"Basco" (Contén)
Mostrando 13 resultados de 13.
-
VER O DETALLE DO TERMO
verbasco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural da Pobra de Trives. As súas armas levan, en campo de azul, un verbasco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica de Vasco, apelido que ten a súa orixe nun alcume étnico.
-
-
PERSOEIRO
Antropólogo cultural norteamericano. Profesor na Universidade de Berkeley, California, especializouse no folclore africano. Entre as súas obras cómpre mencionar African Arts (Artes africanas, 1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
ariante gráfica de Vasconcelos, apelido de orixe toponímica orixinario do territorio portugués. Trátase dun diminutivo do étnico vascones ‘os vascos’, pobo que habitaba a entrambos lados dos Pireneos. Esta forma aparece, xa que logo, grafada cun b- non etimolóxico.
-
Liñaxe portuguesa procedente do lugar de Vasconcelos, de onde tomou o nome; por iso, nos tratados heráldicos pode aparecer tamén representado coa variante gráfica orixinaria Vasconcelos. O tronco desta caste foi o conde Osorio de Cabrera e Rivera, galego de nacemento que se estableceu en Portugal. O primeiro en usar este apelido foi un dos seus descendentes, Xoán Pérez de Vasconcelos, quen participou na conquista de Sevilla. A esta caste pertenceu tamén o IV conde de Amarante, García Ozores. Entroncaron con nobres casas do reino portugués. As súas armas levan, en campo de goles, tres faixas de veros de prata e sable, nunha soa orde. Outra variante trae, en campo de sable, tres faixas contraveradas de prata e goles.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía vasca fundada en 1892 en Bilbao para a fabricación de folla de lata, aceiro, ferro e produtos derivados. Ten as súas fábricas en Basauri. En 1969 fusionouse con Altos Hornos de Bizkaia.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Monforte de Lemos baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Embarcación antiga, do século XVI, empregada na pesca da sardiña na ría de Pontevedra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico semanal de carácter satírico aparecido en 1871 na Coruña. Substituíu o dominical El Avisador, tamén denominado El Anunciador. Foi editado pola Tipografía Galaica, da que eran propietarios Gonzalo Brañas e Ezequiel Fernández e Miranda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Salsa picante feita cunha variante de pementa vermella (o tabasco) por maceración, fermentación e maduración. Envásase con vinagre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado federado do SL de México, que limita ao N co golfo de México, ao L con Guatemala, ao S co estado de Chiapas e ao O co de Veracruz (25.267 km2; 1.891.829 h [2000]). A súa capital é Villahermosa. É unha rexión chá que non sobrepasa os 200 m de altitude. O clima é tropical e húmido. Con vexetación abundante, a rexión produce toda clase de produtos tropicais. A industria está pouco desenvolvida, só fabrica azucre, augardente, cigarros e xabón. Ten importantes xacementos de petróleo e gas natural. En época precolombina, a rexión estaba habitada por xente de cultura olmeca, que foi absorbida polos maias. Coa independencia, creouse en 1824 o estado da Federación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea bienal, tomentosa, de ata 2 m de altura, con follas alternas, simples, as basais pecioladas, entre elípticas e ovado-oblongas, e de maior tamaño que as caulinas, que se fan máis pequenas a medida que se ascende polo talo. Ten flores de cor amarela dispostas en inflorescencias en espiga e froito en cápsula ovoide. Florece entre a primavera e o verán en lugares secos. Emprégase coma planta medicinal polas súas propiedades pectorais, emolientes e antiinflamatorias.