"Centaur" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
-
Monstro fabuloso, coa cabeza e peito de home e co corpo de touro.
-
Nome co que se coñecía, xa en 1252, o barco da República de Venecia utilizado en actos solemnes, sobre todo na cerimonia do casamento do duque co mar o día da Ascensión. No 1798 os franceses destruíron o derradeiro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Foguete espacial da NASA empregado normalmente como segundo tramo do Atlas. Para a súa propulsión utilízanse dous motores que funcionan con hidróxeno líquido e osíxeno líquido.
-
-
Planta do xénero Centaurium da familia das xencianáceas, de ata 30 cm de altura, de flores pentámeras xeralmente de cor rosácea, cos estames insertos preto do ápice dos pétalos. En Galicia están presentes as especies: C. chloodes, en terreos areosos do litoral; C. erythraea, en pastos secos e matogueiras; C. maritimum, en lugares areosos e de flores amarelas; C. pulchellum, en lugares enchoupados temporalmente e prados húmidos; C. scilloides, en lugares húmidos; C. spicatum, en prados húmidos do litoral; e C. tenuiflorum, en lugares areosos.
-
Herbácea anual de ata 40 cm de altura, de cor verde clara, follas triangulares opostas e soldadas na base e corola amarela de entre 6 e 12 lóbulos. Está presente en Galicia en rochedos e areias, principalmente costeiros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbas da familia das asteráceas ao que pertencen as arzolas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbas da familia das xencianáceas ao que pertencen as centáureas.
-
-
Ser mítico montruoso con busto e cabeza de home e coa parte posterior do corpo, dende o torso, de cabalo. Habitaba nas montañas de Tesalia e alimentábase de carne crúa. Tiña un espírito salvaxe e bárbaro, agás os centauros Quirón e Folos que eran benevolentes e gozaban dunha xenealoxía diferente ao non participar da brutalidade dos seus conxéneres. Ten a súa orixe nos amores entre Ixión e unha nube á que Deus lle dera aparencia de Hera e que mandara a Ixión para ver se este se atrevía a consumar a súa paixón sacrílega. O episodio máis destacado da súa lenda é o combate cos lapitas, onde se enfrontaron con Teseo, Néstor e Heracles. Este feito inspirou representacións artísticas de diversos templos como o de Zeus en Olimpia e as métopas do Partenón de Atenas.
-
Figura que se representa pasante e xeralmente armada cunha porra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación austral ao N da Cruz e ao L da Vela. Ten 270 estrelas perceptibles a simple vista, dúas delas de primeira magnitude: α-Centauri (sistema binario, acompañado dun terceiro elemento, denominado Próxima do Centauro, que é a estrela máis achegada ao Sol) e β-Centauri. O corpo chamado Omega Centauri é un cúmulo de estrelas, o máis próximo ao Sol, que contén unha importante fonte de radioondas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estrela de magnitude cero pertencente á constelación do Centauro, de tipo espectral G2 e situada a unha distancia de 4,2 anos luz. É a máis luminosa do sistema múltiple de estrelas máis próximo ao Sistema Solar. Recibe tamén a denominación de Rigil Kent.