"BH" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 65.

  • RIOS

    Río de Irlanda, que nace preto de Oileán Ciarraighe, no condado de Ciarraighe, pasa por Mala e Fir Maighe ata Eochaill, onde desemboca no Atlántico logo dun percorrido de 164 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pobo alóctono da antiga India, probablemente non ario, de historia pouco coñecida. Segundo algúns autores, penetraron no subcontinente hindú a raíz da conquista de Alexandre o Grande, dando nome á atrapía de Abira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Un dos principais bodhisattva do budismo mahāyāna. Segundo a tradición, Amitabha prometeu que non accedería á beatitude final ata a salvación de todos os seres. Reina en Occidente nun paraíso ou país puro no que só se entra coa fe e a entrega a Amitābha. Esta doutrina, que se explica na popular sūtra, Sukhāvatī Vyūha, estendeuse por China, onde se mesturou inicialmente co taoísmo e onde o Amituo se representa en forma de figura sobre a fronte de Guanyin (Avalokite’s-vara). Foi introducida en Xapón a partir do século XII; os seus seguidores (Jōdo mon) dividíronse en diversas sectas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos dialectos prácritos desenvolvidos entre os ss VI e X ( prácrito).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e astrónomo indio. Primeiro científico indio do que se conservan escritos. Autor do tratado Āryabhatiyā (499?), onde resume as matemáticas do seu tempo. É ademais, o primeiro en falar da rotación da Terra. Os seus principais traballos de matemáticas foron a extracción de raíces cadradas e cúbicas, a utilización do sistema decimal co número cero, a suma das progresións aritméticas, a resolución de ecuacións de segundo grao cunha incógnita e sistemas de dúas ecuacións con dúas incógnitas, a utilización de senos e cosenos e a aproximación ao número π ata a cuarta cifra decimal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SIGLAS

    Sigla de Honduras Británica na placa do estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sólido incoloro ou lixeiramente amarelado, empregado como aditivo alimentario antioxidante en graxas e en alimentos graxos, produtos de pastelería e panadería, conservas, caldos, sopas deshidratadas e chicles. Tamén é coñecido co nome de butilhidroxianisol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do Nepal central (48.472 h [1991]). É o principal centro relixioso do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Bengala Occidental, na India (304.298 h [1991]). Situada á beira do Huglī, na rexión do delta do Ganxes, é un centro da industria téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico indio. Estudiou a difusión de positróns por electróns (difusión de Bhaba, 1935) e os raios cósmicos. Foi presidente da comisión de enerxía atómica na India.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Bihār, na India, situada á beira do Ganxes (254.993 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento arqueolóxico da India, situado por riba do golfo de Khambhat. Marca, xunto cos xacementos de Telod e Megham, o límite meridional da cultura do Indo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poema sánscrito didáctico de autor ou autores descoñecidos, contido no Mahābhārata. Nomeado correntemente Gītā, é o máis coñecido e o máis venerado dos textos sagrados da India. A maioría dos eruditos cren que é de orixe posterior á case totalidade do Mahābhārata e que foi inserido cara ao s II a C. A súa idea central é o recoñecemento de K ṛ ishna como o Bhagavān que é o Todo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poema sánscrito de 18.000 versos (shloka), dedicado á glorificación de Vishnu. Escrito probablemente ao sur da India despois dos ss IX-X d C, contén disquisicións sobre os sistemas filosóficos Vedānta e Sāmkhya, unha inspirada exposición do Bhakti-mārga (vía devocional) e as historias de todos os avatāra de Vishnu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade da India, nos Ghats Occidentais, coñecida por un conxunto de covas artificiais convertidas en chaitya (santuarios) e vihara (mosteiros) budistas que pertencen aos ss I e II a C, cunhas prantas moi semellantes ás das basílicas cristiás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concepto do Hinduísmo traducido xeralmente por ‘devoción’, que consiste nunha relación persoal e nunha amorosa actitude de dependencia e de piedade, concreta e existencial, do bhakta (‘devoto’) cara a Deus nos seus avatāra como obxecto primario e supremo. É unha das vías de salvación do Hinduísmo. Os froitos do verdadeiro bhakti son a perfección, a inmortalidade e a beatitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento arqueolóxico do Paleolítico Inferior de Tailandia. Van Henkeren identificou unha industria de cuarcitas e gres tallados por unha soa cara. Pola proximidade ao río Mekong ou Fingnoi, esta cultura recibiu o nome de Fingnoia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Un dos nomes tradicionais da India. É o adoptado oficialmente pola República da India (Bhārat Juktarashtra).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escritor indio en lingua sánscrita. De existencia indeterminada, é autor do Nā ṭ ya-śāstra, compilación de regras de arte dramática con data no s III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fillo de Dushyanta e de Shākuntala. O poema épico do Mahābhātara describe a historia dos seus descendentes.

    VER O DETALLE DO TERMO