"Bearn" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • País do SO da Gascoña (Francia) que abrangue unha superficie de 4.750 km2 na metade oriental do departamento francés dos Pireneos Atlánticos. Esténdese entre a zona axial pirenaica e o río Ador. Reúne dúas áreas xeográficas: a rexión pre-pirenaica, onde se alternan vales e outeiros, e a alta montaña. O desenvolvemento do complexo petroquímico de Lacq permitiu revitalizar a rexión, aínda que a economía do Bearn continúa a depender dos seus produtos agrícolas. A capital é Pau. O vizcondado de Bearn, englobado dentro do ducado de Gascuña, fundouse no s IX trala fusión de pequenas unidades territoriais da Novempopulania galorromana. A Guerra dos Cen Anos levou ao vizcondado a unha autonomía que non tardou en transformarse en soberanía virtual. Durante o s XVI, os sucesivos enlaces matrimoniais dos soberanos bearneses coa familia real francesa fixeron de Bearn o centro administrativo dun pequeno estado soberano onde o tráfico comercial era a base da prosperidade. No ano 1620, Luís...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción española baseada na novela homónima de Llorenç Villalonga, realizada en 1983 por Jaime Chávarri. Entre os actores figuran Fernando Rey, Ángela Molina, Amparo Soler Leal e Imanol Arias. As lembranzas do capelán Juan Mayol, protexido dos señores Bearn, na Mallorca de mediados do s XIX, serven para a análise da sociedade aristocrática da illa. Un asasinato, unha misteriosa muller, Xima, e uns papeis gardados na sala das bonecas da mansión dos Bearn fundamentan unha historia que procura a analoxía coa famosa Il Gattopardo (1963) de Luchino Visconti.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Bearn ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante do Bearn.

    3. Salsa elaborada con manteiga, ovos, viño branco, cebola de Ascalón e pirixel, que se usa como acompañamento de carnes e peixes.

    VER O DETALLE DO TERMO