"Columbia" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • RIOS

    Río de América do Norte, coñecido anteriormente como Oregón. Nace no lago Columbia, ao O das Montañas Rochosas, Canadá. Oriéntase cara ao SO, cruzando a fronteira cos EE UU en Castlegar, e desemboca no Océano Pacífico, en Astoria, ao NO de Portland, logo dun percorrido de 1.953 km. O seu réxime é pluvial. Para o aproveitamento do seu gran potencial hidroeléctrico construíronse numerosos encoros, entre os que destaca a presa de Grand Coulee, no estado de Washington.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PICOS

    Pico das Montañas Rochosas, na Columbia Británica, Canadá. O seu cumio acada os 3.747 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Carolina do Sur, EE UU, situada nos contrafortes da cordilleira dos Apalaches, na confluencia dos ríos Broad e Saluda (112.773 h [1996]). É un importante núcleo de comunicacións. A base da súa economía é a agricultura, aínda que tamén destaca a industria téxtil. Posúe un importante centro de ensino superior: a University of South Carolina, fundada en 1801, e o Columbia College, creado en 1854.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito federal dos EE UU, situado entre os estados de Maryland e Virginia, na beira esquerda do río Potomac (178 km2; 523.000 h [estim 1998]). No seu territorio localízase Washington, a capital federal. Os departamentos e axencias gobernamentais son a principal fonte de emprego, xunto co turismo, os centros de investigación e a fabricación de aparatos técnicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira lanzadeira espacial norteamericana que realizou a súa viaxe inicial o 12 de abril de 1981 dende o Kennedy Space Center. Despois de 36 órbitas e 54,30 horas de permanencia no espacio, aterrou na base Edwards das Forzas Aéreas estadounidenses, no deserto californiano de Mojave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia situada ao O de Canadá, entre as Montañas Rochosas e o Océano Pacífico (947.800 km2; 3.933.300 h [1986]). A súa capital é Victoria (71.228 h [1996]). Todo o seu territorio está ocupado por montañas e ten un clima oceánico, con temperaturas suaves. A poboación concéntrase na costa, en Victoria e Vancouver, as dúas cidades máis importantes. A lingua oficial é o inglés. Os principais recursos económicos son a explotación forestal e as súas industrias derivadas. Tamén son importantes a pesca, a minería e a metalurxia. No sector primario destaca a gandería, xa que a práctica agrícola resulta difícil debido ao terreo montañoso. A costa explorárona desde o s XVI os españois (Juan de Luca e Juan Pérez) e os ingleses (Cook e Vancouver). O británico Mackenzie iniciou en 1793 a exploración do interior, continuada pola Compañía do Noroeste, que se fusionou en 1821 coa Compañía da Baía de Hudson. En 1886, a illa de Vancouver uniuse á Columbia Británica e constituíu a provincia deste...

    VER O DETALLE DO TERMO