"Baltasar" (Contén)
Mostrando 17 resultados de 17.
-
PERSOEIRO
Produtor e realizador cinematográfico. Traballou como distribuidor de filmes estranxeiros e como produtor en Lotus Films. Foi realizador do documental El casamiento de Alfonso XIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta castelán. Da súa produción poética, reunida a maior parte postumamente, coñécense sobre todo as composicións humorísticas como La cena jocosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome asirio Belshazzar que significa ‘que Bel (o deus Baal) protexa o rei’; na Vulgata aparece baixo a forma Baltassar. A lenda di que Baltasar é un dos tres Magos protagonistas da Adoración que máis tarde se transformaría en Rei, segundo narra o evanxelista Mateo. A partir do s IX aparecen os seus nomes no Liber Pontificalis de Ravenna, talvez recollendo unha tradición popular que os ordena e reparte xeograficamente; deste xeito, Baltasar acaba sendo o mago de raza negra que representa a África, namentres que Melchor e Gaspar simbolizarían a Asia e Europa, respectivamente. Hai outro Baltasar no Antigo Testamento, fillo e herdeiro de Nabucodonosor, a quen castigou Iavé coa perda e división do seu reino a mans dos medos e persas logo de profanar nunha orxía os vasos sagrados do templo de Xerusalén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dun dos tres Reis Magos de Oriente que, segundo relata o Evanxeo de san Mateo, acudiron a Belén de Xudea para renderlle homenaxe ao neno Xesús na súa condición de Rei dos xudeus. Un rei mouro aparece representado na iconografía con vestiduras e atributos propiamente orientais, portando un copón onde se contén o seu agasallo ao neonato: a mirra, interpretada como o destino do Cristo de morrer para a Redención dos homes. Non obstante , non aparece na arte cristiá ata as representacións baixomedievais, posto que a cor negra era considerada como a cor do demo, do inferno e da morte. Na simboloxía cristiá representa a figura do anticristo. Nun retablo do s XVI da Catedral de Viseu, o mago mouro aparece substituído por un xefe indio do Brasil como símbolo de América. A súa festa celébrase o 6 de xaneiro.
-
PERSOEIRO
Príncipe de Asturias e de Girona, fillo de Filipe IV e de Isabel de Francia. Foi elixido no ano 1632 polas Cortes de Castela como príncipe herdeiro, aínda que morreu de varíola antes de acceder ao trono. Retratouno en numerosas ocasións Velázquez e o seu círculo (Baltasar Carlos a caballo, 1634-1635, e Baltasar Carlos cazador, 1635-1636).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, conde de Castellar. Foi embaixador en Venecia e Alemaña e membro do Consello de Indias. En 1673 foi nomeado vicerrei do Perú, cargo desde o que intentou poñer fin á corrupción dos funcionarios e regular a recadación dos impostos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xuíz. En 1980 accedeu á carreira xudicial. Xuíz de primeira instancia e instrución e, desde 1983 maxistrado, en febreiro de 1987 o Consejo General del Poder Judicial nomeouno inspector delegado nos tribunais de Andalucía. En febreiro de 1988 tomou posesión como maxistrado do xulgado central de instrución nº 5 da Audiencia Nacional, con competencia en casos de terrorismo, narcotráfico, branqueo de diñeiro, delincuencia económica organizada e extradicións. Concorreu ás eleccións ao Congreso de los Diputados de 1993 como independente no segundo posto da candidatura do PSOE por Madrid; elixido deputado, en xuño dese ano foi nomeado secretario de EstadoDelegado do Goberno para o Plan Nacional Sobre Drogas. En maio de 1994 dimitiu dos cargos políticos e reincorporouse á Audiencia Nacional. Destacou polo seu labor a prol do establecemento do Tribunal Penal Internacional e a loita contra a impunidade nos delitos contra os dereitos humanos, así como pola persecución dos delitos de narcotráfico e...