"Baamonde" (Contén)
Mostrando 17 resultados de 17.
-
-
-
Apelido de orixe toponímica. Remite ao nome de lugar Baamonde, que é un antropotopónimo formado a partir do xenitivo do nome persoal de orixe xermánica Badamundus, composto polo xermánico *badu (procedente do gótico *badu- ‘loita’) e -mundus (derivado do gótico mund- ‘man, protección’). Este apelido de orixe galega xa se documenta no s IX: “hereditas de Vimara Badamondi” (doc ano 1062 en J. Mª Andrade Cernadas O tombo de Celanova, 1995, p 50), “Vaasquo Peres de Uaamonde” (doc ano 1390 en Mª Luz Méndez Fernández Contribución ao estudo dun libro das Tenzas da Catedral de Santiago. Edición crítica e estudo dos folios 1 a 27, 1991, aV). Con moita frecuencia aparece grafado cun v- non etimolóxico (Vaamonde) ou mesmo cun -h- epentético (Bahamonde).
-
Liñaxe procedente da ilustre casa de Ortigueira. Segundo algúns investigadores o tronco desta familia foi o antigo conde de Lugo, Ero, mentres que outros opinan que esta estirpe descende do conde Rodrigo de Romaes, señor de Monterroso e fillo do conde Román Bermuiz, que casou coa infanta de Inglaterra Milia (Milla ou Mencía). Hai quen opina tamén que os membros desta caste tomaron o nome da vila luguesa de Baamonde por apelido. Un dos primeiros lugares onde se asentaron foi en Ribadeo; logo establecéronse noutros moitos sitios como Lugo, Lourenzá, Ares, Mondoñedo, San Xoán de Ouces (Bergondo), Melide ou no condado de Monterrei. Tamén se espallaron por toda a Península e mesmo pasou unha rama a terras americanas, establecéndose en Chile e no Novo Reino de Granada. Os Baamonde levan como armas: en campo de azul, unha letra M de ouro, coroada do mesmo metal e bordo de goles con sete peixes de prata. Outra variante trae: en campo de ouro, tres matas de ortigas de sinople, sobre rochas,...

GALICIA
Profesor de Filosofía e escritor. É autor de O marxismo e as linguaxes (1988), Sobre o tempo e outros desatinos (1990), A Rosa sen porqué (1997) e El Laberinto y sus salidas (1998), nos que analiza diferentes aspectos da realidade dende unha perspectiva filosófica. Así mesmo En favor da esperanza (1987) e Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista (1990), son textos predominantemente políticos. Redactou os textos para a obra Ex-votos (1994), con fotografía de Tino Martínez. É membro do consello de redacción da revista Luzes de Galiza; ademais, colabora con outras publicacións como Diario de Galicia, Grial ou La Voz de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -

PERSOEIRO
Relixioso franciscano. Colaborou en El eco franciscano. Publicou os sermóns Solemne Vía-Crucis (1909) e Sermón de las siete palabras (1909).

Escultor e entallador de retablos. Fixo os anxos que sosteñen e alumean o Sacramento da Catedral de Lugo e diversas imaxes como as de san Froilán, san Bertomeu e san Pedro. No ano 1750 realizou os retablos da Igrexa de San Francisco de Lugo. Xunto co entallador Benito González Rioboo traballou, en 1761, no retablo maior da Igrexa da Régoa, en Monforte de Lemos.

VER O DETALLE DO TERMO
Gena Romero Baamonde.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gena Romero Baamonde.
-
IGREXAS
Igrexa románica do s XII situada na parroquia de Baamonde (Begonte). De planta rectangular, ten nave única, con cuberta de madeira a dúas augas, e ábsida cuberta con bóveda de crucería. A nave e a ábsida teñen a mesma largura. O arco de triunfo é apuntado. A portada principal é de arco semicircular cunha arquivolta de pequenos arcos apuntados. Conserva sepulcros a ambos lados do presbiterio así como unha pía bautismal con relevos do mesmo período.

Escultor. Traballou na catedral de Lugo onde realizou, na portada principal, as esculturas dos evanxelistas, a alegoría da fe e as imaxes de san Froilán e san Capitol.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz. Coñecida como Gena Baamonde, comezou a súa andaina profesional na compañía Matarile Teatro, coa que participou en Andante (1991), Café acústico (1992), Di pinto di blue (1997) e La piel que todo lo cubre (1998). Coa compañía Teatro Galileo participou en Diario (2000) e con Teatro Bruto en Ninguén chorou por nós (2000). Ademais, escribiu as pezas María a Parva (1996); Feitos son amores (1998), xunto con Eugenia Iglesias; e Indignos (2004).
VER O DETALLE DO TERMO