Auria

Auria
[PUBLIC]

Suplemento cultural do diario Faro de Orense aparecido o 13 de novembro de 1983. Coordinado por Marcos Valcárcel, incluíronse nel estudios de Miguel Moreiras, Xavier Ribalta, Enrique Bande e Alfredo Cid Rumbao, entre outros. Tiña dúas seccións, “Ronsel” e “Os nosos devanceiros”, nas que se recollía información cultural e textos de Otero Pedrayo, Florentino L. Cuevillas e Blanco Amor.