Auria
Auria
[PUBLIC]
Revista mensual editada en marzo de 1997 en Ourense e subtitulada “Revista mensual de Caixa Ourense”. Dirixida por Alfonso Sánchez Izquierdo e coordinada por Fina Calleja e Xosé Platero Paz, contaba coa colaboración de Maribel Outeiriño na redacción. Incluía entrevistas con escritoras, unha antoloxía de textos xornalísticos de Otero Pedrayo, Cuevillas e Basilio Álvarez, e artigos de Marcos Valcárcel sobre a cidade de Ourense.