos mouros cordobeses. A súa festividade celébrase o 19 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • irxe e mártir da cidade romana de Ostia. Morreu afogada logo de ser tirada ao mar atada a unha moa de muíño. A súa festa conmemórase o 24 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Abadesa dun mosteiro de París por designación de santo Eloi, o seu fundador. Cóntanse dela varios feitos sobrenaturais: un anxo pousou na súa cabeza unha coroa luminosa, unha monxa do seu convento quedou coa boca torta por rirse das súas austeridades, etc. Morreu martirizada nunha cadeira con cravos. A súa festividade celébrase o 11 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Ourense en 1903 que non tivo continuación. Fundada por Xoán Fernández, Alexandre Cerecedo e Xerardo Álvarez Limeses, o seu director, contou coa colaboración de: Alfonso Carballo, X. Neira, Eduardo Vicenti, Emilia Pardo Bazán e Basilio Álvarez, entre outros. Informaba sobre as festas do Corpus dese ano e contiña poemas, artigos de historia, ciencia e literatura, e datos sobre as cidades de Vigo e Ourense. Incluía tamén fotografías de Pacheco (Ourense) e Ferrer (A Coruña), xunto a debuxos de Taxes e Pérez Maffei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga rexión de Asia Menor, na cadea montañosa do Tauro. Unida a Cilicia, foi rexida por un comes. Deu ao Imperio Bizantino a dinastía isáurica. Caeu en poder otomano no s XIV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico e novelista. Encadrado na nouveau roman francesa, publicou Le diner en ville (1959), e o ciclo de catro novelas Le dialogue intérieur (1957-1971), Les espaces imaginaires (1975), Un coeur tout neuf (1980) e Le temps immobile (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Na súa obra, marcada pola análise psicolóxica, implica directamente a relixión e os conflitos morais esenciais no ser humano, como se reflicte no debate entre a vida espiritual e os desexos máis carnais. Publicou as novelas Le baiser du lépreux (1922), Thérèse Desqueyroux (1927) e Le mystère Frontenac (1933), así como a biografía política De Gaulle. En 1933 foi elixido membro da Académie Française. Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1952) e a Grand-croix de l’ordre de la Légion d’honneur (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO