"Burgos" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

  • CIDADES

    Cidade e capital da provincia homónima, na Comunidade de Castela e León, situada á beira do río Arlanzón (163.156 h [1996]). Distínguense dous grandes sectores: a cidade vella, entre o castelo e o río, e os barrios novos, situados ao S e ao L da cidade. É un núcleo industrial e un importante centro comercial e turístico. A industria ocupa o 30% da poboación, destacando os sectores químico, papeleiro e téxtil. O clima é continental, frío e húmido nos invernos e caloroso e seco no verán. Atópase no Camiño Francés de peregrinación a Santiago. A cidade naceu cara ao 884 da unión de diversos burgos situados á beira das fortalezas construídas como defensa contra os ataques musulmáns. Convertida en capital do condado de Castela, durante o reinado de Fernando I o Grande (morto en 1065) pasou a ser capital do Reino de Castela e León ata o ano 1087, en que foi substituída por Toledo. Durante os ss XIV e XV desenvolveuse extraordinariamente grazas á centralización da la castelá enviada a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Castela e León (14.269 km2; 350.074 h [1996]). Integrada por 371 municipios (1996), inclúe tamén o condado de Treviño, enclave castelán en Araba. A súa capital é Burgos. O poboamento deste territorio resólvese por medio de grandes aldeas compactas; só se destacan tres cidades de tamaño pequeno ou medio: a capital, Burgos, no centro da circunscrición, ostenta a hexemonía na xerarquía funcional e demográfica (163.156 h [1996]); Miranda de Ebro (35.502 h [1996]) e Aranda de Duero (29.222 h [1996]) conforman os espacios setentrional e meridional, respectivamente. Nun segundo plano aparecen vilas como Briviesca (6.101 h [1996]) e Medina de Pomar (5.512 h [1996]). A provincia, cos seus límites actuais, estableceuse en 1833. O Camiño Francés de peregrinación a Santiago atravesa este territorio de L a O, dende Redecilla del Camino ata Ítero del Castillo, á beira do Pisuerga, pasando por puntos de gran relevancia na ruta xacobea, como o mosteiro de San Juan de Ortega, as...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Procedente do integrismo, evolucionou cara a un pensamento socialcristián. Foi ministro de Gracia e Xustiza en 1915 e 1917 e ministro de Gobernación en 1919. Opúxose á actuación dos elementos extremistas da Federación Patronal e do Sindicato Libre de Barcelona e, máis tarde, á ditadura do xeneral Primo de Rivera. Publicou El problema social y la democracia cristiana (1914) e Páginas históricas (1944).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Publicou a maioría das súas obras baixo o pseudónimo de Colombine. Nos seus escritos defendeu os dereitos da muller. Colaborou en diferentes xornais e foi correspondente de prensa na guerra de Marrocos. Foi fundadora da revista Crítica e colaboradora de Prometeo e La Esfera. Cultivou o naturalismo nas súas primeiras novelas: La hora del amor (1916) e Los inseparables (1917); despois evolucionou cara ao romanticismo: El último contrabandista (1918), Los anticuarios (1921) e El retorno (1922); e o moralismo: La mal casada (1925) e Quiero mi vida (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Adepto ás ideas liberais, colaborou coa administración bonapartista durante a invasión francesa da Península Ibérica, exercendo a partir de 1810 a subprefectura de Almería, e diversos cargos políticos en Granada. Trala restauración da lexitimidade monárquica na persoa de Fernando VII, en 1812 exiliouse a París. Despois da súa volta, no 1819, publicou un periódico denominado Miscelánea de comercio, artes e literarura. En 1822 converteuse en director de El Imparcial. Realizou a negociación dun importante empréstito en París en 1824, onde estableceu contacto con Aguado, a quen dirixiu unha Exposición na que pedía unha serie de reformas moderadas. En 1833 comezou a exercer no ministerio de Fomento, desde o que implantou a división peninsular en provincias, e creou os cargos de subdelegados de fomento (futuros gobernadores civís). Activou a reforma do sistema tributario programado por Ramón de Santillán. En 1846 foi ministro da Gobernación. É autor...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora portorriqueña. Estudiou maxisterio na Universidad de Puerto Rico. Viviu en Cuba e Nova York. Precursora do feminismo, loitou a favor da independencia do seu país e denunciou a situación dos hispanos nos EE UU. Publicou: Poemas exactos a mí misma (1937), Poemas en veinte surcos (1938) e Canción de la verdad sencilla (1939). Postumamente, editouse Obra poética (1954), onde se incluíu o poemario El mar y tú.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñece o consello de guerra celebrado en Burgos contra 16 persoas, acusadas de pertencer a ETA e da morte dun inspector de policía, entre outras accións armadas. O xuízo tivo lugar do 3 ao 9 de decembro de 1970 en condicións xurídicas moi precarias e con graves dificultades para os defensores (entre os que figuraban G. Peces Barba e J. M. Bandrés), polo que orixinou unha serie de protestas en toda Europa e España: manifestacións, cartas dos bispos vascos e do bispo de Barcelona, folga xeral no País Vasco e mobilizacións obreiras noutros lugares. Ao mesmo tempo os procesados fixeron unha defensa política da súa militancia. O goberno replicou a todo este movemento decretando o estado de excepción e a sentenza foi de seis condenas a morte, que o xeneral Franco, fronte ás peticións de clemencia, conmutou. O proceso, catalizador da crise do estado tardofranquista, acelerou o desprestixio internacional, estimulando a oposición interior e consolidou a loita do nacionalismo vasco,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • santa (Toledo, s XI - Briviesca, Burgos 9.4.1126) Filla do rei mouro de Toledo Almancrín (1038-1075), converteuse ao cristianismo. De espírito compasivo, alimentaba os prisioneiros cristiáns sen o consentimento do seu pai, pero un día sorprendeuna e preguntoulle qué tiña agochado no mandil; ela díxolle que levaba rosas e flores e, efectivamente, produciuse o milagre e os anacos de pan convertéronse en flores. Foi trasladada cando estaba enferma á lagoa de San Vicente, preto de Briviesca, famosa polas súas curacións milagrosas. Logo de conseguir o remedio do seu mal, fíxose bautizar e levantou unha ermida naquel lugar, onde pasaría o resto da súa vida, entregada á práctica piadosa. En Galicia invócase contra a histeria feminina, como reflicten expresións, populares do tipo “Gárdame, santa Casilda, do madrío ando saída”. Na arte iconográfica leva como atributo persoal unha abada de flores e, ás veces, aparece con coroa real na cabeza. A súa festividade celébrase o 9 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunión da Igrexa católica celebrada na cidade de Burgos en 1136. Entre as decisións que adoptou destaca a excomuñón de Guillerme Seguín, líder da revolta dos burgueses composteláns contra o arcebispo Diego Xelmírez.

    VER O DETALLE DO TERMO