"Conxuga" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 10.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á folla composta que ten o pecíolo bifurcado en dous segmentos, que levan, cada un deles, dous folíolos.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Santiago de Compostela en 1988 e subtitulada “Revista do Consello da Xuventude de Galicia CXG”. Coordinada por Esteban Paz, contaba cun consello de redacción formado por María Rivas, Xabier Canosa, Paula Bergantiños, Carlos Castiñeiras, Antón Grandal e Margarita Costas, entre outros. Dividiuse nas seccións: “Editorial”, “Cartas ao Consello”, “Actualidade”, “Entrevista”, “Actividades das entidades”, “O Consello por dentro”, “Revistas recibidas”, “Banda deseñada” e “Lembranza”. Incluía información sobre partidos políticos, sobre a inserción laboral das mulleres no mercado de traballo, a homosexualidade e as campañas de prevención da SIDA, a Formación Profesional en Galicia, o asociacionismo e os problemas da comunidade xitana, ademais de entrevistas a distintos persoeiros da vida pública galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode conxugar.
-
-
Acción e efecto de conxugar ou conxugarse.
-
Ordenación dun sistema de paradigmas na que se expresan todos os morfemas gramaticais do verbo: a voz, o tempo, o aspecto, o modo, o número e a persoa. Cada verbo, ao ser flexionado, ordénase nun paradigma determinado, que adoita corresponderse co doutros verbos que presentan unha coincidencia na súa flexión; como resultado diso establécese un criterio que diferencia as distintas conxugacións. En galego, igual ca noutras linguas románicas (o portugués, o catalán e o castelán), os verbos ordénanse en tres paradigmas de conxugación: a primeira (IC) inclúe os verbos que presentan a terminación -ar no infinitivo ( andar); a segunda (IIC), a terminación -er ( varrer); e a terceira (IIIC), a terminación -ir ( partir). Estes paradigmas, denominados regulares, tamén poden presentar algunha variación ortográfica ( brincar, abranguer, traducir) ou alternancia vocálica ( ...
-
-
Unión dos gametos, especialmente na isogamia.
-
Proceso particular de reprodución sexual dos cilióforos, onde intercambian material cromatínico con modificacións nucleares que conducen a unha división binaria.
-
Tipo de reprodución sexual que se produce nalgunhas algas e que consiste na unión de dous acinetos.
-
Mecanismo de intercambio xénico, propio das bacterias, que consiste no establecemento de pontes citoplasmáticas a través do pelo sexual pola que se transmiten plásmidos dunha célula a outra; nalgúns casos, estes plásmidos levan unidos fragmentos do cromosoma da célula doadora.
-
-
Operación que fai corresponder a toda partícula fundamental a súa antipartícula (é dicir, que cambia os signos de todas as cargas) e, por extensión, o operador que realiza esta acción.
-
Utilización de fenómenos de óptica non lineal para inverter unha onda luminosa de xeito que a onda de retorno percorra exactamente a traxectoria da onda incidente. Os dispositivos capaces de producila denomínanse espellos conxugadores de fase. O fenómeno coñécese tamén como reflexión de inversión temporal ou inversión das frontes de onda e, no contexto da óptica da reflexión, como inversión temporal. Esta conxunción descubriuna en 1972 Boris Ya. Zel’dovic, do Instituto Lebedev de Moscova.
-
-
-
de conxugar ou conxugarse.
-
-
Aplícase a dúas magnitudes (puntos, curvas, cantidades, estruturas, operadores, etc) enlazadas mediante algunha lei ou relación determinada.
-
números conxugados
Dous números alxébricos, sobre un campo dado, se son raíces da mesma ecuación irredutible con coeficientes no campo. Así, os números complexos a+bi, a-bi son conxugados sobre o campo real, posto que son raíces da ecuación X 2 -2aX+(a 2 +b 2 )=0.
-
-
Aplícase ao punto imaxe dun sistema óptico, respecto ao correspondente punto obxecto, e viceversa.
-
Aplícase á antipartícula con respecto á súa correspondente partícula, e viceversa.
-
Aplícase a cada un dos dous ou máis enlaces dobres dunha cadea, separados entre eles por un só enlace simple, como o 1,3-butadieno (CH 2 =CH-CH=CH 2 ) ou o 1,3,5-hexatrieno. Os sistemas de enlaces dobres conxugados, caracterizados polo solapamento dos orbitais π a través do enlace simple formal, outórganlle maior estabilidade á molécula por mor do fenómeno da deslocalización.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos cónxuxes.
-
-
Unir ou combinar conxuntamente e de xeito harmónico varias cousas.
-
Unir sucesivamente ao radical dun verbo os morfemas que serven para expresar os cambios de voz, modo, tempo, número e persoa.
-
Combinarse ou coordinarse varias cousas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está fóra dos dereitos e deberes matrimoniais ou que ocorre fóra do matrimonio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno de resonancia que consiste no desprazamento dos electróns dun enlace σ (C-H) cara a un centro insaturado contiguo. A hiperconxugación pode ser con perda de enlace, cando na resonancia desaparece un dos enlaces C-H, ou isovalente, cando todas as estruturas resoantes teñen o mesmo número de enlaces.
-
-
Que non se pode conxugar.
-
Que non admite desinencias verbais.
-