"Bonaval" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • Xograr probablemente galego a xulgar pola súa rúbrica: “En esta folha adeante se comenzan as cantigas d’amor. Primeiro trobador Bernal de Bonavalle” do hipotético Cancioneiro de Xograres Galegos que Resende de Oliveira discerneu no interior da estrutura xeral dos apógrafos italianos, o Cancioneiro da Biblioteca Nacional e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. Ademais, adoita identificarse o topónimo Bonaval coa aldea homónima de Santiago de Compostela, daquela situada fóra das murallas e da vila, onde se ergue o mosteiro de San Domingos de Bonaval. Practicamente, toda a crítica opta pola súa orixe compostelá, aínda quen tamén hai que opta por atribuírlle outra orixe. Xa Resende de Oliveira subliñara que Bonaval é tamén o nome dunha vila de Toroño, na zona de influencia do bispado de Tui, que o magnate e trobador portugués Garcia Mendez d’Eixo, da familia dos Sousa, coñecía dabondo xa que casara con Elvira Gonçalvez de Toroño; deste xeito, o trobador estaría relacionado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista cultural dirixida por Xoán Manuel Carreira Antelo e cun consello de redacción integrado por Manuel Castelao, Luís Rei Núñez, Xesús M. Valcárcel, Ramiro Fonte, Xulio L. Valcárcel, Ánxel Rey Ballesteros e Lois Rodríguez Andrade. Editou o seu número 0 en Santiago de Compostela en 1979, cunha tirada inicial de 2.500 exemplares e con presentacións en Madrid e Barcelona, pero non tivo continuidade. As súas intencións eran contribuír a superar o minifundio cultural, rescatar textos e autores, publicar traducións, contribuír a internacionalizar a cultura galega e non coartar ningún tipo de colaboración por razóns ideolóxicas, literarias ou lingüísticas. A temática, segundo o proxecto inicial, era moi ampla: pensamento, arte, crítica literaria, teatro, imaxe, urbanismo, musicoloxía, poesía, relatos, etc. As ilustracións corrían a cargo de Alfonso Sucasas. Monolingüe en galego, anunciaba que incluiría textos en catalán e portugués como un claro boicot ao castelán. Nese primeiro e único número...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bernal de Bonaval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convento dominicano situado en Santiago de Compostela no cruce das rúas de san Pedro e das Rodas, fóra da antiga Porta do Camiño. A tradición atribúe a súa fundación a san Domingos de Guzmán quen supostamente peregrinou a Compostela en 1219. Foi fundado ao redor de 1220 baixo a advocación de santa María, mais en 1498 apareceu xa baixo o nome de San Domingos. O templo segue a tipoloxía das igrexas mendicantes, sendo o primeiro templo galego en adoptala. Foi consagrado en 1230 aínda que a finais do s XIII foi reformado baixo a protección do arcebispo dominicano frei Rodrigo González de León, estendéndose as obras ata o último cuarto do seguinte século. A planta é de cruz latina con tres naves e tres ábsidas poligonais, dúas capelas nos extremos dos brazos e dúas máis que se abren á nave. A cabeceira é característica do gótico mendicante: capela maior e dúas ábsidas colaterais de planta poligonal, bóveda de crucería e longos vans oxivais. En 1718 o artesoado de madeira das naves foi substituído...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela escrita por Antonio López Ferreiro e publicada por entregas en 1894 no xornal El Pensamiento Gallego. O autor introduciu no seu inicio un “Aviso ao bondadoso lector”, onde reflexiona sobre cuestións lingüísticas e o obxectivo do libro. A historia transcorre en Santiago de Compostela entre 1543 e 1546, e narra un enfrontamento entre os poderes civil e eclesiástico, atmosfera na que ten lugar unha historia de amor entre a filla dunha tecedeira, un criado e un escribán. O autor pretendeu transmitir a idea de que os problemas de Galicia viñan do centralismo da administración castelá. Escrita en galego na época do Rexurdimento, contribuíu á modernización da novela na literatura galega.

    VER O DETALLE DO TERMO