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Desde 1619 pertenceu á orde dos xesuítas, estudiou filosofía e teoloxía e foi catedrático de Filosofía na Universidad de Gandía e de Sagrada Escritura na Universidad de Zaragoza. Representante do conceptismo barroco, empregou os pseudónimos de Lorenzo Gracián e García de Marlones. Publicou, entre outras obras, El héroe (1637), El político (1640), Agudeza o Arte de ingenio (1642), El discreto (1646), El oráculo manual y arte de prudencia (1647), El Criticón (1651-1657), novela alegórica costumista que amosa o desengano e escepticismo ante a vida, nun estilo perfeccionista e conciso, típico do conceptismo, e El comulgatorio (1655).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Remeiro. Nomeado dúas veces mellor deportista provincial e finalista no premio ao mellor deportista galego, foi sete veces campión de España en diferentes modalidades. Logrou o sexto lugar no campionato do mundo (1983) e foi unha vez campión de Europa (1988). Participou nos Xogos Olímpicos de Seúl (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso e botánico. Coñecido como padre Merino, foi membro da Compañía de Xesús e exerceu como presbítero. Publicou unha das primeiras obras sobre flora que se fixeron en España, titulada Flora descriptiva e ilustrada de Galicia, en tres volumes (1905, 1906 e 1909). Ademais, é autor de Estudio sobre las borrascas en la costa occidental de Galicia (1893), Contribución a la flora de Galicia: la vegetación espontánea y la temperatura en la cuenca del Miño (1897) e Adiciones a la flora de Galicia (1917).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso, fillo de Lope de Moscoso Osorio, conde de Altamira e sobriño do duque de Lerma. Como segundo fillo desta familia nobre, nomeárono cardeal en 1615. Foi bispo de Jaén (1619) e arcebispo de Toledo en 1646. En Santiago de Compostela axudou aos dominicanos a reabrir o Estudio Xeral (1665), para o que doou importantes cantidades, que serviron para construír novas dependencias e a fachada pincipal de San Domingos de Bonaval.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Formou parte da escuadra Galiza, en 1637 serviu en Francia e ao ano seguinte enviárono a Perú, onde foi gobernador e capitán xeneral de Tucumán e corrixidor e xustiza maior de Canta. Foi cabaleiro da Orde de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Doutor en Dereito, traballou no campo da crítica literaria e histórica e foi redactor de Gaceta de Madrid. Das súas obras destacan Estudios de Cronología universal (1863), Una página de Cronología técnica. De los calendarios en la Edad Antigua (1863), Disertación sobre la Crónica de Pharos (1864) e Era de España. Apuntes de Cronología española (1864).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. O centro da súa obra é a narrativa e dela cómpre subliñar Solnegre (1961), La lluna i el “Cala Llamp” (1963), Els escorpins (1965) e Els Argonautes (1968), en que presenta o universo mítico de Andratx, sobre o que construíu gran parte da narrativa posterior (Difunts sota els ametllers en flor, 1970; Les primaveres i les tardors, 1986). Co volume de contos Reivindicació de la vídua Txing (1977), a súa obra faise máis cosmopolita e dinámica. Como dramaturgo asume tanto as experiencias do teatro do absurdo coma as posibilidades dun novo teatro satírico e crítico. Interesado polas historias e as viaxes, en castelán escribiu El conflito árabe-israelí (1969) e Viajes expectantes. De Marrakech a Pekín (1994). Con L’emperador o l’ull del vent...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Licenciado en teoloxía, das súas obras destacan Libro de la limpia concepción de la Virgen María (1620), Vida y hechos del cardenal Albornoz (1623) e os manuscritos Historia episcopal e real de España, Elogios de los cardenales de España, Tratado de la venida de Santiago a España e Nobiliario del Reino de Galicia e Santos de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cerralleiro e reloxeiro. De orixe francesa, traballou nas catedrais de Santiago de Compostela (1559) e Lugo (1570), e no mosteiro de Santa María de Sobrado (1572).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político, II marqués de Valero e I duque de Arión (1725). Foi vicerrei de Sardeña (1704-1706) ao servizo de Filipe V, a favor do que loitou durante a Guerra de Sucesión. Acabada esta, foi recompensado co cargo de vicerrei de Nova España (1716-1722). Volvendo á Península Ibérica, foi presidente do Consello de Indias.
VER O DETALLE DO TERMO