"Cartes" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Cantabria, na beira esquerda do río Besaya (2.954 h [1996]). A súa economía baséase no sector primario, concretamente no cultivo de hortalizas, na cría de gando e na avicultura. No municipio hai xacementos mineiros, principalmente de ferro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de doutrinas elaboradas por Descartes. En Francia difundiuse a pesar da oposición do Santo Oficio, da prohibición real de ensinalo (1671) e da oposición de atomistas, empiristas e xesuítas. A rama máis vigorosa desta doutrina foi a de Malebranche. Tamén tivo seguidores nos Países Baixos (Heerebord e Lambert), Alemaña (Clauberg) e Italia (Fardella) durante os ss XVII e XVIII. Neste último século manifestouse a oposición contra o cartesianismo por parte dos filósofos defensores da nova filosofía natural, centrada en aspectos como a física mecanicista (dinamismo de Leibniz e a mecánica de Newton) e o innatismo (Locke e Berkeley). Con todo, a influencia cartesiana fíxose sentir ata o s XX, tal e como aparece plasmado no libro de Husserl Méditations Cartésiennes (Meditacións cartesianas, 1931).
-
-
Relativo a Descartes, ás súas teorías ou á súa filosofía.
-
Partidario da filosofía de Descartes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Función cúbica que se expresa implicitamente pola ecuación cartesiana x3+y3=3axy, na que a é unha constante. En forma paramétrica exprésase do seguinte xeito x=3at|(1+t3y=3at2|(1+t3).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Leis de refracción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Curva plana que, en coordenadas bipolares, ten a expresión ar + br’ = c, na que a, b e c son reais, que satisfán a≠0 e b≠0, e r e r’ son as coordenadas bipolares. A elipse e a circunferencia son casos particulares desta.
-
FILOSOFOS
Filósofo e científico francés. Coñecido tamén co nome latinizado de Renatus Cartesius, considérase o pai da filosofía moderna. Graduouse en Dereito pola Universidade de Poitiers (1616) e, máis tarde, alistouse nos exércitos de Mauricio de Nassau (1618) e do duque de Baviera (1619). Despois dun longo período de viaxes, residiu en París (1625-1628), Holanda (1628-1649) e Estocolmo. As matemáticas proporcionáronlle a experiencia dun coñecemento fundamental do que non se pode dubidar e a evidencia das ideas claras e distintas suxeríronlle a idea dun método universal. A obra de Descartes ten un comezo radical coa dúbida metódica, dúbida que se detén na certeza do propio pensamento, a partir da que pasa á afirmación da propia existencia (cogito, ergo sum), da existencia de Deus e da existencia do mundo exterior. Descartes influíu no desenvolvemento do racionalismo clásico e, en xeral, no descubrimento cartesiano da subxectividade e na orixe de toda...
VER O DETALLE DO TERMO